Ducado de Benevento

(Redirección desde «Duque de Benevento»)

O Ducado de Benevento foi o territorio longobardo situado máis ao sur na Italia medieval. Centrábase na cidade de Benevento. Foi na práctica un territorio independente do Reino dos Longobardos, agás nos reinados de Grimoaldo ata Liutprando.

O Ducado de Benevento

editar
 
Moeda longobarda (sólido) a nome de Godescalco de Benevento (740-743),

O ducado foi fundado o 576, a pesar de que segundo outras fontes os longobardos poderían ter chegado sobre o 590. O primeiro duque foi Zotto e a pesar de que eventualmente rendeu submisión aos estados do norte, foi sucedido polo seu sobriño Arechis, e o cargo volveuse hereditario.

Nos seus primeiros anos, o ducado expendeuse territorialmente sobre as posesións do Imperio Bizantino, capturando Capua e Crotona, a pesar de que non logrou facerse con Nápoles. O duque de Benevento, Grimoaldo, fíxose o 662 co trono do reino longobardo iniciado unha breve dinastía beneventana ao reino. O 663 a cidade foi sitiada polos bizantinos do emperador Constante II pero foi defendida polo fillo do rei, o duque Romualdo I que ademais logrou destruír a frota bizantina. O ano 680 ambos asinaron un tratado de paz. O principal inimigo entón foi o propio reino dos Longobardos do norte. Liutprando interveu a miúdo no ducado do sur para impoñer os seus candidatos a duque. O ano 758 o ducado foi brevemente tomado por Desiderio de Istria, pero a conquista do reino longobardo por parte de Carlomagno o 774 puxo fin definitivamente a estas disputas.

De ducado a principado

editar
 
Moeda longobarda (tremissis) a nome de Arechis II (774-787)

Arechis II intentou reclamar para el o título de rei, pero ante o perigo de que iso supuxese a intervención dos francos no seu territorio, optou por autoproclamarse príncipe o ano 787. O 788, os bizantinos atacaron de novo Benevento pero Grimoaldo III rexeitounos, coa axuda dos francos, ao ter aceptado a submisión "nominal" a estes. Pero cando o ducado vivía un dos mellores momentos, dividiuse (839). O príncipe Sicardo foi asasinado e comezou unha guerra civil que levou ao fillo de devandito a proclamarse príncipe de Salerno, mentres o asasino Radelchis se autoproclamou príncipe de Benevento. Ademais, aproveitando a confusión, os líderes locais de Capua autoproclamáronse tamén príncipes de Capua.

A crise agravouse coa aparición dos sarracenos que a miúdo fixeron incursións e saqueos nas costas do sur da Península Itálica. O ano 915, coa batalla de Garigliano os árabes serían expulsados da península por unha coalición cristiá. Ademais, o Imperio Bizantino aproveitouno para reconquistar grandes partes do sur de Italia. A relevancia do principado era cada vez menor, chegando ao punto que Atenulfo I de Capua o conquistou (899), unindo ambos territorios durante case un século. Introduciu o principio dos cogobernantes, ou sexa, o feito de asociar aos propios fillos no goberno do territorio no papel de copríncipes. O duque Pandulfo Testa de Ferro volveuse príncipe de Salerno o 978, unificando así, por pouco tempo, todos os territorios longobardos do sur. Tamén logrou que Benevento fose nomeada arquidiocese. Pouco antes da súa morte (981) logrou que o emperador Odón I lle concedese, tamén, o título de duque de Spoleto. Pero este momento de unidade había durar pouco. O territorio foi dividido entre os fillos do príncipe. Landulfo IV recibiu Benevento-Capua e Pandulfo II recibiu Salerno. Ademais, un sobriño rebelouse e tomou Benevento.

O 1022 o emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico, Henrique II conquistou Capua e Benevento temporalmente. A partir do ano 1047 os normandos tamén se instalaran no territorio. O normando Robert Guiscard capturou a cidade o 1053 e entregouna á soberanía papal. O Papa designou unha serie de príncipes longobardos como gobernantes antes de designar ao propio Guiscard, que era quen ostentaba o poder, o ano 1078. O 1081 o ducado volveu ao poder do Papa e non se nomearon máis duques nin príncipes. O ano 1806, Napoleón, conquistou o territorio e recuperou o título en favor de Charles Maurice de Talleyrand, pero xa non tivo ningún tipo de valor real.

Lista de Duques e Príncipes de Benevento

editar
 
Mapa da Italia bizantina e longobarda.

Duques de Benevento

 
A península italiana polo ano 1000.

Príncipes de Benevento

Príncipes de Benevento baixo soberanía papal

Príncipe de Benevento normando

Príncipe de Benevento baixo Napoleón

Véxase tamén

editar