Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar

(Redirección desde «Diccionario de Madoz»)

O Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar é unha obra magna composta por 16 volumes publicada polo xeógrafo e estadista Pascual Madoz entre 1845 e 1850, que indica moitas das poboacións de España.

Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar
Frontispicio da obra de Madoz (1845).
Autor/aPascual Madoz
OrixeEspaña
Lingualingua castelá
Xénero(s)enciclopedia e dicionario
Data de pub.1845 e 1850
editar datos en Wikidata ]

Características editar

Segundo o propio autor, na súa elaboración participaron vinte correspondentes e máis de mil colaboradores durante 15 anos, 11 meses e 7 días. No seu momento supuxo unha mellora importante respecto ao Diccionario geográfico y estadístico de España y Portugal, publicado en 1829 por Sebastián Miñano. Hoxe en día aínda é unha fonte de consulta para a historiografía e a arqueoloxía, pois contén interesante información sobre ruínas, restos e posibles restos arqueolóxicos coa descrición que por entón presentaban. Amais, é fonte de estudo para a toponimia, se ben moitos dos topónimos están castelanizados.

Madoz deixou dito que: «Non son eu o autor do Diccionario Geográfico, Estadístico e Histórico: esta gloria corresponde a tantos e tan distinguidos colaboradores que tiven en todas as provincias e aos bos amigos que traballaron nas oficinas da miña redacción, cuxos nomes, os daqueles e os destes, figurarán cos dos correspondentes de Cuba, Porto Rico e Filipinas en lugar oportuno; corresponde a todos os Gobernos que se sucederon desde 1836 até o día, porque todos sen distinción de cores políticas, secundaron nobre e lealmente os meus esforzos».

Volumes editar

Está organizado por orde alfabética en 16 volumes. Ao final de cada un aparece unha fe de erratas.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar