Festival de teatro grecolatino de Lugo

festival escénico en Lugo

O Festival de teatro grecolatino de Lugo é un evento creado en 2001 pola sección galega da Sociedad Española de Estudios Clásicos[1], co propósito inicial de achegar as grandes obras do teatro grego e romano clásico aos estudantes do ensino medio.

Edipo Rei de Sófocles, 2011.
Cistellaria de Plauto, 2011.

Descrición editar

Dende o comezo foi elixida como sede para este festival a cidade de Lugo, que ten, dende o 30 de setembro do 2000, a súa muralla recoñecida como Patrimonio da Humanidade por parte da UNESCO. O Concello de Lugo concede anualmente unha achega económica para a realización deste evento.

No ano 2003 as asociacións que organizan os festivais de Lugo, Tarragona, Zaragoza, Euskadi, Baleares, Sagunt, Clunia (Burgos), Mérida, Baelo Claudia (Cádiz) e Itálica (Sevilla) uníronse para sumar esforzos e crearon unha federación que leva o nome de Prósopon[2] (máscara en grego), que, ademais de organizar os festivais, promove todo tipo de actividades encamiñadas á difusión e investigación do teatro clásico entre os máis novos.

Para que os alumnos poidan tirar o mellor proveito posible, Prósopon edita tamén unha colección cos textos das representacións, acompañados dunha unidade didáctica para traballar previamente nas aulas sobre o que logo se vai ver nos escenarios. Cada alumno e cada profesor reciben xunto coa entrada cadanseu libriño como instrumento de traballo e reflexión. Esta colección non se vende nin se pode adquirir por ningún outro medio.

Edicións editar

Alumnos de Galicia, León e Asturias asistiron ás representacións no Auditorio Gustavo Freire de Lugo.

Edición,
data
Alumnos
que asisten
Centros Obra Autor Grupo
2013

4-6 de marzo
Agamenón Esquilo Grupo Phoenix, veteranos de Parrocha
(A Coruña)
Tesmoforias Aristófanes Compañía de Teatro e Danza El Ruiseñor
(A Coruña)
Ifixenia en Áulide Sófocles Noite Bohemia
(A Coruña)
Casina Plauto Noite Bohemia
(A Coruña)
Aulularia Plauto Noite Bohemia
(A Coruña)
Electra Sófocles Noite Bohemia
(A Coruña)
2012

12-14 de marzo
4.400 89 Troianas Eurípides Compañía de Teatro e Danza El Ruiseñor
(A Coruña)
Tesmoforias Aristófanes Compañía de Teatro e Danza El Ruiseñor
(A Coruña)
Electra Sófocles Noite Bohemia
(A Coruña)
Aulularia Plauto Noite Bohemia
(A Coruña)
Medea Eurípides Parrocha
(A Coruña)
Miles Gloriosus Plauto Parrocha
(A Coruña)
2011

14-16 de marzo
4.408 94 Edipo Rey Sófocles SV Producciones
Madrid
Cestita Plauto SV Producciones
Madrid
Medea Eurípides Parrocha, Herdeiros de Sardiña
(A Coruña)
Miles Gloriosus Plauto Parrocha, Herdeiros de Sardiña
(A Coruña)
Medea Eurípides Parrocha, Herdeiros de Sardiña
(A Coruña)
Miles Gloriosus Plauto Parrocha, Herdeiros de Sardiña
(A Coruña)
2010

8-10 de marzo
4.560 95 Electra Sófocles Párodos, IES Siberia Extremeña
Talarrubias, Badaxoz
Cásina Plauto Párodos, IES Siberia Extremeña
Talarrubias, Badaxoz
Asambleistas Aristófanes Párodos, IES Siberia Extremeña
Talarrubias, Badaxoz
Troianas Eurípides Parrocha, Herdeiros de Sardiña
(A Coruña)
Gemelos Plauto Parrocha, Herdeiros de Sardiña
(A Coruña)
2009

9-11 de marzo
4.321 90 As Bacantes Eurípides Hypnos, IES Francisco de los Ríos de Fernán Núñez
Córdoba
Lisístrata Aristófanes Hypnos, IES Francisco de los Ríos de Fernán Núñez
Córdoba
Antígona Sófocles Balbo, do IES Sto. Domingo
El Puerto de Santa María, Cádiz
Mostellaria Plauto Balbo, do IES Sto. Domingo
El Puerto de Santa María, Cádiz
Nubes Aristófanes Prósopon do IES Poeta Díaz Castro
Guitiriz
Miles Gloriosus Plauto Prósopon do IES Poeta Díaz Castro
Guitiriz
2008

3-6 de marzo
4.155 88 Samia Menandro Selene do IES Carlos III
Madrid
Helena Eurípides Selene do IES Carlos III
Madrid
Aulularia Plauto IES Río Miño
Rábade
Ifigenia en Áulide Eurípides Arela das Artes
A Cañiza
Troianas Eurípides Colexio M. Peleteiro
Santiago de Compostela
Nubes Aristófanes Prósopon do IES Poeta Díaz Castro
Guitiriz
2007

16-18 de abril
4.531 81 Fenicias Eurípides Arthistrion
Villaviciosa de Odón (Madrid)
Cestita Plauto Arthistrion-Calatalifa
Villaviciosa de Odón (Madrid)
Helena Eurípides Selene do IES Carlos III
Madrid
Pluto Aristófanes Selene do IES Carlos III
Madrid
Troianas Eurípides Sardiña, IES Elviña e Paseo das Pontes
(A Coruña)
Anfitrión Plauto Sardiña, IES Elviña e Paseo das Pontes
(A Coruña)
2006

20-21 de abril
3.234 60 Troianas Eurípides Sardiña, IES Elviña e Paseo das Pontes
(A Coruña)
Anfitrión Plauto Sardiña, IES Elviña e Paseo das Pontes
(A Coruña)
Electra Eurípides Arthistrion-Calatalifa
Villaviciosa de Odón (Madrid)
Miles Gloriosus Plauto Arthistrion-Calatalifa
Villaviciosa de Odón (Madrid)
2005

7-8 de abril
3.054 55 Antígona Sófocles Sardiña, IES Elviña e Sardiñeira
(A Coruña)
Casina Plauto Sardiña, IES Elviña e Sardiñeira
(A Coruña)
Edipo Rey Sófocles Arthistrion-Calatalifa
Villaviciosa de Odón (Madrid)
Cistellaria Plauto Arthistrion-Calatalifa
Villaviciosa de Odón (Madrid)
2004

11-12 de marzo
2.746 49 Pluto Aristófanes Selene del IES Carlos III
Madrid
Ión Eurípides Selene del IES Carlos III
Madrid
Electra Eurípides Sardiña, IES Elviña e Sardiñeira
(A Coruña)
Miles Gloriosus Plauto Sardiña, IES Elviña e Sardiñeira
(A Coruña)
2003

3 de abril
1.658 39 Edipo en Colono Sófocles Helios
Madrid
Antígona Sófocles IES Elviña e Sardiñeira
(A Coruña)
Asinaria Plauto IES Elviña e Sardiñeira
(A Coruña)
2002

11-12 de marzo
1.218 Electra Eurípides Veteranos de Sardiña
(A Coruña)
Gemelos Plauto Sardiña, IES Elviña e Sardiñeira
(A Coruña)
Caballeros Aristófanes Grupo Thyassos
Madrid
2001

635 Casina Plauto Sardiña, IES Elviña e Sardiñeira
(A Coruña)
Andrómaca Eurípides Selene do IES Carlos III
Madrid

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar