Bruno Mars

Peter Gene Hernández[1], nado en Honolulu (Hawai) o 8 de outubro de 1985 é un cantante e músico de pop, soul, R&B e reggae fusion estadounidense, coñecido polo nome artístico de Bruno Mars.

Bruno Mars
Bruno Mars, Las Vegas 2010.jpg
Mars en Las Vegas, no 2010.
Nome completoPeter Gene Hernández
Nacemento8 de outubro de 1985 (36 anos)
OrixeHonolulu, Hawai
Ocupacióncantante
Xéneropop, soul, R&B e reggae fusion
Tempo en activo2005 - presente
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

De ascendencia filipina por vía materna e portorriqueña por vía paterna, criouse en Honolulu nunha familia de músicos, e comezou a facer música a unha idade temperá (aos 2 anos). Tras actuar en diversos espectáculos musicais na súa cidade natal durante toda a súa infancia, decidiu seguir unha carreira musical e trasladouse aos Ánxeles logo de graduarse da escola secundaria. Mars comezou a producir cancións para outros artistas, ao unirse ao equipo de produción The Smeezingtons.

Logo dunha tempada sen éxito con Motown Records, Mars asinou con Atlantic Records en 2009. Chegou a ser recoñecido como artista en solitario despois prestar a súa voz e haber co-escrito os coros para as cancións "Nothin' on You" de B.o.B, e "Billionaire" de Travie McCoy. Tamén co-escribiu os éxitos internacionais "Right Round" de Flo Rida, "Wavin' Flag" de K'naan e Fuck You! de Cee O Green. O 4 de outubro de 2010, lanzou o seu álbum debut, "Doo-Wops & Hooligans". Logrou colocar no primeiro posto os seus sinxelos Just the Way You Are]] e Grenade ao redor do mundo. Foi nomeado a sete premios Grammy nos 53rd Grammy Awards, gañando na categoría Best Male Pop Vocal Performance (Mellor Interpretación Vocal Pop Masculina por "Just the Way You Are").

NotasEditar

  1. "ACE Title Search: Hernandez Peter Gene" (en inglés). American Society of Composers, Authors and Publishers. Arquivado dende o orixinal o 24-05-2012. Consultado o 15-09-2010.