Estrella de Galicia

O Estrella Galicia, popularmente coñecido como o Shangai[1], foi un servizo ferroviario nocturno de RENFE e Renfe Operadora, operado con coches convencionais e que unía Barcelona con Vigo e A Coruña e viceversa diariamente.

Estrella Costa Brava. Servizo semellante ao Estrella Galicia.

Aínda que xa existían trens directos que unían Galicia con Barcelona desde 1949, a marca ou produto Estrella naceu como tal en 1984[1]. Foi substituído o 26 de xaneiro de 2009 polo Trenhotel Galicia[1], servido con material remolcado de Talgo, que ofrece un maior confort e calidade, o cal implicou o aumento das tarifas.

Percorrido editar

Saía de Barcelona-Sants, A Coruña e Vigo-Urzáiz pola tarde e chegaba ao destino no día seguinte á mañá. As ramas da Coruña e Vigo realizan xuntas o percorrido dende/a partir de Monforte de Lemos.

Treito que percorre a Galicia norte:

Treito que percorre a Galicia sur:

Tren conxunto:

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 "Historia del expreso de Barcelona a Galicia". www.vialibre-ffe.com (en castelán). Consultado o 2017-12-31.