Pandulfo IV de Benevento
Pandulfo IV, finado na batalla de Montesarchio o 7 de febreiro de 1074, foi copríncipe de Benevento co seu pai Landulfo VI desde 1056, cando o seu avó Pandulfo III aínda reinaba, ata a súa propia morte en batalla, anterior á do seu pai.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XI |
Morte | 7 de febreiro de 1074 (Gregoriano) |
Causa da morte | morto en combate |
Prince of Benevento (en) | |
Actividade | |
Ocupación | monarca |
Familia | |
Familia | Landulfids (en) |
Pai | Landulfo VI de Benevento |
Parentes | Pandulfo III de Benevento, avó |
Traxectoria
editarProbabelmente en 1059, o vello Pandulfo abdicou e retirouse ao mosteiro de S. Sofia, deixando como príncipes a Landulfo e ao xove Pandulfo. Pandulfo estaba presente probabelmente o 1 de outubro de 1071 na consagración da abadía de Monte Cassino. Non aparece na carta de 12 de agosto de 1073 na que o seu pai xura fidelidade ao papa Gregorio VII. Nese momento, así e todo, Landulfo non volve aparecer nas crónicas e Pandulfo semella que asumiu as principais responsabilidades como príncipe. Pandulfo combateu contra os normandos.