Pierre Joseph Tiolier

medallista e deseñador de moeda francés

Pierre Joseph Tiolier, nado en Londres, Inglaterra, o 15 de marzo de 1763 e finado en Bourbonne-les-Bains, no departamento francés do Alto Marne, o 27 de xuño de 1819, foi un gravador, medallista e deseñador de moeda francés, o décimo quinto en ocupar o posto de Gravador Xeral de Moedas (Graveur Général des Monnaies).[1][2][3]

Infotaula de personaPierre Joseph Tiolier
Nome orixinal(fr) Pierre-Joseph Tiolier Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento17 de marzo de 1763 Editar o valor em Wikidata
Londres Editar o valor em Wikidata
Morte27 de xuño de 1819 Editar o valor em Wikidata (56 anos)
Bourbonne-les-Bains, Francia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescultor , medallista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeMarie-Marguerite Grosos
FillosNicolas Pierre Tiolier Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Tiolier-4

Traxectoria editar

Vida familiar editar

Proveniente dunha familia acomodada auvernesa, Pierre Joseph Tiolier foi o máis novo de, polo menos, catorce irmáns. Na súa familia había avogados, homes de negocios, médicos, cregos e funcionarios. O seu pai, Joseph Tiolier, era un mestre confeiteiro.[4]

Formouse no gravado de cuños da man do seu irmán político, Benjamin Duvivier, o décimo terceiro Gravador Xeral de Moedas.[1][2][3][4]

Gravador de moedas editar

Exerceu o cargo de "controlador de cuñaxe" na Casa de Moeda de París desde o 14 de decembro de 1795 ata o seu nomeamento como Gravador Xeral de Moedas, o 1 de abril de 1803, por parte do Primeiro Cónsul, en substitución de Augustin Dupré.[4][5][6]

Tiolier encargouse do deseño e da gravación dos cuños das moedas máis significativas de prata e de ouro do período de Bonaparte como Primeiro Cónsul e tamén, en grande medida como Emperador. Nas series de prata amósase, baixo o busto dos anversos, o apelido completo de Toilier rubricado, en tanto que nas de ouro o apelido aparece abreviado como TR. Tamén cómpre mencionar o seu deseño e a gravación dos cuños das moedas de 5 francos a nome de Lois XVIII (1814-1815).[1]

Por outra banda, a el confiáronselle, así mesmo, as cuñaxes napoleónicas de Xénova, de Xenebra, o Reino de Westphalia, Roma, Turín e Utrecht.[1]

En 1816 dimitiu en beneficio do seu fillo Nicolas Pierre Tiolier.[2] Nese mesmo ano, concedéuselle a Cruz de San Miguel.[1]

Gravador de medallas editar

Pierre Joseph Tiolier adquiriu tamén repercusión como medallista, con creacións entre as que se poden salientar as seguintes:[1]

 
Medallón co busto de James Smithson (1817)
  • 1798: Fundación da Loxa do Océano de Francia.
  • 1815: Carlos Filipe Conde de Artois. Homenaxe da Garda Nacional.
  • 1804: Coroación de Napoleón I.
  • 1801: Visita do embaixador de Rusia á ceca de París.
  • 1802: Sociedade para a Promoción da Industria.
  • 1803: Cámara de Comercio de Bordeos.
  • 1805: Tribunal de Primeira Instancia.
  • 1806: Avogados do Tribunal de Apelación.
  • 1807: Manufactura da Rúa Martel.
  • 1810: Visita dos reis de Baviera á ceca de París.
  • 1807: Medallón de James Smithson.[7]

Galería editar

Todas estas moedas amosan a sinatura de Pierre Joseph Tiolier no exergo do anverso, baixo o busto do rei.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Forrer, L. (1916). "Tiolier, Pierre Joseph". Páxinas 102-106
  2. 2,0 2,1 2,2 Weber, F. P. (1907). Páxina 259.
  3. 3,0 3,1 "Graveurs Généraux Français Arquivado 02 de xuño de 2020 en Wayback Machine.". En La Numismatique de France, étrangère et antique.
  4. 4,0 4,1 4,2 Théret, P. (2014). "Tiolier Pierre-Joseph Arquivado 13 de maio de 2021 en Wayback Machine.". En Augustin Dupré: Les monnaies décimales. Amisdufranc.org.
  5. Barre, A. (1867).
  6. Théret, P. (2014). "Contrôleur du monnayage Arquivado 17 de outubro de 2021 en Wayback Machine.". En Augustin Dupré: Les monnaies décimales. Amisdufranc.org.
  7. Ewing, H. (2008). Páxina 279.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar

Predecesor:
Augustin Dupré
 
Gravador xeral de moedas de Francia

1803 - 1816
Sucesor:
Nicolas Pierre Tiolier