Landulfo III de Benevento
Landulfo III, finado en decembro de 968 ou 969, foi Príncipe de Capua (como Landulfo V) e Benevento desde 959 como copríncipe co seu pai, Landulfo II e irmán Pandulfo Testa de Ferro, e desde 961 só co seu irmán. A súa nai foi Yvantia.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século X |
Morte | década de 960 |
Outro | |
Título | Prince of Capua (en) (959–968) Príncipe de Benevento (959–968) |
Familia | Landulfids (en) |
Cónxuxe | Gaitelgrima de Avellino |
Fillos | Pandulfo II de Benevento, Landulf VII of Capua |
Pais | Landulfo II de Benevento e Wanzia |
Irmáns | Pandulfo I de Benevento |
Traxectoria
editarEn 961, morreu Landulfo II e Landulfo e o seu irmán convertéronse en príncipes en solitario, pero Pandulfo o vello era con moito o máis dominante. O Chronicum Salernitanum afirma a correxencia, con todo, e o principio de indivisibilidade da unión Capua-Benevento como a declarara Atenulfo I en 900, cando di Beneventanorum principatum eius filii Pandolfum et Landulfum bifarie regebant . . . communi indivisoque iure, isto é, "O principado de Benevento era rexido conxuntamente por Pandulfo e Landulfo baixo unha xurisdición común indivisible". Con todo, este sistema co tempo caeu e Pandulfo gobernou en Capua mentres Landulfo o facía en Benevento.
En 967, o emperador Odón I baixou a Roma e encargou a Pandulfo que proseguise a guerra contra o Imperio Bizantino en Apulia. Landulfo tomou parte na subsecuente campaña de 968, pero tivo que se retirar enfermo e morreu en Benevento deixando dous fillos: Pandulfo e Landulfo. O Chronicum di que Landulfo tenuit principatum una cum suo germanus annos octo, isto é, " mantivo o principado xunto co seu irmán oito anos". Pandulfo, con todo, expulsou os seus sobriños do seu patrimonio, converteuse en príncipe único. Ambos fillos de Landulfo habíanse converter en príncipes de Benevento.