A confeitura[1] é unha conserva de froitas picadas con azucre. Aínda que a proporción de froitas e azucre varía dependendo do tipo de confeitura, o punto de maduración da froita e outros factores, o punto de partida é, xeralmente, que é en proporción 1 a 1 en peso. Cando a mestura alcanza os 104 °C, o ácido e a pectina na froita reaccionan co azucre facendo que, en refrixeración, a mestura quede sólida.[2]

Confeitura de amorodos.

Para que se forme a confeitura, é importante que a froita teña pectina. Algunhas froitas que teñen pectina son: as mazás, as froitas cítricas, e moitas bagas, agás os amorodos e a moras, por exemplo. Para preparar compotas de froitas, a industria engade pectina pura, pero o método caseiro consite en engadir outra froita con moita pectina (mazás ou zume de limón, por exemplo).

Notas editar