Gravador xeral de moedas de Francia
O posto de gravador xeral de moedas de Francia (en francés: graveur général des monnaies) creouse en 1547 para dirixir o Servizo de Gravado e a creación dos principais instrumentos para a fabricación de moedas e medallas, como punzóns, cuños e virolas, entre outros.[1]
Historia
editarPara describir o exercicio desta función no pasado, sirvan as palabras do medallista francés Désiré Albert Barre (1818-1878), que accedeu a este posto en 1855 e que lle escribía así ao seu colega de Turín en 1864:[2]
[FR] | [GL] |
---|---|
«Les fonctions de Graveur général des monnaies de France créés par Henri II impliquent la reproduction et la fourniture de tous les coins de monnaies employés dans les ateliers monétaires de l’Empire. Ces ateliers monétaires au nombre de 13 sous Napoléon 1er sont réduits aujourd’hui à 3 : Paris, Strasbourg et Bordeaux… Le Graveur Général est logé dans l’hôtel central des Monnaies à Paris.
Il ne jouit d’aucun appointement, le local de ses ateliers lui est fourni par l’État, le matériel de ces ateliers lui appartient, les frais de personnel, contremaître et ouvriers sont à sa charge…» |
«As funcións do gravador xeral de moedas de Francia, creadas por Henrique II, implicaban a reprodución e a subministración de todos os cuños utilizados nas casas de moeda do Imperio. Estes 13 obradoiros monetarios baixo Napoleón I agora redúcense a tres: París, Estrasburgo, Bordeos... O gravador xeral atópase na Casa Central da Moeda de París.
Non dispón de salario ningún, o Estado subminístralle o local dos seus obradoiros, o material utilizado perténcelle a el, os custos de persoal, capataz, operarios son da súa responsabilidade» |
Na época en que existían diversas casas de moeda en Francia, a función do gravador xeral era crear o deseño orixinal das moedas e gravar os punzóns utilizados para realizar os cuños cos que, finalmente, se cuñaban as moedas. Posteriormente, transmitíalles estes punzóns aos gravadores de cada ceca.[3][4]
Foi Henrique II (1547-1559) quen instituíu, xa no primeiro ano do seu reinado, o oficio de gravador xeral, e a primeira persoa que ocupou este posto foi Marc Béchot.[3][4]
O posto de gravador xeral de moeda foi suprimido o 1 de marzo de 2001 e as súas funcións fóronlle transferidas á xefatura do Servizo de Gravado, de nova creación.[5] No entanto, o posto foi reactivado en xullo de 2020, e Joaquin Jimenez accedeu a el nese momento.[4]
Lista dos gravadores xerais de moedas de Francia
editarGravadores xerais
editarEsta é a listaxe completa dos gravadores xerais desde a creación do posto, xunto co seu número de orde.[4][6] Para o período anterior á Revolución, acudiuse aos rexistros de Désiré Albert Barre.[2]
1º | (1547-1557) | Marc Béchot. |
2º | (1557-1582) | Claude de Héry. |
3º | (1582-1590) | Philippe Danfrie o vello. |
4º | (1590-1604) | Philippe Danfrie o novo. |
(1604-1605) | Philippe Danfrie o vello. | |
5º | (1605-1625) | Nicolas Briot. |
(1625-1630) | Pierre Regnier (en funcións). | |
6º | (1630-1646) | Jean Darmand. |
7º | (1646-1672) | Jean Varin. |
8º | (1672-1681) | François Warin. |
9º | (1682-1703) | Joseph Roëttiers |
10º | (1704-1727) | Norbert Roëttiers. |
11º | (1727-1753) | Joseph Charles Roëttiers. |
12º | (1753-1772) | Charles Norbert Roëttiers. |
(1772-1774) | Joseph Charles Roëttiers. | |
13º | (1774-1791) | Pierre Simon Benjamin Duvivier. |
14º | (1791-1803) | Augustin Dupré. |
15º | (1803-1816) | Pierre Joseph Tiolier. |
16º | (1816-1842) | Nicolas Pierre Tiolier. |
17º | (1843-1855) | Jacques Jean Barre. |
18º | (1855-1877) | Désiré Albert Barre. |
19º | (1870-1871) | Bertrand Marchais (ad interim). |
20º | (1879-1879) | Jean Auguste Barre. |
21º | (1880-1896) | Jean Lagrange. |
22º | (1896-1930) | Henri Auguste Jules Patey. |
23º | (1931-1958) | Lucien Bazor. |
24º | (1958-1974) | Raymond Joly. |
25º | (1974-1994) | Émile Rousseau. |
26º | (1994-2001) | Pierre Rodier. |
27º | (Desde 2020) | Joaquin Jimenez.[4] |
Xefes do Servizo de Gravado
editar- (2001-2001): Gérard Buquoy.
- (2002-2003): Serge Levet.
- (2003-2010): Hubert Lariviere.
- (2011-2020): Yves Sampo.[7]
Notas
editar- ↑ Decreto 68-270 do 19 marzo de 1968, relativo ao estatuto particular dos funcionarios técnicos de moedas e medallas. En Legifrance.gouv.fr
- ↑ 2,0 2,1 "Registres Barre". Musée de la Poste.
- ↑ 3,0 3,1 Cristina Rodriguez. (2006). "Qu'était un Graveur Géneral des Monnais au XIXe siècle ?". En Numismatique et Change. Nº 368. Febreiro.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 "Joaquin Jimenez nommé Graveur général des monnaies". En Numismag.com. 21 de xullo de 2020.
- ↑ Prieur, M. (dir.); Schmitt, L. (2007). Le Franc VII. Les monnaies Françaises de 1795 à 2001. Les Chevau-légers, París. Páxinas 16-18. ISBN 978-2-903629-96-0
- ↑ "Graveurs Généraux des Monnaies". En Mazerolle, F. (1907). Páxinas 173-174.
- ↑ Comunicado de prensa da Monnaie de Paris do 19 de xaneiro de 2011.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Barre, A. (1867). Graveurs Généraux et particuliers des Monnaies de France, Contrôleurs Généraux des Effigies, Noms de quelques graveurs en Médailles de la Renaissance Française' París.
- Mazerolle, F. (1907). L'Hôtel des monnaies: les batiments, le musée, les ateliers. Renouard, París.
- Rodot, N. (1904). Les médailleurs et les graveurs de monnaies, jetons et médailles en Franc. Leroux, Paris.
- Salaün, G. (2017). "De l'importance des graveurs généraux des Monnaies de France". En Monnaie Magazibe. Febreiro. Páxinas 38-41.