Arechis II de Benevento

Arechis II (? - 26 de agosto de 787) foi duque de Benevento do 758 ao 774, e despois príncipe da mesma cidade do 774 ata a súa morte. Desde 774 afincouse en Salerno no pazo que construíu, creando o que se había de converter no 839 no Principado de Salerno.

Arechis II de Benevento
Arichis II tremissis 74000877.jpg
Nacemento734
Falecemento26 de agosto de 787 e 787
Lugar de falecementoSalerno
Ocupaciónpolítico
PaiLiutprando de Benevento
CónxuxeAdelperga da Lombardia
FillosGisulf von Benevent, Theoderada von Benevent, Romuald von Benevent, Grimoaldo III de Benevento e Adelchisa von Benevent
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Nobre longobardo, de orixe probabelmente beneventana, Arechis casou con Adelperga, filla do rei Desiderio e foi nomeado polo seu sogro duque de Benevento no 758, no lugar do rebelde Liutprando. Tras a vitoria de Carlomagno no 774 e o fin da "Longobardia Maior", Arechis tomou o título de "princeps" converténdose en herdeiro das tradicións, da cultura e da identidade nacional do propio pobo.

A súa actividade política virouse cara a independencia do seu dominio: prestou formal obediencia a Carlomagno sen aceptar ligazóns de vasalaxe, non buscou o conflito aberto co papado, manifestou un comportamento amigábel canto aos bizantinos. Fundador da basílica beneventana de Santa Sofia e promotor de inxentes iniciativas urbanísticas, Arechis II foi un protector de homes de cultura, entre eles o seu irmán Paulo Diácono, así como benfeitor de numerosos mosteiros.

O refinamento de inspiración grega da corte beneventana testemuña un florecemento económico do principado, mentres o códice lexislativo emanado de Arechis II testemuña a súa preparación xurídica. Morreu o 26 agosto de 787, poucos días antes do desembarco en Lucania de embaixadores bizantinos encargados polo imperio de establecer co príncipe unha alianza formal.

Ducado de Benevento

Segue a:
Liutprando de Benevento
Arechis II de Benevento
Precede a:
-
-
Principado de Benevento

Segue a:
-
Arechis II de Benevento
Precede a:
Grimoaldo III de Benevento
-