Alexis de Thuris

Alexis (grego antigo, Ἄλεξις), nado ca. -375 e finado en -275, foi un comediógrafo nado en Thuris na Magna Grecia pero que viviu desde novo en Atenas, é con Antífanes o máximo representante da comedia media.

Alexis de Thuris
Nacemento372 a. C.
Lugar de nacementoTúrio
Falecemento270 a. C.
Lugar de falecementoAtenas
NacionalidadeAntiga Atenas
EtniaGregos
Ocupacióncomediógrafo e poeta
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

É pouco o que se coñece da súa vida, segundo Plutarco viviu 106 anos e morreu na escena mentres o estaban coroando e segundo a Suda escribiu 245 comedias, delas coñecemos 130 títulos pero tan só restan 340 fragmentos das súas obras, totalizando uns 1000 versos. A súa obra seguíase apreciando na época romana, Aulo Xelio informa que a súa poesía se utilizaba nas comedias romanas, mesmo inspirando a Plauto.