Dua Lipa

cantante e compositora británica

Dua Lipa, nada en Londres, Inglaterra, o 22 de agosto de 1995, é unha cantante, compositora e modelo británica de orixe albanokosovar. A súa carreira musical iniciouse aos 14 anos, cando comezou a versionar cancións doutros artistas en YouTube. En 2015 asinou coa discográfica Warner Music Group e aos 20 anos lanzou o seu primeiro sinxelo «New Love», seguido polo exitoso «Be the One».

Modelo:BiografíaDua Lipa

(2024) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento22 de agosto de 1995 Editar o valor en Wikidata (29 anos)
Westminster, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
ResidenciaBeverly Hills (2019–)
Pristina (2006–2010)
West Hampstead (1995–2018) Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoAlbaneses de Kosovo Editar o valor en Wikidata
Ideoloxía políticaPartido Laborista e Partido Demócrata Editar o valor en Wikidata
EducaciónFitzjohn's Primary School (en) Traducir
Mileniumi i Tretë School (en) Traducir
escola Sylvia Young de teatro
Parliament Hill School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura173 cm Editar o valor en Wikidata
Cor dos ollosCastaño Editar o valor en Wikidata
Cor do peloCastaño escuro Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoCanto, songwriting (en) Traducir, modelaxe, Deseño de moda, Podcast, Actuación, música pop e música popular Editar o valor en Wikidata
Ocupación
Período de actividade2014 Editar o valor en Wikidata -
Xénero artísticoMúsica pop, Post-disco, house, Funktronica (pt) Traducir, indie pop, Dream pop e Synthpop Editar o valor en Wikidata
MovementoFeminismo, movimento LGBT (pt) Traducir, Black Lives Matter e pró-escolha (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Influencias
TesituraMezzosoprano Editar o valor en Wikidata

InstrumentoVoz Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoAtlantic Records
Vertigo
Urban (pt) Traducir
Warner Records (2014–) Editar o valor en Wikidata
MecenasPUMA (2020–)
Evian (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
ParellaCallum Turner (2024–)
Romain Gavras (2023–2023)
Anwar Hadid (2019–2021)
Isaac Carew (2018–2019)
Paul Klein (2017–2018)
Isaac Carew (2013–2017) Editar o valor en Wikidata
PaisDukagjin Lipa Editar o valor en Wikidata  e Anesa Lipa Editar o valor en Wikidata
IrmánsRina Lipa
Gjin Lipa Editar o valor en Wikidata
ParentesSeit Lipa, avó paterno Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
Sunny Hill Festival (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Páxina webdualipa.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm7645984 Allocine: 925386 Rottentomatoes: celebrity/dua_lipa Metacritic: person/dua-lipa TV.com: people/dua-lipa
Facebook: DuaLipa Twitter: dualipa Instagram: dualipa VK: dualipa MySpace: dua.lipa Snapchat: duasnaps Youtube: UC-J-KZfRV8c13fOCkhXdLiQ TikTok: dualipaofficial Souncloud: dualipa Spotify: 6M2wZ9GZgrQXHCFfjv46we iTunes: 1031397873 Last fm: Dua+Lipa Musicbrainz: 6f1a58bf-9b1b-49cf-a44a-6cefad7ae04f Songkick: 8310783 Discogs: 4357593 Allmusic: mn0003426731 Deezer: 8706544 Genius: Dua-lipa Editar o valor en Wikidata

En xaneiro de 2017, Dua Lipa gañou o premio á elección pública EBBA.[1] O seu homónimo álbum de estudio debut lanzouse o 2 de xuño de 2017. O álbum xerou sete sinxelos, incluídos dous top 10 do Reino Unido «Be the One» e «IDGAF» e o sinxelo número un do Reino Unido «New Rules», que tamén alcanzou o número seis nos Estados Unidos.

En febreiro de 2018, Dua Lipa gañou dous premios Brit a solista británica e á maior irrupción musical británica. En abril, o sinxelo «One Kiss» de Dua Lipa e Calvin Harris alcanzou o número un no UK Singles Chart.

En febreiro do 2019, foi galardoada como «mellor artista novo» polos Premios Grammy, e a súa colaboración en «Electricity» con Mark Ronson e Dj Diplo recibiu o galardón de «mellor gravación de Dance».

Biografía

editar

Infancia

editar

Dua Lipa naceu o 22 de agosto de 1995 en Londres, sendo a primeira filla dun matrimonio de refuxiados albanokosovares, Dukagjin e Anesa Lipa (de solteira Rexha) de Pristina, quen se trasladaron ao Reino Unido e establecéronse na capital británica en 1992, pola época en que tiveron lugar os sucesos de Saraxevo durante a guerra de Bosnia, un territorio que constituía a antiga Iugoslavia, do cal era orixinaria a súa avoa materna, que foi unha das causas que suscitaron a súa emigración, ademais do interese dos seus pais por culminar os seus estudos.[2][3][4][5]

Á súa chegada a Inglaterra, Dukagjin conseguiu emprego nunha compañía produtora de festivais de música, como o de Glastonbury e o de Reading, que lle permitiu realizar os seus estudos de márketing na Chartered Institute of Marketing (CIM).[6] Pola súa banda, Anesa especializouse en turismo, e do seu matrimonio con Dukagjin, naceron dous nenos máis: Rina, en maio de 2001, e Gjin, en decembro de 2005, quen se criaron xunto coa súa irmá máis vella no noroeste de Londres.[6][7]

Dua Lipa herdou o seu gusto musical do seu pai, quen foi o vocalista e guitarrista da famosa banda de rock kosovar Oda, que se desfixo no ano 1998, logo da publicación do seu último álbum, 1998, aínda que, doce anos máis tarde volveu reunirse durante un curto tempo e alcanzaron a fama novamente grazas a unha versión da canción «Era», orixinal da banda Gjurmët, o seu maior éxito naquela época.[7][8] Dukagjin sempre mantivo o seu interese pola música e adoitaba tocar en casa obras da súa autoría e cancións populares de artistas como David Bowie, Bob Dylan, Radiohead, Sting, The Police e Stereophonics.[8][9][10] Nese ambiente familiar tan favorable á música criouse Lipa e o seu talento musical manifestouse moi cedo.[9] Descubriu novas fontes de inspiración cando obtivo o seu primeiro material discográfico, o disco Whoa, Nelly! de Nelly Furtado e á súa vez mostrou un especial interese por M!ssundaztood de Pink, outra importante inspiración.[11]

Os estudos primarios de Lipa incluíron leccións de música e o instrumento no que aprendeu as súas primeiras nocións musicais foi o violoncelo, polo que se interesou vivamente, aínda que deixou de tocalo pois se lle facía difícil trasladalo a casa debido á súa baixa estatura.[12] Cando fixo unha audición para ingresar no coro da escola, a súa voz era demasiado baixa para alcanzar as notas altas e o director non permitiu a súa admisión argumentando que as súas capacidades vocais non estaban o suficientemente desenvoltas, o que deixou a Lipa aflixida e insegura do seu talento artístico.[8][12][13] Con todo, perseverou e pouco tempo despois comezou a recibir clases de canto os fins de semana na Escola de Teatro de Sylvia Young en Londres, e realizou grandes progresos en pouco tempo, grazas ao seu profesor Ray, baixo cuxo estímulo recobrou a confianza e foi instrumental en axudala a descubrir as súas aspiracións musicais. Cando tiña once anos, á vez que terminou a escola primaria, mudouse xunto coa súa familia a Pristina, a capital de Kosovo, unha vez lograda a independencia.[7][8][9][13]

Traslado a Kosovo

editar

O seu traslado a Kosovo foi motivado polo destino laboral do seu pai, Dukagjin, un empresario de mercadotecnia, quen pouco tempo despois de establecerse en Pristina, no barrio de Sunny Hill onde crecera, fundou a axencia de comunicacións e mercadotencia Republika, na que ademais exerce como director executivo.[7][14] Lipa asimilou o proceso de mudanza con optimismo e á súa chegada a Kosovo, quedou fascinada co sentido de «seguridade» e «comunidade» que percibía da capital.[7] O proceso de adaptación que desenvolveu tamén foi magnífico e pronto conseguiu sentirse cómoda e feliz na súa nova residencia, pois contaba co apoio de varios coñecidos dos seus pais quen ían frecuentemente a visitalos a Londres xunto cos seus fillos, con quen pediu ir á mesma escola.[7] Lipa tampouco tivo moita dificultade para desenvolverse no idioma local, xa que desde nena falara albanés en casa cos seus pais, aínda que non sabía escribir nin ler con fluidez.[7]

Pola época en que Lipa chegou a Kosovo, coincidiu coa chegada de soados artistas de rap de Norteamérica que visitaban a rexión para realizar espectáculos musicais, así sufriu a influencia profunda neste estilo de música. Ademais, o seu pai estivo involucrado na produción de varios deses concertos por medio do seu traballo para unha axencia de telecomunicacións, polo que tivo a oportunidade de asistir a múltiples presentacións de rapeiros como Method Man & Redman, Snoop Dog e 50 Cent, de quen se mostrou particularmente entusiasta nese entón e describiu a súa actuación como a máis memorable á que asistiu.[15][16] A súa estancia en Kosovo foi decisiva para que tomase conciencia da súa personalidade como cantante e pronto se fixo consciente de que non tiña moitas oportunidades de lanzar unha carreira alí, e que a única forma de alcanzar a fama mundialmente era se volvía a Londres.[7] O seu desexo de regresar ao Reino Unido concretouse grazas á filla duns coñecidos dos seus pais, que ía á capital británica a realizar os seus estudos de posgrao, o que os fixo sentir máis confiados de deixala ir sen a súa compañía.[17]

Regreso a Londres

editar

No seu regreso a Londres, aloxouse no barrio de Kilburn, onde viviu durante algún tempo antes de mudarse ao distrito de Camden, e comezou os seus estudos de secundaria no Colexio Parliament Hill e á súa vez ingresou novamente na Escola de Teatro de Sylvia Young a tempo parcial.[17][18] Lipa ademais compaxinou a súa vocación musical con diversas ocupacións profesionais, traballou como camareira no restaurante mexicano La bodega Negra en Soho, como anfitrioa nun club nocturno en Mayfair e como modelo para o catálogo virtual de ASOS Marketplace, ata que a axencia insistiu en que tiña que perder peso para facer desfiles en pasarela, algo que rexeitou facer.[13][17][18][19][20] Neste período desafortunado da súa vida inspiraríase logo o seu exitoso sinxelo de 2016 «Blow Your Mind (Mwah)».[10][13]

No seu afán de conseguir un representante artístico e alcanzar a fama, á idade de quince anos empezou a publicar en YouTube as súas interpretacións de cancións como «If I Ain't Got You» de Alicia Keys e «Beautiful» de Christina Aguilera, e en 2012, cando tiña dezasete anos, escribiu a súa primeira canción «Lions, Tigers & Bears», inspirada no mago de Oz, que publicou na súa páxina de SoundCloud.[9][13] Os seus vídeos non alcanzaron gran popularidade, pero despois dalgún tempo atraeu a atención de Ben Mawson, un representante de Warner Bros., quen a puxo en contacto cun gran número de produtores, incluíndo Emile Haynie, Andrew Wyatt e Stephen Kozmeniuk, con quen aprendeu o fundamental do oficio de compositor.[17][21] Ao principio, Lipa estaba máis interesada en «descubrir» o seu son que en conseguir un contrato discográfico; quería ter un son como unha mestura entre o rapeiro J. Cole e a cantante pop Nelly Furtado, pero a reacción dos produtores non foi precisamente positiva.[17][22] A primeira canción que Dua Lipa escribiu e axudou a dar sentido a esa «fórmula» foi «Hotter Than Hell», cuxa letra está «inspirada nunha relación tóxica que a fixo sentirse inútil».[17][22] A produción nese momento consistía unicamente no son do piano e o bombo, e encantoulle a «escuridade» da súa melodía, combinada con «refráns pop» e un son «natural de rap nas estrofas».[17][22] Foi grazas a esta canción que obtivo o seu contrato de gravación con Warner Bros., que asinou no verán de 2015, e o seu primeiro sinxelo, «New Love», estreouse a finais de agosto dese mesmo ano e recibiu excelentes críticas, como a recensión que escribiu Lindsey Weber para The Fader na que sostivo que é «sorprendentemente pesado, cun latexado palpitante que subliña a voz de Lipa, que é rouca e madura, como a de Joss Stone ou Lady Gaga».[17][20][23] Con todo, para alcanzar o recoñecemento público foi necesario esperar ao lanzamento do seu seguinte sinxelo, «Be the One».[17]

Dua Lipa (2015-presente)

editar
 
Lipa no SWR3 New Pop Festival 2016.

Aínda que os seus inicios non foron os máis alentadores con «New Love» en agosto de 2015, Lipa en outubro publicou o seu seguinte sinxelo, «Be the One», co cal saltou á fama no estranxeiro, pois alcanzou os primeiros postos de popularidade de varios países europeos, incluíndo o número 1 en Bélxica, Polonia e Eslovaquia.[2][17][23][24] Tamén tivo popularidade en Oceanía, especialmente en Australia, onde tivo un éxito enorme na lista musical, tras situarse entre as dez primeiras posicións e como resultado das súas vendas altas foi certificado dobre platino.[23][25][26] Mentres que no Reino Unido foi un éxito dormente até principios de 2017, cando finamente ingresou na lista de sinxelos británica e obtivo o posto 9, o que a converteu na súa primeira canción entre o dez máis populares como artista principal.[27][28] A finais de 2015, cando o seu nome foi incluído na lista de nomeados á BBC Sound of 2016, sinalou un cambio na súa carreira, pois chamara a atención da industria musical británica.[29] Lipa debutou nas salas de concertos da súa patria entre xaneiro e febreiro de 2016, con grande éxito de público e logo actuou por primeira vez nos Estados Unidos no festival SXSW que tivo lugar en abril, mes no que contou cun despregamento publicitario enorme nos medios de comunicación por parte da canle de televisión MTV, que máis tarde lle valeu o seu primeiro nomeamento aos MTV European Music Awards 2016 como mellor artista push.[30][31][32]

Con certa notoriedade no Reino Unido, a inicios de maio de 2016, lanzou «Hotter than Hell» e pasou a ser o seu primeiro éxito na lista de sinxelos británica, onde se situou na posición número 15 e figurou como unha das cancións máis populares do verán de 2016.[17][33][34][35] A obra tamén foi un rotundo éxito comercial e recibiu a certificación de ouro da BPI. Ademais, foi acollida con entusiasmo polos críticos, como Brennan Carley, da revista Spin, quen sostivo que «sempre hai un suspiro de alivio cada vez que unha nova estrela pop comeza a subir nas listas» e eloxiou a «Hotter than Hell» como «un dos momentos pop máis brillantes de 2016».[36] De forma similar a «Be the One», «Hotter than Hell» alcanzou popularidade en Europa e no continente oceánico foi especialmente destacable na listaxe de sinxelos de Australia, no que ingresou na posición número dezasete e tivo excelentes resultados comerciais, o que lle valeu a certificación de ouro.[25][26][37] Logo de realizar múltiples concertos polo seu país, incluíndo dúas presentacións no festival de Glastonbury en xuño, levou a cabo a súa primeira xira polo territorio australiano en xullo con dous espectáculos, un en Sydney e outro en Melbourne.[33][38] Máis tarde, o 8 de agosto, celebrou un concerto benéfico en Pristina, capital de Kosovo, para recadar fondos para a súa fundación, Sunny Hill, cuxo propósito é promover a igualdade social e apoiar aos mozos con aspiracións artísticas. O espectáculo foi un auténtico acontecemento nacional con máis de dezaoito mil asistentes.[18][39][40]

 
Lipa nun concerto nos Ánxeles en marzo de 2017, como parte da súa primeira xira polos Estados Unidos.

Antes da estrea do seu quinto sinxelo, «Blow Your Mind (Mwah)», a finais de agosto de 2016, Lipa fixo o seu debut na televisión estadounidense cunha presentación de «Hotter than Hell» no programa da NBC The Tonight Show Starring Jimmy Fallon, descrita por Rachel Sonis de Idolator como unha «actuación ardente», nada mal «para alguén que acaba de facer o seu debut na televisión», e afirmou logo que o seu sinxelo «Blow Your Mind (Mwah)» ten un son «enérxico» e que era «unha canción perfecta para servir como o seu primeiro sinxelo oficial nos Estados Unidos».[41][42][43] Como sinalou certeiramente Sonis na súa recensión, «Blow Your Mind (Mwah)» converteuse na primeira canción de Dua Lipa que alcanzou popularidade nos Estados Unidos e ingresou na lista de éxitos musicais Billboard Hot 100, ademais de encabezar a listaxe Dance Club Songs.[9][24][44] A canción, que fala sobre a autoaceptación sen considerar «axustarse a certos criterios» para encaixar na sociedade, en alusión á súa experiencia cando traballaba como modelo, tamén tivo unha boa acollida polo público británico e situouse entre as corenta primeiras posicións da listaxe de sinxelos.[10][23][45] Cun enorme éxito de público, Lipa realizou a súa xira «Hotter than Hell tour» no mes de outubro por varias cidades europeas como Dublín, Londres, Ámsterdam, Berlín, Milán e Bruxelas.[46][47] O crítico belga Sasha Van der Speeten do xornal De Morgen escribiu que, no concerto que levou a cabo nesta última cidade, o público estaba tan eufórico que parecía unha presentación de Rihanna.[48] Despois de concluída a súa xira por Europa, marchou a América do Norte para actuar como abreconcertos de Troye Sivan na «Suburbia Tour» en novembro.[49] Para finais de 2016 o éxito das súas obras, tanto no estranxeiro como na súa patria, consagrárana como unha das artistas novas máis destacadas da época xunto con Anne-Marie e Rag'n'Bone Man, e valeulle un nomeamento á elección dos críticos nos Premios Brit de 2017, onde resultou gañadora deste último.[50] No entanto, foi recoñecida tamén co premio European Border Breakers (EBBA) e o Premio do Público, polo seu éxito nos mercados exteriores.[51] Ademais, recibiu o galardón a mellor artista revelación da revista británica NME en febreiro de 2017, nos tempos en que deu inicio á súa primeira xira por Norteamérica, que na súa maioría tivo unha excelente acollida do público.[52][53][54] A xira continuou con actuacións non menos espléndidas por Europa no mes de abril, antes do lanzamento do seu primeiro álbum.[2][40][55]

 
Lipa no Hollywood Palladium en febreiro de 2018

A súa voz privilexiada e carisma captaron o interese do cantante xamaicano Sean Paul, quen a convidou a participar como vocalista na súa canción «No Lie», cuxo lanzamento tivo lugar en novembro de 2016.[56][57] En xeral, comezou a gañar popularidade na maioría das clasificacións musicais de distintos países a principios de 2017, como suecedeu coa lista de sinxelos británica, onde entrou na décima posición.[58] A súa seguinte colaboración, «Scared to Be Lonely», de Martin Garrix, estreada o 27 de xaneiro de 2017, inspírase nunha relación amorosa na que ambas as persoas se preocupan sinceiramente polo outro.[59] A obra foi outro éxito rotundo en vendas e entrou nas listas de popularidades de Australia e o Reino Unido.[60][61][62] «Scared to Be Lonely» tamén tivo unha boa acollida polo público estadounidense e pasou a ser o seu segundo éxito na lista Hot 100 de Billboard, cuxa reporteira Kat Bein, deu unha crítica favorable na que relatou que «comeza con cordas fantasmagóricas e electrónicas antes de que a forte voz de Lipa che agarre da orella.[44] A percusión escasa conduce lixeiramente a melodía cara ao gancho simple, pero maxestoso».[63] O lanzamento de «Scared to Be Lonely» seguiu á posta á venda do seu sinxelo «Lost in Your Light» coa participación vocal de Miguel en abril, o cal tivo pouca resoancia.[64]

O álbum debut e homónimo de Lipa, descrito como unha obra «moi diversa», inspirado principalmente pola «tristeza» e o «pop escuro», lanzouse o 2 de xuño de 2017.[65] Tras a súa publicación, o álbum Dua Lipa entrou no número cinco na lista de álbums británica, ademais de alcanzar os primeiros trinta postos en Bélxica, Alemaña, os Países Baixos, Irlanda, España, Nova Zelandia e Australia.[66][67] En xeral, recibiu críticas favorables e o xornalista Alex Green, da revista Clash, chamouno un álbum cheo de «confianza» e destacou a «calidade emotiva das súas letras».[68] Lipa promocionouno a través de concertos polo Reino Unido en múltiples festivais de música durante o verán a finais de ano e ademais levou a cabo unha xira de vinte presentacións por nove países europeos.[69] Tamén foi abreconcertos nas actuacións de Bruno Mars na súa xira de concertos «24K Magic World Tour» por varias cidades estadounidenses en setembro de 2017 e por Oceanía entre febreiro e marzo de 2018.[18][70] Tamén estivo na Arxentina como abreconcertos de Coldplay o 14 e 15 de novembro no Estadio Ciudad de La Plata e ademais tivo o seu propio espectáculo o 13 de novembro no Teatro Vorterix. Foi a encargada de abrir a final da Champions League o 26 de maio do 2018 cando se enfrontaron o equipo do Liverpool e o Real Madrid, interpretando algunhas das súas populares cancións como «New Rules». O 24 de xaneiro de 2019 Lipa publicou «Swan Song» producida por MNEK e Junkie XL para a BSO da película de James Cameron, Alita: Battle Angel.

Influencias musicais

editar

A pesar de crecer escoitando as obras de artistas como David Bowie e Bob Dylan que o seu pai tocaba na súa casa, afirma que Nelly Furtado e Pink son algunhas das súas maiores inspiracións musicais, das que se afeccionou profundamente cando era tan só unha nena.[10][11] Whoa!, de Nelly Furtado e M!ssundaztood, de Pink foron os dous primeiros álbums que obtivo e ao principio encantábanlle porque eran «divertidos para cantar»,aínda que recentemente, nunha entrevista que concedeu a RPass Live, revelou que como un ritual, ela e a súa banda sempre escoitan a Katy Perry e Kendrick Lamar, antes de subir a un escenario, onde «Last Friday Night (T.G.I.F.)», «Teenage Dream» e «California Girls» son as cancións de Katy que frecuentemente escoita, ademais de «Humble» e «DNA» de Kendrick; e indicou que mentres crecía, comezou a prestar moita máis atención ás letras das cancións e estas comezaron a ter máis importancia para ela.[11][71]

Logo na súa adolescencia, durante a súa estancia en Kosovo, comezou a inspirarse na música rap, e considérase unha gran entusiasta de J. Cole, Kendrick Lamar, Chance the Rapper e Schoolboy Q.[11][22]

Vida persoal

editar

Lipa e o seu pai Dukagjin crearon en 2016 a Sunny Hill Foundation, destinada a recadar fondos para axudar a persoas con problemas económicos en Kosovo, con sede en Pristina.[72]

Relacións

editar

Lipa mantivo unha relación co cociñeiro e modelo inglés Isaac Carew desde 2014 até 2016. Máis tarde en 2017 foi noiva do cantante de LANY e modelo estadounidense Paul Klein pero a súa relación terminou a mediados do mesmo ano. En xaneiro de 2018, retomou a relación con Carew.[73]

Discografía

editar

Álbums de estudio

Sinxelos

Xiras musicais

editar
Anfitrioa
  • «Hotter Than Hell Tour» (2016)
  • «US and Europe Tour» (2017)
  • «The Self-Titled Tour» (2017-18)
Abreconcertos
  • «Suburbia Tour» (2016) – Troye Sivan
  • «24K Magic World Tour» (2018) – Bruno Mars
  • «A Head Full of Dreams Tour» (a Arxentina e o Brasil 2017) – Coldplay

Premios e nomeamentos

editar

GRAMMY Awards

editar
Ano Nomeado/a Galardón Resultado Ref.
2019 Electricity Mellor Gravación Dance Gañadora
Dua Lipa Mellor Artista Novo Gañadora

ASCAP Awards

editar
Ano Nomeado/a Galardón Resultado Ref.
2017 Dua Lipa Vanguard Award Gañadora

Brit Awards

editar
Ano Nomeado/a Galardón Resultado Ref.
2017 Dua Lipa Critics' Choice Nomeada

BBC Radio 1's Teen Awards

editar
Ano Nomeado/a Galardón Resultado Ref.
2017 New Rules Mellor single Gañadora
Dua Lipa Mellor solista británico Nomeada

BBC Sound of...

editar
Ano Nomeado/a Galardón Resultado Ref.
2016 Dua Lipa Sound of 2016 Nomeada

European Border Breakers Awards

editar
Ano Nomeado/a Galardón Resultado Ref.
2017 Dua Lipa Artista emerxente Gañadora [74]
Public Choice Award Gañadora

MTV Europe Music Awards

editar
Ano Nomeado/a Galardón Resultado Ref.
2016 Dua Lipa Mellor artista push Nomeada
2017 Mellor artista novo Gañadora
Mellor look Nomeada
Mellor artista británico Nomeada

NME Awards

editar
Ano Nomeado/a Galardón Resultado Ref.
2017 Dua Lipa Mellor artista novo Gañadora [75]
Mellor artista británica feminina Nomeada

VEVO Certified

editar
Ano Nomeado/a Galardón Resultado Ref.
2015 Be the One 100 Millóns de visualizacións Gañador
2016 Blow Your Mind (Mwah) Gañador
2017 Scared To Be Lonely Gañador
Non Lie Gañador
New Rules Gañador
  1. Legrand, Emmanuel (12 de xaneiro de 2017). "Dua Lipa scoops Public Choice Award at the EBBAs". musicweek.com (en inglés). Consultado o 21 de maio de 2019. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Kavanagh, Joanne (3 de maio de 2017). "Duho is Dua Lipa, when is her new album out and when are her UK tour dates? – All you need to know". thesun.co.uk (en inglés). Consultado o 13 de xuño de 2017. 
  3. "Nëna e Dua Lipës një zonjë e vërtetë". kosovarja-ks.com (en albanés). 23 de xullo de 2016. Arquivado dende o orixinal o 24 de novembro de 2016. Consultado o 23 de novembro de 2016. 
  4. Savage, Mark (9 de febreiro de 2016). "Dua Lipa: A pop star in waiting". bbc.com (en inglés). Consultado o 7 de maio de 2016. 
  5. Lester, Paul (1 de xaneiro de 2016). "Shake it up: the future female pop stars of 2016". theguardian.com (en inglés). Consultado o 7 de maio de 2016. 
  6. 6,0 6,1 Bajraktari, Behare (20 de xaneiro de 2011). "“Era” dhe “ODA”: Rikthim, sukses, pasion!". telegrafi.com (en albanés). Consultado o 8 de maio de 2017. 
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 7,4 7,5 7,6 7,7 Nash, Ed (8 de novembro de 2016). "A Tale of Two Cities: Dua Lipa". thelineofbestfit.com (en inglés). Consultado o 8 de maio de 2017. 
  8. 8,0 8,1 8,2 8,3 Davidson, Amy (11 de decembro de 2015). "Meet your new favourite popstar Dua Lipa - just don't call her the new Lana Del Rey". digitalspy.com (en inglés). Consultado o 28 de maio de 2017. 
  9. 9,0 9,1 9,2 9,3 9,4 Peoples, Lindsay (27 de abril de 2017). "Dua Lipa Is the Anti–Pop Star". nymag.com (en inglés). Consultado o 24 de maio de 2017. 
  10. 10,0 10,1 10,2 10,3 Marsh, Ariana (12 de setembro de 2016). "Dua Lipa’s “Blow Your Mind (Mwah)” Music Video Is Here — and It Does Not Disappoint". teenvogue.com (en inglés). Consultado o 31 de maio de 2017. 
  11. 11,0 11,1 11,2 11,3 Fraser, Holly (26 de outubro de 2016). «Dua Lipa on Falling in Love With Music and Growing Up Fast». Arquivado 29 de xullo de 2018 en Wayback Machine. Hunger (en inglés). Consultado o 21 de maio de 2017. 
  12. 12,0 12,1 Savage, Mark (6 de febreiro de 2016). "Dua Lipa: A pop star in waiting". bbc.com (en inglés). Consultado o 25 de maio de 2017. 
  13. 13,0 13,1 13,2 13,3 13,4 Pareles, Jon (31 de maio de 2017). "Dua Lipa Was Raised on Pop Bangers. Now She Writes Them.". nytimes.com (en inglés). Consultado o 31 de maio de 2017. 
  14. "Republika | Marketing Communications Agency". Consultado o 21 de noviembre de 2016. We are REPUBLIKA - Prishtina based Creative Communications Agency established in February 2008 
  15. Jardine, Jessica Jean J (6 de xuño de 2017). "Dua Lipa is on the rise". papermag.com (en inglés). Consultado o 6 de xuño de 2017. 
  16. Harris,, Kristin (8 de marzo de 2017). "27 Things We Learned On Set With Dua Lipa". buzzfeed.com (en inglés). Consultado o 13 de xuño de 2017. 
  17. 17,00 17,01 17,02 17,03 17,04 17,05 17,06 17,07 17,08 17,09 17,10 Smyth, David (29 de xullo de 2016). "Dua Lipa talks about her teen years in Kosovo and why it's tough for new music artists to break through". standard.co.uk (en inglés). Consultado o 24 de marzo de 2017. 
  18. 18,0 18,1 18,2 18,3 Collins, Simon (29 de maio de 2017). "From Kosovo to the world, Dua Lipa is on the rise". thewest.com.au (en inglés). Consultado o 11 de xuño de 2017. 
  19. Lester, Paul (1 de xaneiro de 2016). "Shake it up: the future female pop stars of 2016". theguardian.com (en inglés). Consultado o 24 de maio de 2016. 
  20. 20,0 20,1 Weber, Lindsey (9 de decembro de 2015). "Meet Dua Lipa, A Restless Spirit With A Mighty Big Voice". thefader.com (en inglés). Consultado o 20 de maio de 2017. 
  21. Sagal, Mohammed (7 de xuñode 2017). "11 things you need to know about Dua Lipa". glamourmagazine.co.uk (en inglés). Consultado o 7 de xuño de 2017. 
  22. 22,0 22,1 22,2 22,3 Martin, Felicity (3 de febreiro de 2017). "The Realest It Gets: Dua Lipa". clashmusic.com (en inglés). Consultado o 19 de maio de 2017. 
  23. 23,0 23,1 23,2 23,3 Ingham, Tim (17 de febreiro de 2017). "‘Dua Lipa is a musican with a lot to say. Her album will show the breadth of her personality.’". musicbusinessworldwide.com (en inglés). Consultado o 18 de febreiro de 2017. 
  24. 24,0 24,1 William Lee Adams (2 de marzo de 2017). "'Dark Pop' Purveyor Dua Lipa on Rejecting Modeling & Hitting the Strip Club With Troye Sivan". billboard.com (en inglés). Consultado o 29 de maio de 2017. 
  25. 25,0 25,1 Ryan, Gavin (19 de setembro de 2016). "ARIA Singles: The Chainsmokers Spends Sixth Week At No 1". noise11.com (en inglés). Consultado o 27 de setembro de 2016. 
  26. 26,0 26,1 "ARIA Charts - Accreditations - 2016 Singles". aria.com.au (en inglés). ARIA Charts. 2016. Consultado o 30 de maio de 2017. 
  27. Copsey, Rob (6 de febreiro de 2017). "Dua Lipa interview: "Things couldn't be going any better right now"". officialcharts.com (en inglés). Consultado o 29 de maio de 2017. Be The One has really taken off now, which must be nice, because when you first released it back in 2015 it sort of slipped under the radar in the UK... 
  28. McIntyre, Hugh (11 de febreiro de 2017). "Dua Lipa Scores Another Top 10 Hit In The U.K., While Ed Sheeran Leads For A Fifth Week". forbes.com (en inglés). Consultado o 29 de maio de 2017. 
  29. Garvan, Sinead (30 de novembro de 2015). "Sound Of 2016: All about the music stars you'll be loving in 2016". bbc.co.uk (en inglés). BBC. Consultado o 26 de xullo de 2016. 
  30. Lipshutz, Jason (4 de marzo de 2016). "Dua Lipa interview: 5 things you need to know about the rising pop star". fuse.tv (en inglés). Consultado o 28 de setembro de 2016. 
  31. Pell, Mikr (4 de abril de 2016). "Dua Lipa is the definition of on fire in this live performance of 'Be the One'". mtv.co.uk (en inglés). Consultado o 29 de maio de 2017. 
  32. Lewis, Rebecca (27 de setembro de 2016). "The 2016 MTV EMA nominations are in and it’s good news for Beyonce and Justin Bieber". metro.co.uk (en inglés). Consultado o 29 de maio de 2017. 
  33. 33,0 33,1 "Dua Lipa’s new ‘Hotter Than Hell’ single is huge". diymag.com (en inglés). 6 de maio de 2016. Consultado o 29 de maio de 2017. 
  34. White, Jack (30 de xuño de 2016). "Drake tightens his grip on the Official Singles Chart with TWO Top 3 singles". officialcharts.com (en inglés). Consultado o 29 de maio de 2017. 
  35. Copsey, Rob (31 de agosto de 2016). "The Official Top 40 Biggest Songs of Summer 2016 revealed". officialcharts.com (en inglés). Consultado o 27 de setembro de 2016. 
  36. Carley, Brennan (6 de maio de 2016). "Dua Lipa’s ‘Hotter Than Hell’ Is One of 2016’s Brightest-Shining Pop Moments". spin.com (en inglés). Consultado o 29 de maio de 2017. 
  37. Copsey, Rob (25 de xullo de 2016). "Katy Perry scores her fourth Australian Number 1 single with Rise". officialcharts.com (en inglés). Consultado o 30 de maio de 2017. 
  38. "Dua Lipa Announces Headline Aus Shows". themusic.com.au (en inglés). 20 de abril de 2016. Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2020. Consultado o 28 de setembro de 2016. 
  39. "Dua Lipa e gëzuar që është në Prishtinë, pret me padurim koncertin e saj të parë në Kosovë". kosovapress.com (en albanés). 7 de agosto de 2016. Consultado o 4 de xuño de 2017. 
  40. 40,0 40,1 DeSantis, Marissa (2 de marzo de 2017). "Dua Lipa on Her Debut Album and her Foundation in Kosovo". teenvogue.com (en inglés). Consultado o 4 de xuño de 2017. 
  41. Weiss, Dan (3 de agosto de 2016). "Dua Lipa Performed a Sinuous ‘Hotter Than Hell’ on ‘Fallon’". spin.com (en inglés). Consultado o 15 de agosto de 2016. 
  42. Sonis, Rachel (3 de agosto de 2016). "Watch Dua Lipa’s Sultry Performance Of “Hotter Than Hell” On ‘Fallon’". idolator.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2020. Consultado o 30 de maio de 2017. 
  43. Sonis, Rachel (26 de agosto de 2016). "Dua Lipa Drops Feisty Single “Blow Your Mind (Mwah)”: Listen". idolator.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2020. Consultado o 30 de maio de 2017. 
  44. 44,0 44,1 Caulfield, Keith; Atkinson, Katie (28 de febreiro de 2017). "Pop Shop Podcast: Dua Lipa on Her 'Whirlwind' Year & 'Diversity' of Debut Album, Plus Chart Chat & Oscar Talk". billboard.com (en inglés). Consultado o 30 de maio de 2017. 
  45. Myers, Justin (7 de outubro de 2016). "James Arthur holds on to Number 1 as 1D’s Niall Horan claims highest new entry". officialcharts.com (en inglés). Consultado o 30 de maio de 2017. 
  46. Salkin, Gabriella (3 de agosto de 2016). "Dua Lipa Kills It On 'The Tonight Show,' Announces New Album Details". vmagazine.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 06 de xaneiro de 2018. Consultado o 4 de xuño de 2017. 
  47. "Dua Lipa’s ‘Blow Your Mind (Mwah)’ video is here!". diymag.com (en inglés). 12 de setembro de 2016. Consultado o 4 de xuño de 2017. 
  48. Van der Speeten, Sasha (15 de outubro de 2016). "Dua Lipa in AB: Gaga zonder glitz". demorgen.be (en neerlandés). Consultado o 4 de xuño de 2017. 
  49. Shem (29 de setembro de 2016). "Dua Lipa to Serve As Opening Act For Troye Sivan in November!". kissradio.ca (en inglés). Consultado o 19 de novembro de 2016. [Ligazón morta]
  50. Hann, Michael (8 de decembro de 2016). "Rag'n'Bone Man wins 2017 Brits critics' choice award". theguardian.com (en inglés). Consultado o 15 de decembro de 2016. 
  51. Legrand, Emmanuel (12 de xaneiro de 2017). "Dua Lipa scoops Public Choice Award at the EBBAs". musicweek.com (en inglés). Consultado o 13 de xaneiro de 2017. 
  52. Shenton, Zoe (16 de febreiro de 2017). "NME Awards 2017 full winners list as Biffy Clyro, Skepta, MIA and the Pet Shop Boys win big". mirror.co.uk (en inglés). Consultado o 5 de xuño de 2017. 
  53. Daw, Robbie (17 de xaneiro de 2017). "Dua Lipa Set For Headlining Tour Ahead Of Album Release: See The Dates". idolator.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2020. Consultado o 6 de xuño de 2017. 
  54. Grant, Sarah (22 de febreiro de 2017). "Watch Dua Lipa's Intimate New Video for Ballad 'Thinking 'Bout You'". rollingstone.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 23 de febreiro de 2017. Consultado o 6 de xuño de 2017. 
  55. "Dua Lipa "Europe Tour 2017": R101 Radio Ufficiale". r101.it (en inglés). 23 de febreiro de 2017. Arquivado dende o orixinal o 31 de xullo de 2017. Consultado o 6 de xuño de 2017. 
  56. "Sean Paul & Dua Lipa Team Up In ‘No Lie’ Music Video!". justjared.com (en inglés). 10 de xaneiro de 2017. Consultado o 11 de xuño de 2017. 
  57. Levine, Nick (18 de novembro de 2016). "Listen to Sean Paul’s new song with Dua Lipa ‘No Lie’". nme.com (en inglés). Consultado o 11 de xuño de 2017. 
  58. White, Jack (3 de febreiro de 2017). "Ed Sheeran dominates Official Singles Chart for a fourth week". officialcharts.com (en inglés). Consultado o 7 de xuño de 2017. 
  59. "Martin Garrix On ‘Scared To Be Lonely’ Dua Lipa Collab". iheartradio.ca (en inglés). 27 de xaneiro de 2017. Consultado o 11 de xuño de 2017. 
  60. "Eleven weeks at #1 for Sheeran's Shape Of You". ariacharts.com.au (en inglés). 25 de marzo de 2017. Consultado o 13 de xuño de 2017. 
  61. Cantor, Brian (8 de abril de 2017). "Martin Garrix & Dua Lipa, Katy Perry Singles Certified Platinum In Australia". headlineplanet.com (en inglés). Consultado o 13 de xuño de 2017. 
  62. Copsey, Rob (10 de febreiro de 2017). "Ed Sheeran sets new Official Chart record as Shape Of You and Castle On The Hill spend a fifth week at Number 1 and 2". officialcharts.com (en inglés). Consultado o 13 de xuño de 2017. 
  63. Bein, Kat (27 de xaneiro de 2017). "Lipa Drop New 'Scared to Be Lonely' Video: Watch". billboard.com (en inglés). Consultado o 12 de xuño de 2017. 
  64. Reed, Ryan (21 de abril de 2017). "Hear Miguel Join Dua Lipa on Seductive New Song 'Lost in Your Light'". rollingstone.com (en inglés). Consultado o 12 de xuño de 2017. 
  65. "Interview: Dua Lipa". 7digital.com (en inglés). Decembro 2016. Arquivado dende o orixinal o 01 de abril de 2019. Consultado o 13 de xuno de 2017. 
  66. "Ariana Grande soars up chart after One Love concert". bbc.com (en inglés). 9 de xuño de 2017. Consultado o 13 de xuño de 2017. 
  67. "Dua Lipa by Dua Lipa". acharts.co (en inglés). Consultado o 13 de xuño de 2017. 
  68. Green, Alex (24 de xuño de 2017). "Dua Lipa - Dua Lipa". clashmusic.com (en inglés). Consultado o 24 de xuño de 2017. 
  69. O'Rourke, Holly (18 de maio de 2017). "Manchester gigs and tours with tickets on sale this week: Dua Lipa, The Charlatans, London Grammar, Waterparks, Marty Stuart, Kip Moore, Royal Blood and more". manchestereveningnews.co.uk (en inglés). Consultado o 13 de xuño de 2017. 
  70. Cirisano, Tatiana (27 de xuño de 2017). "Camila Cabello Will Hit the Road With Bruno Mars for 24K Magic Tour". billboard.com (en inglés). Consultado o 27 de xuño de 2017. 
  71. Ferrari, Luciano. "Dua Lipa revela escuchar religiosamente canciones de Katy Perry antes de un show". katyperryargentina.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 01 de abril de 2019. Consultado o 24 de maio de 2019. 
  72. http://sunnyhillfoundation.org/
  73. "Who Is Dua Lipa's Boyfriend Isaac Carew And How Long Has He Dated The 'Swan Song' Singer?". capitalfm.com (en inglés). 7 de maio de 2019. Consultado o 24-5-2019. 
  74. Legrand, Emmanuel (12 de xaneiro de 2017). "Dua Lipa scoops Public Choice Award at the EBBAs". musicweek.com (en inglés). Consultado o 13 de xaneiro de 2017. 
  75. Gumble, Daniel (15 de febreiro de 2017). "Biffy Clyro, Skepta and MIA win big at 2017 NME Awards". musicweek.com (en inglés). Consultado o 15 de febreiro de 2017. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar