Francisco María de la Iglesia

mestre, xornalista e escritor galego


Francisco María de la Iglesia González[1], nado en Santiago de Compostela o 2 de febreiro de 1827 e finado na Coruña o 5 de abril de 1897, foi un rexionalista galego, mestre, xornalista, poeta e dramaturgo.

Modelo:BiografíaFrancisco María de la Iglesia

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento2 de febreiro de 1827 Editar o valor en Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Morte5 de abril de 1897 Editar o valor en Wikidata (70 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturacemiterio de Santo Amaro da Coruña Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre, escritor, xornalista, poeta Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosSantiago de la Iglesia Santos, Álvaro de la Iglesia, Alfredo de la Iglesia Editar o valor en Wikidata
IrmánsAntonio María de la Iglesia
Benigno de la Iglesia González Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDiccionario bio-bibliográfico de escritores, (vol:2, p.234-235) Editar o valor en Wikidata
Galiciana: 34527 BNE: XX1726395 BUSC: iglesia-francisco-maria-de-la-1827-1897

Traxectoria

editar

Francisco María de la Iglesia cursou na súa cidade natal os estudos de Maxisterio, trasladándose á Coruña para exercer de mestre municipal. Nesa cidade entrará en contacto con Emilia Pardo-Bazán e rexionalistas como Uxío Carré Aldao ou os irmáns Gil-Taboada, cos que colaborará en diversos proxectos.[2]

Na Coruña exercerá o seu labor editorial e literario. En 1856 fundou e dirixiu El Diario de Galicia, colaborou en El Defensor de Galicia e El Fomento de Galicia. Dende 1868 dirixiu o Diario de La Coruña e en 1863 a revista Galicia. Revista Universal de este Reino, que publicaría ata 1865 xunto co seu irmán Antonio, coa colaboración frecuente dun terceiro irmán, Benigno, tamén poeta. Tamén colaborou en El Anunciador.

Publicou varios poemas no Mosaico poético de nuestros vates gallegos contemporáneos, editado polo seu irmán Antonio e que pasou a formar parte do Álbum de la Caridad (1862), publicado tras celebrarse os Xogos Florais da Coruña en 1861.

Como escritor dramático é o pai do teatro galego non popular, ao estrear con ruidento aprauso a súa peza A fonte do xuramento o 13 de agosto de 1882 no Liceo Brigantino da Coruña, e con millor trunfo no Teatro Principal o 22 de outubro. De feito, foi Francisco María de la Iglesia o primeiro autor que viu a necesidade de crear un teatro galego. Tanto era así que os seus correlixionarios (que non vían tal necesidade) rebautizárono co alcume de "Capitán Araña" (parafuseiro, enguedellante, embrullador,...), acusándoo de querer falar no gabinete como se fai na aldea.

Obra en lingua galega

editar

Poesía

editar
  • Cantigas de Espera de SS. MM. e AA. no Porto da Cruña (1858).
  • A Súa Maxestade, a Reina Nosa Siñora Sabela II, que Dios a Garde, para Ben dos Orfiños da Arquiña (1858).
  • O Vello do Pico-Sagro (1860).[3]
  • ¡Foge Miña Rula Foge! (1862).
  • ¡Viva Galicia! (1887).
  • O meu Amigo e Boo Ptricio Gallego Excmo. D. Vicente Calderón, Conde San Joan (1887).
  • Do mar e da terra, Editorial Mercedaria (publicado postumamente en 1930 por Gumersindo Placer).[4]

Teatro

editar

Obra en castelán

editar

Poesía

editar
 
Tumba de Francisco de la Iglesia no cemiterio de Santo Amaro da Coruña.
  • A la Juventud Española. Canción Guerrera (sen datar).
  • Canción Epigramática para el Entierro de la Sardina, Dedicada al Recreo Artístico e Instructivo de Artesanos de La Coruña (1858).
  • A los Niños del Hospicio Provincial, con motivo de la Venida de SS. MM. y AA. (1858).
  • A S.M. la Reina Dª Isabel II al Pisar el Suelo de la I. y M.L.C. de La Coruña (1858).
  • Al Ilustre Pueblo Coruñés (1860).
  • Brille la Ciencia (1873).
  • Loor y Gratitud a los Protectores de la Popular Instrucción (1873).
  • Himno, en la Inauguración de la Exposición Local de La Coruña, Al Trabajo (1878)
  • Himno al Apóstol Santiago (1885).

Ensaio

editar
  • Máximas Morales y Religiosas.

Vida persoal

editar

Foi pai de Santiago, médico, Álvaro e Alfredo de la Iglesia, escritores.

Galería de imaxes

editar
  1. Tamén empregou o nome de Farruco d'a Igrexa González, concretamente na publicación de A fonte do xuramento, aínda que na portada desa mesma obra figuraba como Francisco Mª de la Iglesia y González.
  2. Saurin de la Iglesia 2003.
  3. Números 1 a 5 Arquivado 01 de novembro de 2012 en Wayback Machine., dixitalizados na web da RAG
  4. Do mar e da terra na Biblioteca Virtual Galega.
  5. Despois incluído na Biblioteca 114 da Editorial Compostela-El Correo Gallego, co número 24.
  6. Album de la Caridad. Juegos Florales de La Coruña en 1861, seguido de un mosaico poético de nuestros vates gallegos contempornáneos Galiciana. Biblioteca de Galicia.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar