Estación de Zaragoza-Delicias
A estación de Zaragoza–Delicias é unha estación intermodal de ferrocarril e autobuses situada no barrio de Las Delicias da cidade aragonesa de Zaragoza.
É un edificio de grande envergadura, inaugurado o 7 de maio de 2003 e que ademais, dende o 5 de maio de 2007 alberga ademais a Estación Central de Autobuses. Desde o 11 de xuño de 2008, tres días antes da inauguración da Exposición Internacional de 2008, opera o servizo de proximidades nas vías 7 e 8.
Situación ferroviaria
editarA estación forma parte dos trazados das seguintes liñas férreas:
- Liña férrea de ancho ibérico que une Madrid con Barcelona vía Zaragoza, punto quilométrico 339,4.[1]
- Liña férrea de alta velocidade e ancho internacional Madrid-Zaragoza-Barcelona-Fronteira Francesa, punto quilométrico 306,700.[2]
Ademais, formaba parte tamén dun pequeno ramal de vía estreita que unía Zaragoza-Delicias con Zaragoza-Cariñena hoxe desmantelado.[2]
Historia
editarA estación foi inaugurada o día 7 de maio de 2003, data na cal empezaron a operar na estación os primeiros trens de alta velocidade. O 11 de xuño de 2008, tres días antes do inicio da Exposición Internacional de Zaragoza, as vías 7 e 8 empezaron a recibir os primeiros trens de proximidade da recentemente creada liña C-1 de proximidades Zaragoza. Tras cumprirse dez anos desde a súa inauguración fíxose público que preto de 19 millóns de pasaxeiros.[3]
A estación
editarFoi proxectada polos arquitectos Carlos Ferrater, José María Valero e Félix Arranz, o enxeñeiro de camiños Juan Calvo e o enxeñeiro de instalacións Juan Broseta, de Enxeñería Proxectos Civís e Tecnolóxicos SA, de Valencia. É unha estación cun grande espazo interior de máis de seiscentos metros de longo por cento oitenta de ancho, configurado por tres vestíbulos que organizan as circulacións dos viaxeiros a través dunha zona de saídas e outra de chegadas e o "transfer", a través dun acceso central subterráneo.
Dispón de 18,8 ha repartidas entre os servizos destinados a visitantes en xeral e os espazos ocupados directamente para funcións de transporte. Só para o transporte ferroviario conta con oito plataformas cunha lonxitude de 400 metros cada unha.
Un dos elementos máis novos deste proxecto é a súa cuberta, que desde a distancia ofrece un perfil insólito cos seus grandes arcos en diagonal sobre o corpo do edificio, unha cuberta de tetraedros que captan a luz e a súa gran dimensión, rememorando unha catenaria investida.
A cuberta principal ten unha superficie de 40.000 m² e está composta por unha malla triangular a modo de taboleiro de xadrez, de triángulos alternos de luz e de sombra, que dotan á estación de luz natural. Na zona central de plataformas a altura do teito chega a ser de 30 metros, nunha zona onde non existe nin un só alicerce que sustente as 4 hectáreas de teito infestado de lucernarios dispostos en forma de malla triangular.
Obtivo o Premio FAD de arquitectura en 2004 e o Premio Brunel no ano 2005 no seu 22ª edición.
Servizos ferroviarios
editarLonga distancia
editarActualizado a 8 de xullo de 2016.
Tren | Orixe | Paradas intermedias | Destino | Observacións |
---|---|---|---|---|
AVE | Madrid-Puerta de Atocha | Guadalaxara-Yebes · Calatayud · Zaragoza-Delicias · Lleida-Pirineus · Camp de Tarragona | Barcelona-Sants | 2 trens diarios por sentido |
AVE | Madrid-Puerta de Atocha | Guadalaxara-Yebes · Calatayud · Zaragoza-Delicias · Lleida-Pirineus · Camp de Tarragona · Barcelona-Sants · Xirona | Figueres-Vilafant | 8 trens diarios por sentido |
AVE | Madrid-Puerta de Atocha | Guadalaxara-Yebes · Calatayud · Zaragoza-Delicias · Tardienta | Huesca | 2 trens diarios por sentido |
AVE | Barcelona-Sants | Camp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Cidade Real · Puertollano · Córdoba | Sevilla-Santa Justa | 2 trens diarios por sentido |
AVE | Barcelona-Sants | Camp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Cidade Real · Córdoba · Puente Genil-Herrera · Antequera-Santa Ana | Málaga-María Zambrano | 2 trens diarios por sentido |
Alvia | Barcelona-Sants | Camp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Castejón de Ebro · Tafalla · Pamplona · Altsasu · Zumarraga · Donostia · Irún | Hendaia | 2 trens diarios por sentido |
Alvia | Barcelona-Sants | Camp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Castejón de Ebro · Tafalla · Pamplona · Vitoria · Miranda de Ebro · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · Sahagún · León · Astorga · Bembibre · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · San Clodio-Quiroga · Monforte de Lemos · Ourense-Empalme · Santiago de Compostela | A Coruña | 4 trens semanais por sentido |
Alvia | Barcelona-Sants | Camp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Castejón de Ebro · Tafalla · Pamplona · Vitoria · Miranda de Ebro · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · Sahagún · León · Astorga · Bembibre · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · San Clodio-Quiroga · Monforte de Lemos · Ourense-Empalme · O Porriño · Redondela | Vigo-Guixar | 3 trens semanais por sentido |
Alvia | Barcelona-Sants | Camp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Tafalla · Pamplona · Vitoria · Miranda de Ebro · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · Sahagún · León · La Robla · Pola de Lena · Mieres-Puente · Oviedo | Xixón | 6 trens semanais por sentido |
Alvia | Barcelona-Sants | Camp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Castejón de Ebro · Alfaro · Calahorra · Logroño · Haro · Miranda de Ebro | Bilbao-Abando | 2 trens diarios por sentido |
Trenhotel Galicia | Barcelona-Sants | Camp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Castejón de Ebro · Logroño · Miranda de Ebro · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · León · Astorga · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · San Clodio-Quiroga · Monforte de Lemos · Sarria · Lugo · Curtis · Betanzos-Infesta | A Coruña | 1 tren diario por sentido |
Trenhotel Galicia | Barcelona-Sants | Camp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Castejón de Ebro · Logroño · Miranda de Ebro · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · León · Astorga · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · San Clodio-Quiroga · Monforte de Lemos · Ourense-Empalme · Guillarei · O Porriño · Redondela | Vigo-Guixar | 1 tren diario por sentido |
Media distancia
editarActualizado a 8 de xullo de 2016.
Liña | Trens | Orixe/Destino | Destino/Orixe | |
---|---|---|---|---|
Avant | Calatayud | Zaragoza-Delicias | ||
22 | Rexional Exprés | Logroño Castejón de Ebro |
Miraflores | |
34 | Rexional Exprés | Zaragoza-Delicias | Móra la Nova Barcelona-Estació de França | |
38 | Rexional | Zaragoza-Delicias | Lleida-Pirineus | |
49 | MD | Valencia-Estació del Nord Teruel |
Zaragoza-Portillo | |
55 | Rexional | Calatayud Arcos de Jalón |
Zaragoza-Delicias Miraflores | |
56 | Rexional | Canfranc Tardienta Jaca |
Zaragoza-Delicias |
Proximidades
editarA estación de Delicias forma parte da liña C-1 da rede de proximidades Zaragoza operada por Renfe.
Galería de imaxes
editarNotas
editar- ↑ Ministerio de Fomento. "Rede ferroviaria española" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 23 de setembro de 2010. Consultado o 9 de decembro de 2013.
- ↑ 2,0 2,1 Zaragoza-Delicias (Est.) Euroferroviarios
- ↑ «Preto de 19 millóns de viaxeiros utilizaron o AVE en Zaragoza nos seus dez anos de vida»
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Estación de Zaragoza-Delicias |