Menandro (comediógrafo)
dramaturgo da antiga Grecia
Menandro (grego antigo, Μένανδρος) (Atenas, ca. 342–291 a.C.) foi un dramaturgo grego, o principal representante da Comedia nova.
Menandro | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | anos 340 a. C.xuliano, c. 342 a. C. e 342 a. C. |
Lugar de nacemento | Kephisia |
Falecemento | 292 a. C., c. 291 a. C. e anos 290 a. C.xuliano |
Lugar de falecemento | Freattyda |
Causa | afogamento |
Nacionalidade | Antiga Atenas |
Alma máter | Escola peripatética |
Ocupación | comediógrafo e poeta |
Pai | Diopeithes |
Nai | Hegesistrata |
Coñecido por | Dyskolos, Aspís, Encheiridion, Epitrépontes, Misoumenos, Perikeiroméne, Samia e Sicyonios |
Premios | Leneas |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Naceu nunha familia distinguida e recibiu unha educación esmerada. Foi amigo de Epicuro dende a infancia e parece que discípulo de Teofrasto. Comezou o seu labor teatral desde moi novo, a súa primeira peza datada foi A cólera no 321 a.C. á que seguiron 108 comedias máis. Tan só unha das súas obras se conserva enteira, O díscolo, outras seis están case enteiras: Epitrépontes, Misoúmenos, Aspís, Perikeiroméne, Samia e Sicyonios. Doutras 18 pezas consérvanse escenas soltas.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Menandro ![]() |