Altiplano andino

O Altiplano andino, altiplano suramericano, meseta do Collao ou meseta do Titicaca, é unha extensa planicie de altura ou altiplano de América do Sur situada a unha altitude media de 3800 msnm que abrangue parte do noroeste da Arxentina, o occidente de Bolivia, parte do norte de Chile e parte do sur do Perú. Ten importancia histórica por ser o lugar en que xurdiron diversas civilizacións, como a cultura Tiahuanaco, e realizouse a domesticación de plantas como a pataca e animais como a llama e a alpaca. Polas súas características ambientais e ecolóxicas, é unha rexión natural única no continente e pola súa altitude pertence á rexión da Puna.

Altiplano andino
Meseta do Collao ou do Titicaca
Camino de regreso a Uyuni Bolivia.jpg
O altiplano boliviano preto de Uyuni
Concas endorreicas
Localización
Continente/sAmérica do Sur
País/esFlag of Peru.svg Perú, Flag of Bolivia.svg Bolivia, Flag of Chile.svg Chile, Flag of Argentina.svg Arxentina
Coordenadas16°S 69°O / -16, -69Coordenadas: 16°S 69°O / -16, -69
Datos
Cota3800 msnm
A cidade de El Alto en Bolivia, con aproximadamente 944000 habitantes é a maior cidade do Altiplano Andino.[1] Ao fondo o nevado Huayna Potosí.
Puno (Perú), unha das cidades do Altiplano

A cordilleira dos Andes forma un macizo impoñente que se ergue xunto á depresión intermedia, en forma dun gran plano inclinado, alcanzando alturas por encima dos 6000 metros de orixe tectónica e volcánica. Os materiais erosionados destas cordilleiras e os expulsados polos volcáns encheron a depresión central, formando planicies que deron a eses sectores o nome de altiplano.

O altiplano recibe precipitacións tropicais e neve durante o verán austral, entre xaneiro e febreiro; este fenómeno climático é chamado «inverno boliviano». Tanto a aridez como a altura limitan e determinan a vida: a flora e a fauna, fortes e especializadas, sobreviven ás condicións extremas por riba dos 3600 m. Existe unha gran diversidade biolóxica con mostras representativas que están protexidas nos parques e nos monumentos nacionais. Así, vasto e colorido, salpicado por lagos, pantanos, salinas e géyseres; coroado por volcáns de máis de 6000 metros.

ToponimiaEditar

O vocábulo collao deriva do antigo aimará qullaw, formado polos morfemas qulla e -wi, é dicir, "lugar dos kollas". Este nome está rexistrado nas crónicas máis antigas da conquista en referencia á rexión ao sueste do Cuzco onde habitaban contemporaneamente aos incas diversos reinos aimarás, entre eles os kollas.[2]

Empréganse tamén as expresións "altiplano" ou "puna", xeralmente, acompañadas por un xentilicio do país ou rexión de que se trata: o altiplano arxentino, altiplano boliviano, altiplano chileno e altiplano peruano.

XeoloxíaEditar

O Altiplano é unha conca sedimentaria intramontañosa con sedimentos que foron maioritariamente depositados en condicións de endorreísmo e levantados polos mesmos movementos tectónicos que deron orixe á cordilleira andina dende hai uns 15-25 millóns de anos. Os mecanismos tectónicos responsables destes movementos son aínda pouco entendidos e existe unha variedade de modelos que tentan relacionar a subdución oceánica baixo os Andes coa historia do levantamento dos sedimentos do Altiplano.

MorfoloxíaEditar

Defínese como unha altiplanicie, isto é, unha zona de pouco relevo situada a grande altitude. Trátase dunha serie de concas planas encerradas por serranías altas, que se sitúan a máis de 3600 metros.

A partir do lago Titicaca, a cordilleira dos Andes vaise alargando progresivamente cara ao sur, deixando entre as cadeas montañosas máis altas unha altiplanicie moi extensa, que recibe o nome de Altiplano ou Puna. Este segundo nome tamén designa as serras situadas nos Andes nunha altura determinada e, polo tanto, con certas condicións ambientais.

HidroloxíaEditar

A meseta do Collao é un conxunto de concas endorreicas entre as que destacan dúas:

Cara ao sur da meseta do Collao destacan varias concas endorreicas de lagoas ou salinas menores nados de mananciais. Ambas as concas separáronse hai 10000 anos, durante o último período glacial.

De norte a sur, nótase na meseta do Collao un gradual proceso de desertización, debido en gran medida á progresiva diminución das precipitacións pluviométricas, de norte a sur, o que produce ao mesmo tempo un incremento da salinidade e mineralización das concas. A zona do salar de Uyuni e do salar de Coipasa, reciben augas salobres dos seus afluentes (río Grande de Lípez e Pucamayu, cara ao Uyuni, e os ríos Lauca e Lacajahuira cara ao salar de Coipasa). Así mesmo o lago Poopó e o lago Uru Uru teñen augas altamente mineralizadas que aceleran o proceso de converterse en salares.

Do mesmo xeito, o río Desaguadero recibe a achega das augas mineralizadas do río Maure, polo que a achega do lago Titicaca cara ao sur da conca vólvese fundamental para a subsistencia da agricultura na rexión sur da meseta.

 
Juliaca é a segunda cidade de maior tamaño no Altiplano con máis de 300 000 habitantes.

En xeral os ríos da meseta do Collao destacan por ser meándricos nas súas concas medias e inferior, debido á carencia de pendente e ao arrastre continuo de sedimentación. Esta sedimentación foi a causante de que en 1962 o río Desaguadero desbordase o seu caudal, alagando unha pampa que logo se converteu no lago Uru Uru.

Ao sur do salar de Uyuni existen unha serie de lagoas.

ClimaEditar

A presenza do lago Titicaca e da conca do Amazonas determinan unha variación na humidade e a temperatura da zona, sendo máis húmida no norte e no oeste que no sur e no leste.

No altiplano, debido aos máis de 3600 m de altura, hai baixa presión atmosférica e, polo tanto, menos concentración de osíxeno. O seu clima é de puna, moi frío, seco e ten grandes amplitudes térmicas diarias. Isto significa que a maioría das noites (mesmo no verán) pode xear e que ao mediodía pode ir calor. A variación de temperatura pode chegar ser de 30 °C no mesmo día, -5 °C pola noite e 25 °C ao mediodía.

O chan que non é homoxéneo é outro factor de grande importancia. Ten moitas zonas espidas, mais a pesar das condicións críticas, xeadas, seca ou altura, nesta rexión medran plantas e hai lugares con bastante vexetación. Como en calquera ecosistema, existe pois unha relación importante entre vexetación, clima e chan, xa que a vexetación protexe o chan da erosión. É alí onde se atopan as vicuñas.

RelevoEditar

A rexión dos Andes centrais ten altas cordilleiras desprovistas de vexetación. Nesta rexión o relevo montañoso é impoñente, atopándose algunhas das máximas elevacións de América. As montañas, case sen vexetación, teñen nos seus cumios neves permanentes. Hai pasos a gran altura que permiten o tránsito a Chile. Amplos vales separan os cordóns dos Andes da precordilleira. É alí onde se localiza a poboación.

Poboación e historiaEditar

 
Fornelo semisubterráneo e ao fondo o templo de Kalasasaya, no complexo arqueolóxico de Tiahuanaco.

O altiplano estivo habitado dende a antigüidade. Os vestixios de cultura, como a cerámica ou o traballo en pedra, datan de arredor do 5000 a.C. Os poboadores do Altiplano asentáronse arredor dos lagos e lograron o desenvolvemento agrícola, lítico, metalúrxico e pecuario; así mesmo, e a pesar de ser unha zona difícil para a agricultura, domesticou as plantas silvestres, como a pataca e melloráronas para o consumo humano.[3]

Este desenvolvemento cultural levou ao florecemento da civilización Tiahuanaco a partir do 1500 a.C., principal expoñente da cultura do Altiplano. Durante o Imperio Inca chegou a ter 800 000 habitantes no Collasuyo.[4]

O Altiplano atópase habitado de xeito desigual. As maiores áreas demográficas áchanse na zona circunlacustre cara ao norte. A maior cidade, El Alto (Bolivia) con 1180000 habitantes, sitúase preto da antiga cidade de Tiahuanaco. No Perú destacan Juliaca e Puno.

EcoloxíaEditar

A flora desta rexión é esteparia e caracterízase polas plantas de follas de reducida superficie, evitando a perda excesiva de auga. Nalgunhas especies, as follas transformáronse en espiñas, posúen unha cutícula grosa, e a súa cor amarela dálles unha aparencia de plantas secas. Protexidas do vento e do frío por matas de pasto, medran algunhas plantas con flores. Tamén hai arbustos ananos de raíces fondas.

No altiplano existen moitas especies vexetais, mais hai algunhas que espertan maior interese nos poboadores locais, xa que son empregadas como combustible ou forma parte da súa dieta diaria. Entre elas están a tola, a yareta e o ichu.

Cada unha delas ten importancia pira os habitantes andinos, mais o ichu é importante porque actúa como protector dos chans, para evitar o avance das cárcavas ocasionadas polas choivas e o vento, e protexe os pastos de menor tamaño. Na agricultura emprégase para almacenar patacas, para elaborar a tunta e o chuño. En gandaría, utilízase como alimento dos camélidos. Na vivenda, é útil para amarrar as trabes do teito das casas. En artesanía, aplícase na elaboración de sogas, alfombras para o piso, para o colchón da cama, para confección de chapeus e vasoiras. Ademais das anteriores, atópanse a quinoa e o charqui.

NotasEditar

  1. El Alto
  2. Qólla, f.Geog. Región sureste del Tawantinsúyu Lira y Mejía:«Diccionario Quechua-castellano[...]» ISBN 978-9972-236-70-9
  3. Prehistoria de Bolivia Arquivado 24 de agosto de 2018 en Wayback Machine. de Bolivia en la red.
  4. Gobierno Bolivia Historia. Bolivia y su historia. Por Roberto Querejazu Calvo.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar