Abrir o menú principal

Xisulfo II (morto entre o 749 e o 753) foi o terceiro e último duque de Benevento antes da caída do reino longobardo.

Xisulfo II de Benevento
Gisulf II solidus 631607.jpg
Nacementoséculo VIIxuliano
Falecemento749
Ocupaciónaristócrata
PaiRomualdo II de Benevento
FillosLiutprando de Benevento
editar datos en Wikidata ]

traxectoriaEditar

Gobernou a partir do ano 743, cando o rei Liutprando baixou á Italia meridional e eliminou a Godescalco de Benevento, ata a súa morte dez anos despois.

Xisulfo foi o fillo de Romualdo II de Benevento e Gumperga, filla de Aurona, irmá de Liutprando. Como parente do rei, foi apoiado polo poder real, pero ao ser menor de idade, cando morreu o seu pai, Adelais de Benevento logrou usurpar o ducado. Liutprando retirou a Adelais e, colocando a outro sobriño, Gregorio de Benevento no trono, levándose a Xisulfo de volta consigo para que medrase no palacio real de Pavía.

O ano 744, Xisulfo fixo unha doazón de terras á abadía de Montecassino a cal se había converter na base da Terra Sancti Benedicti.

As xentes do Benevento (ou Samnitas) permaneceron fieis a Xisulfo e a dinastía do seu pai porén, e cando, trala morte de Gregorio, Godescalco usurpou o trono ducal, a xente alzouse e asasinouno, permitindo que Liutprando colocase ao xa adulto Xisulfo no poder.

Véxase taménEditar