Guanaco
Guanaco | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() | |||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||
![]() Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
'Lama guanicoe' (Müller, 1776) | |||||||||||||||||
Distribución del guanaco (Lama guanicoe)
| |||||||||||||||||
Subespecies | |||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||
Lama glama guanicoe |
O guanaco[2] (Lama guanicoe) é un camélido nativo de América do Sur, cuxa altura varía entre 107 e 122 cm. Pesa cerca de 90 kg. A cor varía moi pouco (ao contrario da llama), variando dun marrón-claro a un máis escuro e canela para sombreamento, con pelaxe branca no tórax e no abdome. A face dun guanaco ten un ton cinsento e as orellas, pequenas, fican de pé. A súa característica distintiva son os seus grandes ollos castaños (utilizados para se manter atento a calquera perigo), a forma corporal equilibrada e a enorme enerxía. O nome guanaco vén da lingua suramericana quechua (da palabra huanaco). O guanaco, así como a llama, é un mamífero ruminante de América do Sur, principalmente no Perú. Ao contrario das outras especies de camelídeos, este animal ten a pelaxe máis curta. Pode pasar catro días sen auga. Vive en grandes alturas, próximas aos 4 000 metros.
Poboación e distribuciónEditar
O guanaco é nativo das rexións áridas e montañosas de América do Sur. Atópanse no altiplano do Perú, Bolivia, Ecuador, Colombia, Chile e Arxentina. En Chile e na Arxentina, son máis numerosos nalgunhas rexións da Patagonia, en lugares como o Parque Nacional Torres del Paine e na Illa Grande da Terra do Fogo. Nestas zonas, existen limitacións en materia de concorrencia (pasto do gando). Algúns indios bolivianos son coñecidos por axudar a poboación de guanacos a recuperar a súa estabilidade poboacional. O tempo de vida normal dun guanaco é de vinte a vinte e cinco anos.
Época de apareamentoEditar
A época de apareamento ocorre entre novembro e febreiro, durante a cal os machos, frecuentemente, pelexan violentamente para establecer o dominio sobre a femia e para ter os dereitos de reprodución. Once meses despois nace un único descendente (chamado de chulengo). Os chulengos son capaces de andar inmediatamente após o nacemento. Os novos chulengos machos son expulsos do rabaño logo dun ano de idade.
CuriosidadesEditar
As seccións de curiosidades e anécdotas deben ser evitadas. Axude a mellorar este artigo, integrando no corpo do texto as informacións relevantes e verificadas e retirando as superfluas ou impropias. |
HemoglobinaEditar
Como se atopan en grandes altitudes (onde os niveis de osíxeno son baixos), unha culleriña de sangue de guanaco contén arredor de 68 000 000 de glóbulos vermellos - catro veces máis ca o do ser humano. Este elevado numero de hemacias garante a adaptación corporal nestas condicións extremas.
NotasEditar
- ↑ Baldi, B., Lichtenstein G., González, B., Funes, M., Cuéllar, E., Villalba, L., Hoces, D. & Puig, S. "{{{taxon}}}". Lista Vermella de especies ameazadas. (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza.
- ↑ "Entrada guanaco en Digalego". Arquivado dende o orixinal o 05 de xaneiro de 2017. Consultado o 04 de xaneiro de 2017.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Guanaco |
Outros artigosEditar
Ligazóns externasEditar
- Reintrodución do guanaco nun Parque Nacional (nota) (en castelán)
- O guanaco, o morador orixinario da Patagonia. (en castelán)