Desiderio

(Redirección desde «Desiderio de Istria»)

Desiderio de Lombardía, nado cara ao 710 en Brescia e finado cara ao 786 en Liexa, foi un duque longobardo de Tuscia, cualificado igualmente por veces como «duque de Istria», é o derradeiro rei dos longobardos de Italia (757774).

Desiderio
Nacementoc. 710
Lugar de nacementoBrescia
Falecementoc. 786
Lugar de falecementoLiexa e Corbie
Relixióncatolicismo
Ocupaciónmonarca
PaiErmenulph (?)
CónxuxeAnsa
FillosAnselperga, Adelperga da Lombardia, Liutberga da Lombardia, Desiderata, Adelchis e Gerberge de Lombardia
Na rede
WikiTree: Lombardia-9
editar datos en Wikidata ]
Moeda longobarta (tremissis) cuñada a nome de Desiderio

752-756.

Traxectoria editar

Aistolfo, rei dos longobardos, morreu sen fillos, Desiderio xuntou un axército e forzou a Ratchis, irmán de Aistolfo, a lle ceder os seus dereitos, 757. Logo atacou ao Papa Estevo II; pero foi rexeitado por Pipino o Breve. En 770, entregou a súa filla a Carlomagno esperando ter nese príncipe un aliado seguro; pero desde o ano seguinte, tivo que soportar o ver á súa filla repudiada, e en 773 os seus propios estados foron invadidos polo seu xenro, ao que chamara o Papa Adrián I, ameazado polos longobardos. Vencido polos francos de Carlomagno, cercado e preso en Pavia, capital longobarda, capitula en marzo de 774 antes de ser enviado ao mosteiro de Corbia (Picardía actual) ou de Liexa ata o fin dos seus días, se cadra sobre 786.

Xenealoxía editar

Desiderio de Lombardía, casa con Ansia (ou Ansa)

  │
  ├─ Gerberga 
  │  casa en 768 con Carlomán I (cf. Carolinxios)
  │
  ├─ «Desiderada»: repudiada por Carlomagno antes de 771
  │  casa en 770 con Carlomagno (cf. Carolinxios)
  │
  ├─ Adelchis († 788): expulsado de Italia por Carlomagno en 774 ou 775, refúxiase en Bizancio.
  │  
  |_ Liutberga da Lombardía. 
     Casa con Tasilon III de Baviera (cf. Agilolfing)

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Reino longobardo

Segue a:
Ratchis
Desiderio
Precede a:
Conquista carolinxia