Eduardo Alonso

director teatral galego
(Redirección desde «Eduardo Alonso Rodríguez»)

Eduardo Vicente Alonso Rodríguez,[1] nado en Vigo o 28 de maio de 1948, é un autor e director teatral galego.

Infotaula de personaEduardo Alonso
Biografía
Nacemento28 de maio de 1948 Editar o valor em Wikidata (75 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndirector teatral Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosEva Alonso Gómez Editar o valor em Wikidata
Premios

Traxectoria editar

É enxeñeiro técnico naval pola Escola de Enxeñeiros Técnicos de Ferrol, licenciado en Ciencias da Imaxe e licenciado en Xornalismo pola Universidade Complutense de Madrid. Cursou estudos de Arquitectura na Escola Superior de Sevilla e de Arte Dramática na Escola Superior de Córdoba.[2]

Comezou a súa actividade teatral en 1965, sendo cofundador das compañías teatrais Teatro Zoo de Madrid (1970-1977), Teatro Andrómena de Santiago de Compostela (1979), Teatro do Estaribel, Cooperativa Teatral Galega (1980-1981), da produtora de cine, vídeo e teatro Produccións do Noroeste (1986-1991), e da compañía de teatro Teatro do Noroeste coa actriz Luma Gómez (1987).[2]

En 1984 elaborou, a instancias da Dirección Xeral de Cultura da Xunta de Galicia, un proxecto de Centro Dramático para Galicia, sendo posteriormente encargado de levalo á práctica, creándose así o Centro Dramático Galego do que foi primeiro director. En 1985 foi nomeado polo Ministro de Cultura, membro do Consello Nacional de Teatro. En 1987 elabora, encargado pola Consellería de Cultura e Benestar Social, un proxecto de Instituto Galego das Artes do Espectáculo, organismo para a potenciación en Galicia do cine, o teatro, a danza e as artes audiovisuais. Ten publicados varios traballos teóricos relacionados coas representación teatrais.[2]

Traduciu Monólogos da cociña (2005).[3] Tamén colaborou no libro Shakespeare and Spain (2002), The Edwin Meller Press, facéndose cargo do apartado: "Some Galician Stagings Based on Shakespeare's Plays".

Forma parte do Consello da Cultura Galega.

Obra editar

  • Niños, no hacer trampas (1968, estreada en 1971)
  • Mac y Marjorit (1968, estreada en 1970)
  • Sin título, sin autor (El poema del niño) (1969, estreada en 1970)
  • La Máquina que sabía hacer actores (1977). Infantil.
  • Xan, O Perruzo (1981)
  • Atlántico (escrita en 1982).
  • O país acuático (2000). Infantil
  • Alta Comedia (2001)
  • As damas de Ferrol (2002)
  • Ensaio (2004)
  • Confesión (2005)
  • Mort sobrada (2005)
  • Imperial. Café Cantante, Vigo 1936 (2006)
  • Extrarradios (Comedia de las mujeres desamparadas) (2008)
  • Glass city. Cidade de cristal (2009)
  • Último cowboy (2011)
  • Linda and Freddy; Linda and Freddy ilusionistas (2013)
  • Palabras malditas (2016)
  • Animais de compañía (2017)
  • Estado de graza (2017)
  • As virxes salvaxes (2020)
  • Gloria nacional (2021)
  • Último verán en Santa Cristina (2022)

Director editar

  • Laudamuco, Señor de ningures (1978)
  • Lenta Raigame (1979)
  • Bailadela da Morte ditosa (1980)
  • Celtas sen filtro (1983)
  • Os Vellos non deben de namorarse (1985)
  • O enfermo imaxinario (1986), de Molière (adaptación en colaboración con Manuel Guede e publicada en 1987 por Edicións Xerais)
  • Xogos de damas (1987)
  • Medea, adaptación xunto a Manuel Guede de textos de Eurípides, Séneca e Anouilh (1988); dirixiu a adaptación feita en 1987 polo Centro Dramático Galego.
  • O Coronel ten a quen lle escribir (1988)
  • Galicia, S.L. (1988)
  • De par en par (1989)
  • As Alegres Casadas (1989), de William Shakespeare (Adaptación en colaboración con Manuel Guede e publicada en 1997 por Edicións Xerais)
  • Rei Lear (1990), de William Shakespeare (adaptación en colaboración con Cándido Pazó, publicada en 1998 por Edicións Xerais)
  • Tagen Ata (1990), sobre un relato de Méndez Ferrín (adaptación en colaboración con Manuel Guede)
  • Os Xustos (1991)
  • Un soño de Verán (1992), de William Shakespeare (adaptación en colaboración con Manuel Guede)
  • Galileo Galilei (1993)
  • A vía láctea (1993)
  • As vodas de Fígaro, tradución e adaptación xunto a Cándido Pazó da obra de Pierre-Augustin de Beaumarchais (1994); dirixiu a adaptación feita en 1994 por Teatro do Noroeste.
  • Historias Peregrinas (1995)
  • Noite de Reis (1996), de William Shakespeare (adaptación en colaboración con Imma António)
  • Unha rosa é unha rosa, unha comedia de medo (1997)
  • El embrujado (1998)
  • A Celestina, comedia dos tolos amores de Calisto e Melibea (2000), de Fernando de Rojas. Tamén adaptación.
  • A Cacatúa verde (2001) de Arthur Schnitzler (adaptación en colaboración con Manuel Guede).
  • As damas de Ferrol (2002)
  • Ensaio (2004)
  • Imperial. Café Cantante, Vigo 1936 (2006). Autoría, dirección e iluminación.
  • Romeo e Xulieta (2007), de William Shakespeare. Dramaturxia, dirección, iluminación.
  • Extrarradios (Comedia de las mujeres desamparadas) (2008)
  • Glass city. Cidade de cristal (2009)
  • Último cowboy (2011)
  • Linda and Freddy; Linda and Freddy ilusionistas (2013)
  • Tixola polo mango, A. Muller, non é para tanto (2013), de Lola Correa
  • La mamma (2014), de Lino Braxe
  • Selección natural (2014), de Lola Correa
  • Palabras malditas (2016)
  • Animais de compañía (2017)
  • Estado de graza (2017)
  • De la avaricia, la lujuria y la muerte; Ligazón. La cabeza del Bautista. La rosa de papel (2018), de Valle-Inclán.
  • As virxes salvaxes (2020)
  • Gloria nacional (2021)
  • Polo de Franco (2021)
  • Último verán en Santa Cristina (2022)

Tamén adaptou:

Iluminador editar

Todos os espectáculos que dirixiu e tamén:

  • Fas e Nefás, de Eduardo Blanco Amor (1999)
  • A Mostra, de Cándido Pazó (1999)
  • Xogos a hora da sesta de Roma Mathieu (2002)
  • Campo Sur (2002)
  • A Comedia do Gurgullo, sobre textos de Plauto (2003)
  • A Paz do Crepúsculo, de Itziar Pascual (2003)
  • As Laranxas máis laranxas de todas as laranxas, de Carlos Casares (2004)
  • García, de Cándido Pazó (2005)
  • Merda, de Ricardo de Barreiro, Rafael G. García e Xavier Estévez (2005)
  • La naturaleza del animal, de Marcelo Marán (2005)
  • Perón-Perón (2007)
  • Aeroplanos (2008), de Carlos Gorostiza
  • Náufragos (2008), de André Roussin
  • Limpeza de sangue (2010)
  • Cyrano (2014), de Edmon Rostand

Premios editar

  • 1981: O espectáculo “Bailadela da Morte ditosa” obtivo unha mención honorífica con categoría de premio nos Premios da Crítica Galega.
  • 1981: Xan, O Perruzo, premio do Ministerio de Cultura para axuda ós xoves autores.
  • 1984: Premio "I Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia" polo seu labor especial a prol do teatro galego. 1992: Premio á mellor iluminación teatral polo espectáculo teatral “Os Sustos” de Albert Camus
  • 1997: Premio María Casares á mellor iluminación teatral polo espectáculo teatral “Noite de Reis” de William Shakespeare.
  • 2010: Premio Cultura Galega das Artes Escénicas.
  • 2017: Premio de honra Marisa Soto concedido pola Asociación de actores e actrices de Galicia a toda a súa carreira.[1]
  • 2023: A MIT outorga a Luis Álvarez Pousa e Eduardo Alonso o Premio de Honra Roberto Vidal Bolaño.[4]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Eduardo Vicente Alonso Rodríguez". www.academiagalegadeteatro.gal. Consultado o 2023-06-17. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Eduardo Alonso Rodríguez Galegos Gallegos". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 2023-06-17. 
  3. "Eduardo Alonso: Eduardo Alonso Rodríguez CDAEM, Teatro Español". www.teatro.es (en castelán). Consultado o 2023-06-17. 
  4. culturagalega.org (2023-06-15). "Recoñece o papel clave que xogaron na creación das bases para o teatro profesional galego". culturagalega.org (en castelán). Consultado o 2023-06-17. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar