Parque Nacional Torres del Paine

O Parque Nacional Torres del Paine é un parque chileno declarado pola UNESCO reserva da biosfera e a oitava marabilla do mundo en 2013.[1]

Parque Nacional Torres del Paine, xaneiro de 2018

O Parque editar

O Parque Nacional Torres del Paine está situado na Rexión de Magallanes e da Antártica Chilena, comuna de Torres del Payne, provincia de Última Esperanza. A 154 quilómetros ao nordeste de Puerto Natales e a 399 quilómetros de Punta Arenas, comprende 227 298 hectáreas. Fundouse baixo o nome de Parque Nacional de Turismo Lago Grey o 13 de maio de 1959 cando a principal actividade da zona era aínda a gandaría, por riba dos beneficios do turismo. O 30 de abril de 1970 o parque suma 11 000 novas hectáreas ao terreo protexido e cambia o nome polo o que é coñecido actualmente: Parque Nacional Torres del Paine.

A súa creación quedou rexistrada no D.S. N° 383 do Ministerio de Agricultura. É coñecido mundialmente polos macizos que lle dan nome, rochas de granito modeladas pola forza do xeo glaciar.

A unidade destaca pola protección das especies de fauna como o ñandú, o blanquillo ou a curuxa. Respecto aos mamíferos, entre as 25 especies presentes no parque está o puma, chingue ou o raposo colorado, ademais de distintas clases de réptiles (6), anfibios (3) e peixes (6). Na flora contabilízanse 274 especies de plantas clasificadas en: estepa patagónica, matogueira preandina, bosque magallánico (predomina a lenga) e deserto andino.

En 1978 declarouse Reserva da Biosfera polo Programa Home e Biosfera (MAB) da UNESCO.

O Parque Nacional Torres del Paine permite as reservas para campamentos en circuítos de sendeiros de montaña.[2]

Accesos editar

Diversos coches de liña recollen e transportan pasaxeiros desde o punto de recollida na lagoa Amarga (CH$4000) e un catamarán sae desde Pudeto cara ao Parque, e combina a súa saída con outra recollida en Administración.

A compañía Catamarán Hielos Patagónicos conecta Pudeto co refuxio de montaña Paine Grande.

Os sendeiristas poden obter vantaxe da navegación permitida sobre o glaciar Grey, un cruceiro que une o refuxio Grey co Hotel Lago Grey con vistas ao glaciar.[3]

Diversas empresas ofertan o traslado desde o lado arxentino, en excursións circulares partindo e de volta ao Calafate.[4]

Ríos editar

 
Río Serrano

O parque está atravesado polo río Paine e polo río Serrano. Este último nace no flanco oriental da cordilleira Patagónica, no Campo de Hielo Sur. Sobresae pola súa gran beleza paisaxística, transformando esta cunca nun gran recurso turístico natural, integrado polas cordilleiras, glaciares, ventisqueiros, lagos e o cordón montañoso das Torres do Paine. A foia hidrográfica posúe unha superficie de 7 350 km² e presenta gran cantidade de lagos, entre os maiores que integran a cunca están os lagos Toro.[5]

Dentro dos puntos de interese do río Paine está a súa fervenza no sector da lagoa Amarga, adxacente á ruta que conduce á lagoa Azul. Desde ese punto obsérvanse as Torres do Paine, os tres rechamantes cerros formados por rocas graníticas con forma de agulla que deron nome ao parque. Escaladores de todo o mundo acceden ao itinerario para comezaren a subida polas súas paredes verticais, con diversos graos de dificultade. Coñecidos polos nomes de D‘Agostini (sur), central e Monzino (norte).

O río Serrano coñécese como a principal rede fluvial do Parque Nacional Torres del Paine e un dos seus límites naturais. Posúe 38 quilómetros de extensión e o seu caudal permite a práctica da pesca con mosca, namentres que os seus arredores son populares rutas de sendeirismo, e de rutas para a observación da flora e fauna. A navegación e outras actividades acuáticas tamén son posíbeis debido ás características das augas que desembocan no lago Toro.

Clima editar

Segundo a clasificación climática de Köeppen, a área que comprende o Parque está incluída na “zona de clima temperado frío e chuvioso sen estación seca” Porén as condicións climáticas son altamente diversas, estas débense ás complicadas formas do Parque e debido a isto é difícil intentar unha caracterización climática da área e as relacións entre os tipos de climas locais.

  Datos climáticos do Parque Nacional Torres del Paine
Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Ano
Temperatura máxima absoluta (°C) 23 25 23 19 17 13 14 15 16 18 22 21
18,8
Temperatura mínima absoluta (°C) 12 13 10 7 6 3 4 4 7 7 8 10
7,5
Precipitacións (mm) 322 263 306 305 259 237 247 223 229 227 263 262
261,9
Días de choiva medios (≥ 0.1 mm) 28 24 27 28 22 20 25 16 17 21 25 26
23
Fonte: Instituto para o Pronóstico (2006-2018)

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. Parque Nacional Torres del Paine(en castelán)
  2. Parque Nacional Torres del Paine(en castelán)
  3. Accesos Parque Torres del Paine(en inglés)
  4. Parque Nacional Torres del Paine Arquivado 26 de setembro de 2018 en Wayback Machine.(en castelán)
  5. Sánchez, Alfredo (2000). Las Regiones de Chile. Editorial Universitaria.