Isabel de Barreto

navegante galega

Isabel de Barreto de Castro[1], nada probablemente en Pontevedra na década de 1560[2], ou quizais en Lima[3], foi unha navegante probablemente galega do século XVI.

Infotaula de personaIsabel de Barreto
Biografía
Nacemento1567 Editar o valor em Wikidata
Pontevedra Editar o valor em Wikidata
Morte3 de setembro de 1612 Editar o valor em Wikidata (44/45 anos)
Castrovirreyna (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónexploradora , oficial da armada Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rango militaralmirante Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeFernando de Castro (1596–)
Álvaro de Mendaña (1585–1595)

Traxectoria editar

Segundo algunhas fontes[4], o seu pai, Francisco Barreto, era un comerciante portugués nado en Faro. Este, en 1547, fíxose ao mar no Índico. En 1555 fora nomeado gobernador das Indias Portuguesas, e viviu en Lisboa entre 1561 e 1569. Porén, con esta historia non semella sinxelo nin situar a Isabel de Barreto en Pontevedra na década de 1560 nin no Perú uns anos máis tarde, onde chegaría precisamente acompañando a súa familia e o séquito do novo vicerrei. Outras fontes sitúana como unha rica limeña, do barrio de Santa Ana, filla dos comerciantes portugueses Nuno Rodrigues Barreto e Mariana de Castro[3].

O que si parece incontrovertible é que casou en Lima en 1585[5] ou 1586[3] co adiantado Álvaro de Mendaña, quen explorara xa parte do Pacífico para o Castela e chegara ata as Illas Salomón. Precisamente, Isabel viaxa co seu home na segunda grande exploración deste, que partiu con destino ás Salomón en abril de 1595. A viaxe foi patrocinada polo vicerrei García Hurtado de Mendoza, marqués de Cañete, precisamente grazas á influencia de Isabel de Barreto. O obxectivo era establecer unha colonia nas illas Salomón para impedir que os piratas ingleses atopasen un refuxio no Pacífico dende o cal atacar as Filipinas ou a costa americana.

A viaxe ás Illas Salomón editar

Embarcáronse 368 persoas entre homes e mulleres, tanto libres como escravas e escravos, co obxectivo de fundar unha colonia. Tamén ían na expedición tres irmáns de Isabel de Barreto. O piloto maior era o portugués Pedro Fernández de Quirós. Os catro barcos eran:

  • San Gerónimo, nave capitá, galeón de 200 a 300 toneladas. Propietaria: Isabel de Barreto[3]. Capitán e piloto maior: Pedro Fernandes de Queiroz.
  • Santa Isabel, nave almirante, galeón de 200 a 300 toneladas. Propietaria: Isabel de Barreto. Capitán: Lope de Vega. Desapareceu o 7 de setembro de 1595.
  • San Felipe, galeota de 30 a 40 toneladas. Propietario e capitán: Felipe Curzo. Desapareceu o 10 de decembro de 1595.
  • Santa Catalina, fragata de 30 a 40 toneladas. Propietario e capitán: Alonso de Leyra. Desapareceu o 19 de decembro de 1595.

A expedición partiu do porto de El Callao. Logo de facer escala no porto peruano de Paita, atopou as illas Marquesas e bautizáronas así en honra do vicerrei, o marqués de Cañete. Durante dez días exploraron as illas do sur do arquipélago. De camiño cara ao oeste, pasaron por diante dunha das illas Cook e dunha das Tuvalu até que chegaron ás illas Santa Cruz, arquipélago do sur das illas Salomón. Ao pasar xunto ao Tinakula, un volcán en actividade na illa de Nendö, perderon a Santa Isabel, a nave almiranta, nunha treboada.

Fundaron unha colonia na illa de Santa Cruz onde Álvaro de Mendaña, o home de Isabel, enfermo de malaria, perde o control da situación. Os soldados cometen crimes e excesos cos pobos indíxenas e prodúcese un intento de rebelión. O 18 de outubro de 1595 morre Mendaña e Isabel faise cargo da expedición. Ao deteriorarse aínda máis a convivencia, abandonan a colonia e marchan ás Filipinas. No camiño pérdense as outras dúas naves, a San Felipe e a Santa Catalina, e só chega a porto a San Gerónimo, guiada por Pedro Fernandes de Queiroz.

Ruta da viaxe editar

A segunda viaxe editar

A morte de Mendaña converteu a Isabel en herdeira das terras que conquistaran. Recibiu os títulos de gobernadora da colonia de Santa Cruz e adiantada das illas de Poñente. Tres meses despois de chegar a Manila, casou con Fernando de Castro, parente do seu home e xeneral destinado en Filipinas. En 1597 fanse de novo ao mar e chegan ata Acapulco (México), dende onde se trasladan a Guanaco na Arxentina. Alí estabelecen unha encomenda, un tipo de propiedade rural onde as xentes indíxenas traballaban escravizadas.

Nese momento descobre que o rei Filipe III lle outorgou os privilexios sobre as Illas Salomón a Pedro Fernández de Quirós, co que anulaba os anteriores dela. Para protestar por esta afronta, viaxan primeiro a Lima e posteriormente a España.

Crese que faleceu en Galicia.[Cómpre referencia]

Notas editar

  1. A galega Isabel Barreto, descubridora e primeira muller almirante, GCiencia, 7 de decembro de 2017.
  2. MAROTO CAMINO, M. Producing the Pacific: maps and narratives of Spanish exploration (1567-1606), Ámsterdan:Rodopi, 2005, p.47
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 MOYA ESPINOZA, R. Piura en el Virreynato Arquivado 03 de febreiro de 2016 en Wayback Machine., cap.5
  4. BOSCH BARRETT, M. Doña Isabel Barreto. Adelantada de las islas Salomón.Barcelona:Juventud, 1943
  5. DE LA RIVA, NATALIA G., La conquista de los mares del sur Arquivado 03 de agosto de 2010 en Wayback Machine., Peatom, 2008.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar