Estación de Vigo-Urzáiz
Coordenadas: 42°14′05″N 8°42′46″O / 42.23472, -8.71278
A estación de Vigo-Urzáiz é unha estación de ferrocarril de Adif na cidade de Vigo, constitúe unha das cabeceiras da liña 06-850 "Vigo-Urzáiz - Bifurcación de Arcade", integrada no Eixe atlántico de alta velocidade. Foi inaugurada oficialmente o 16 de abril de 2015[1] e dous días máis tarde abríu ao público.[2]
Vigo-Urzáiz | |
---|---|
Estación de Vigo-Urzáiz | |
Situación | Praza da Estación s/n 36201 Vigo |
Servizos | ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Intermodalidade | |
![]() | 4A, 4C, 5A, 9A, 9B, 11, 15B, 15C, 24 |
![]() | Si |
Está situada na Praza da Estación, no céntrico barrio de Casablanca da cidade, próxima á rúa Urzáiz (que da nome á terminal) e no mesmo lugar onde se atopaba a antiga estación de Vigo, derrubada en 2011 e substituída provisionalmente pola estación de Vigo-Guixar.[3] Actualmente, Guixar concentra os servizos de Longa Distancia, Rexionais e internacionais; mentres que Urzáiz é punto de chegada e partida dos trens directos entre Coruña e Vigo.
HistoriaEditar
- Véxase tamén: Antiga estación de Vigo.
En xaneiro 2011 o Ministerio de Fomento adxudicou á UTE formada polas empresas FCC Construcción e Acciona Infraestructuras as obras de nova estación de Vigo-Urzáiz, cabeceira do Eixe atlántico de alta velocidade. O orzamento da adxudicación ascendeu a 68,4 millóns de euros.[3] O proxecto consiste na execución da obra civil a nivel de praia de vías (nivel de plataformas) da nova estación de Vigo-Urzáiz, a cal se sitúa no mesmo lugar que a estación de 1987, pero a unha cota 15 metros inferior, como consecuencia do trazado adoptado para o acceso a Vigo da nova liña ferroviaria do Eixe atlántico, e cuxo acceso se realiza, desde Redondela, a través dun túnel de 8 km de lonxitude, o túnel das Maceiras.[3]
A nova estación, que será intermodal proxectouse cun total de seis vías, con catro plataformas de 400 m de lonxitude e de entre 10 e 12,7 m de largo, situados de forma que todas as vías sexan operativas para o tránsito de viaxeiros.[3]
O 27 de agosto de 2011 pechou temporalmente a estación de Vigo, procedendo á demolición de todas as instalacións incluíndo as naves de mantemento para proceder á construción dunha estación subterránea a 15 metros por debaixo da cota orixinal. Os servizos ferroviarios desviáronse á ata entón estación de mercancías de Vigo-Guixar ata a reapertura da estación en 2015 en que se producirá unha repartición de servizos, os servizos de alta velocidade faranse dende Vigo-Urzáiz e os servizos convencionais e o enlace internacional con Portugal continuaran na estación de Vigo-Guixar. Os talleres de mantemento foron trasladados definitivamente á estación de Redondela en xullo de 2012.
A continuación iniciáronse as obras da infraestrutura ferroviaria que finalizaron en marzo de 2015. Inicialmente íase construír un centro comercial Vialia enriba do caixón ferroviario pero a falta de interese dos promotores privados fixo aprazar a obra, tendo as estruturas preparadas para a súa futura construción. Debido a iso tívose que construír un edificio provisional fóra da parcela para poder dar servizos ferroviarios, preparado para compatibilizar coas futuras obras do Vialia.
O 6 de marzo de 2015 entrou o primeiro tren, serie 121 de Renfe, á nova estación en probas.[4] O 16 de abril de 2015, 14 nos despois de que se asinara o convenio para actualizar o trazado ferroviario que vertebra Galicia, realizouse a viaxe inaugural, coa presenza da ministra de Fomento Ana Pastor e o presidente da Xunta de Galicia Alberto Núñez Feijóo, desde a estación da Coruña, inaugurando así esta a nova terminal Vigo-Urzáiz deseñada por Tom Mayne.[1]
Finalmente, o sábado 18 de abril de 2015 entrou en servizo comercial a liña de alta velocidade Vigo-Coruña e viceversa, cunha oferta de dez frecuencias diarias por sentido que unirán ambas as cidades nun tempo de viaxe de 83 minutos, o que representa unha diminución de 47 min respecto a anterior.[2]
Servizos ferroviariosEditar
Media distanciaEditar
Actualizados a 10 de xuño de 2016.
Liña | Trens | Orixe/Destino | <> | Destino/Orixe |
---|---|---|---|---|
1 | MD | A Coruña Santiago de Compostela Pontevedra |
Vigo-Urzáiz |
Galería de imaxesEditar
|
NotasEditar
- ↑ 1,0 1,1 "Fomento estrena hoy el tren que reduce el viaje A Coruña-Vigo a poco más de una hora" Faro de Vigo, 30/03/2015.
- ↑ 2,0 2,1 "Arranca el servicio del AVE entre A Coruña y Vigo" El Correo Gallego, 18/04/2015.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 "Fomento adjudica 68,4 millones a las obras de nueva estación Vigo-Urzáiz del Eje Atlántico de Alta Velocidad" en Interempresas.net (en castelán).
- ↑ Faro de Vigo (ed.). "O primeiro tren entra na estación do AVE". Consultado o 9 de marzo de 2015.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Estación de Vigo-Urzáiz |
BibliografíaEditar
- Álvarez Blázquez, Xosé María. Vigo en el siglo XIX. De la antigua villa a la ciudad moderna.
Outros artigosEditar
Ligazóns externasEditar
- Información na web de Adif
- Vigo-Urzáiz (1987-2011) en Estación del Ave en Vigo (Proyecto de Thom Mayne) (en castelán).
- Torres Carbajo, Fernando. «(1881-2015) Vigo: del ferrocarril a la Alta Velocidad» Vigo Electrónico, 27/3/2015.