Moho Tani (tamén Mohotani ou Motane) é unha illa das Marquesas, situada no grupo sur do arquipélago, a 15 km ao sueste de Hiva Oa.

Moho Tani
MohoTani vue depuis HivaOa 20061110.jpg
Vista de Moho Tani dende Hiva Oa.
Localización
Localización
Situación
PaísFrancia
Colectividade de ultramarPolinesia Francesa
ArquipélagoIllas Marquesas
MarOcéano Pacífico
Coordenadas10°00′S 138°50′O / -10.000, -138.833Coordenadas: 10°00′S 138°50′O / -10.000, -138.833
Xeografía
Superficie15 km²
Longura máxima7´2 km.
Largura máxima1´9 km.
Punto máis alto520 m.
Demografía
PoboaciónDeshabitada

XeografíaEditar

A illa é pequena, cunha superficie de 15 km². É de orixe volcánico, con cantiis na costa e suaves ondulaciones no interior. É descrita por algúns navegantes como o lombo dunha balea. A altitude máxima é de 520 metros.

HistoriaEditar

Nalgún momento a illa foi habitada por un clan chamado o "moi a Tiu", pero a poboación foi varrida pola enfermidade e a guerra, os poucos superviventes marcháronse de Hiva'Oa. En tempos pre-europeos, a illa considerouse parte do territorio da provincia de Pepane. Foi descuberta por Álvaro de Mendaña e Neira o 21 de xullo de 1595, e chamouna San Pedro xa que era a vixilia de San Pedro ad Vincula, onomástica do piloto maior Pedro Fernández de Quirós e do coronel Pedro Merino.[1] Os primeiros informes describen a illa como fértil, con bosques e campos.

Cando Thor Heyerdahl visitou a illa en 1938, só había unhas cantas cabras e restos de aldeas e chozas abandonadas. Hoxe en día está deshabitada, pertencendo á comuna de Tahuata. A vexetación foi destruída polos rabaños en estado salvaxe de cabras e ovellas. En 1992, a illa e as illas máis pequenas que a rodean (incluíndo Terihi) foron oficialmente protexidas na declaración da Reserva Natural Motane.

Moho Tani administrativamente forma parte da comuna (municipio) de Hiva'Oa, na subdivisión administrativa das Illas Marquesas .

NotasEditar

  1. Sharp, Andrew The discovery of the Pacific Islands Clarendon Press, Oxford, 1960, p.51.

Ligazóns externasEditar