Abrir o menú principal

Tinakula é un volcán cónico que forma unha illa ao norte de Nendo na provincia de Temotu, nas Illas Salomón. Atópase no extremo norte da Illas Santa Cruz. Ten ao redor de 3´5 km de ancho e elévase 851 metros sobre o nivel do mar, pero elévase de tres ou catro quilómetros por encima do fondo do mar. Entra en erupción aproximadamente cada hora cunha columna de cinza e rocas. A primeira erupción do volcán rexistrouse en 1595, cando Álvaro de Mendaña navegaba preto na súa volta ó redor do mundo.

Tinakula
ISS002-E-6386tinakula.PNG
Vista desde o espazo
Map of the Santa Cruz Islands (Solomon Islands).png
Localización da illa
Situación
PaísIllas Salomón
ProvinciaTemotu
ArquipélagoIllas Santa Cruz
MarOcéano Pacífico
Coordenadas11°23′S 165°48′L / -11.383, -165.800
Xeografía
Superficie8 km²
Longura máxima3´6 km.
Largura máxima3´1 km.
Punto máis alto851 m. Tinakula
Demografía
CapitalTemateneni (abandonada)
PoboaciónDeshabitada
Densidadehab./km² hab./km²

OcupaciónEditar

A illa está deshabitada. Unha poboación anterior foi erradicada cando o volcán entrou en erupción ao redor de 1840 e o fluxo piroclástico varreu todos os lados da illa. En 1951, polinesios de Nukapu e Nupani establecéronse na illa, que alcanzou un pico de poboación de 130 habitantes, antes de que tivese que ser evacuada coa erupción de 1971. O pobo de Temateneni atopase na costa sur este. A finais de 1980, dúas familias (menos de 10 persoas) de Nupani fixeron outro intento de colonización.

A illa está cuberta de selva, agás a parte occidental, que está cuberta de cinza. Foi arrasada por deslizamentos de terra en 1965. Cando o volcán entra en erupción, é posible observar grandes rocas rodando pola ladeira da montaña.

NotasEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar