José Frau
Modelo:Pintor José Frau Ruiz, nado o 15 de maio de 1898 en Vigo e finado o 24 de marzo de 1976 en Madrid, foi un pintor galego.
Obra
Estudou na Academia de Bellas Artes de San Fernando de Madrid, sendo discípulo de Antonio Muñoz Degrain.
Expuxo en Pittsburgh e viaxou a Bos Aires e Montevideo. En 1950 foi a vivir a México onde expón, así coma en Nova York. Fixou a súa residencia definitiva en España, na provincia de Guadalajara, en 1966.
Pódese apreciar obra de Frau no Museo Municipal Quiñones de León (sala monográfica con doazons do autor), na Colección Novacaixagalicia,[1] no Museo de Belas Artes da Coruña,[2] e no Museo Galego de Arte Contemporánea Carlos Maside. Amais diso, é, xunto con Antón Patiño Pérez, un dos poucos autores galegos con obra no Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía.[3] Hai cadros del en pinacotecas de París, Pittsburgh, Moscova, Nova York, Bos Aires, California e Alemaña.
En Vigo, unha rúa, entre as rúas Álvaro Cunqueiro e López Mora, leva o nome do pintor.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- Castro Arines, José de: J. Frau. Exposición monográfica. Vigo, Caixavigo, 1984.
- Colmeiro, Ilarri, Pablos, Pousa e Quesada; Plástica Gallega, Caja de Ahorros Municipal de Vigo, 1981, ISBN 84-7231-603-3.
- Chamoso Lamas, Manuel; Arte en Galicia. Barcelona, Edit. Noguer, 1976.
- Ilarri Gimeno, Angel; Catálogo do Pazo Museo Quiñones de León, Vigo, Concello, 1978.
- Mon Rodríguez, Fernando; Pintura contemporánea en Galicia. A Coruña, Caixa Galicia, 1987.