Cupresáceas
Cupresáceas Cupressaceae | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Juniperus communis | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Subfamilias | |||||||||||||
|
- Véxase Pinidae para unha introdución a estes grupos
A das cupresáceas (Cupressaceae) é unha familia de coníferas da orde das pinales que inclúe árbores e arbustos sempre verdes, de 1 a 116 m de altura, coma os cipreses, os falsos cipreses, as tuias, os xenebreiros, as sequoias e similares.
A familia está subdividida en sete subfamilias que comprenden uns 27 ou 30 xéneros, segundo os autores, con ao redor de 130 a 140 especies (moitas delas monotípicas, é dicir, que son as únicas do seu respectivo xénero).
En Galiza son moi cultivadas en xardinaría[1], sendo a única especie autóctona o xenebreiro Juniperus communis L., subespecie nana Syme (=Juniperus nana Willd.), que medra espontaneamente en alturas superiores aos 1700 msnm nos Ancares e en Pena Trevinca.
Características
editarAs principais características das cupresáceas son:[2] [3]
- Son coníferas arbóreas ou arbustivas, perennifolias, monoicas ou dioicas.
- Follas simples, opostas ou verticiladas, escamiformes ou aciculares, podendo coexistir ambos os tipos, provistas ás veces dunha glándula dorsal.
- Flores masculinas amentiformes. Flores femininas globosas.
- Conos maduros leñosos ou carnosos, de maduración anual ou bienal, coas escamas provistas ás veces dun apéndice dorsal.
- Brácteas e escamas totalmente ou case totalmente concrescentes nunha peza única, albergando de 1 a 20 óvulos.
Sementes aladas ou ápteras.
Taxonomía
editarDescrición
editarA familia foi descrita en 1830 polo botánico e bioquímico Estados Unidos de América Harley Harris Bartlett.[4]
Etimoloxía
editarO nome científico da familia, Cupressaceae, está formado polos elementos do latín científico Cupress-, tirado do nome do xénero tipo, Cupressus, coa adición do segundo compoñente -aceae, propio dos nomes das familias vexetais (en sentido amplo).[5]
Clasificación
editarA familia divídese en sete subfamilias, baseadas en análises xenéticas e morfolóxicas, cos xéneros que se indican a continuación:[6][7]
- Subfamilia Cunninghamioideae (Zucc. ex Endl.) Quinn [8]
- Cunninghamia R.Br.
- Subfamilia Taiwanioideae L.C.Li [8]
- Taiwania Hayata
- Subfamilia Athrotaxidoideae L.C.Li [8]
- Athrotaxis D.Don
- Subfamilia Sequoioideae Saxton [8]
- Sequoia Endl. — sequoias
- Sequoiadendron J.Buchholz — sequoias xigantes
- Metasequoia Hu & W.C.Cheng — falsas sequoias
- Subfamilia Taxodioideae Endl. ex K.Koch [8]
- Taxodium Rich. — taxodios [9]
- Glyptostrobus Endl.
- Cryptomeria D.Don — criptomeria ou cedro xaponés
- Taxodiomeria
- Subfamilia Callitroideae Saxton [10]
- Callitris Vent.
- Actinostrobus Miq.
- Neocallitropsis Florin
- Widdringtonia Endl.
- Diselma Hook.f.
- Fitzroya Hook.f. ex Lindl.
- Austrocedrus Florin & Boutelje
- Libocedrus Endl.
- Pilgerodendron Florin
- Papuacedrus H.L.Li
- Subfamilia Cupressoideae Rich. ex Sweet [11]
- Thuja L. — tuias
- Thujopsis Siebold & Zucc. ex Endl.
- Chamaecyparis Spach — falsos cipreses
- Fokienia A.Henry & H.H.Thomas
- Tetraclinis Mast.
- Microbiota Kom.
- Platycladus Spach
- Xanthocyparis Farjon & T. H. Nguyên
- Cupressus L. — cipreses
- Juniperus L. — xenebreiros
En Galicia
editarEn parques e xardíns de Galicia cítanse, entro outras, as seguintes especies desta familia:
- Calocedrus decurrens (Torr.) Florin. Cedro de California. Están presentes varios exemplares no Xardín botánico de Padrón e no Paseo da Ferradura de Santiago.[12]. Outro espécime, do xardín do Pazo de Torrecedeira en Redondela, figura no catálogo de árbores senlleiras de Galiza elaborado pola Xunta de Galicia.[13]
- Chamaecyparis lawsoniana (A. Murray) Parl.. Falso ciprés de Lawson (=ciprés de Lawson). É a especie máis diufundida en Galicia; os exempolares de maior tamaño encóntranse no Parque do Carballiño e na Alameda de Santiago.[14]
- Cupressus sempervirens L.. Ciprés. Moi fecuente nos cemiterios e nos xardíns dos pazos; no cemiterio de Mondoñedo hai dous espécimes de 3,47 e 3,40 m de circunferencia.[15] Así mesmo destaca, pola súa altura, o exemplar acaroado ao muro da Capela do Salvador, ou capela do Ciprés, sinxela construción relixiosa que data do século IX e que se acha tras do Mosteiro de Samos (Samos), e que fugura no Catálogo de árbores senlleiras de Galicia.[13]
- Juniperus communis L.. Xenebreiro. Frecuentemente cultivado en numerosos xardíns de todo o país; hai unha subespecie, Juniperus communis subsp. nana Syme (=Juniperus nana Willd.), que medra espontaneamente en alturas superiores aos 1 700 msnm nos Ancares e en Pena Trevinca.[16] O xenebreiro do Pazo de Mariñán (Bergondo) está icluído no Catálogo de árbores senlleiras de Galicia.[13]
- Thuja plicata D. Don.. Tuia xigante. É moi frecuente en todos os parques, sobre todo os cultivares de follas variegadas.[17] A tuia xigante do Pazo de Torres de Agrelo (Redondela) figura no Catálogo de árbores senlleiras de Galicia.[13]
- Thujopsis dolabrata (L. f.) Sieb. & Zucc. (=Thuja dolabrata L. f.). Tuia pintada. Existen exemplares desta especie no xardín do balneario do Carballiño, no parque de Carballo] e no Campus Sur da Universidade de Santiago.[18]
Notas
editar- ↑ Castro, Freire & Prunell 1989, pp. 69-81.
- ↑ Castro, Freire & Prunell 1989, p. 69.
- ↑ Mitchell 1979, p. 74.
- ↑ Watson, Frank D.; Eckenwalder, James E. "Cupressaceae Bartlett: Redwood or Cypress Family". Missouri Botanical Garden. Consultado o 13 de decembro de 2017.
- ↑ Cupressaceae no Merriam-Webster Unabridged Dictionary.
- ↑ Bosma, Hylke F.; Kunzmann, Lutz; Kvaček, Jiří; van Konijnenburg-van Cittert, Johanna H.A. (agosto 2012). "Revision of the genus Cunninghamites (fossil conifers), with special reference to nomenclature, taxonomy and geological age". Review of Palaeobotany and Palynology 182: 20–31.
- ↑ Qu, X. J.; Jin, J. J.; Chaw, S. M.; Li, D. Z.; Yi, T. S. (2017). "Multiple measures could alleviate long-branch attraction in phylogenomic reconstruction of Cupressoideae (Cupressaceae)". Scientific Reports 7. (Gadek et al. 2000, Farjon 2005; unha máis completa filoxenia, baseada en 10.000 nucleótidos de plastos, e secuencias de cromosomas mitocondriais e nucleares de 122 especies, representantes de todos os xéneros pode verse en Mao et al., 2012.
- ↑ 8,0 8,1 8,2 8,3 8,4 Armin Jagel, Veit Dörken: Morphology and morphogenesis of the seed cones of the Cupressaceae - part I. Cunninghamioideae, Athrotaxoideae, Taiwanioideae, Sequoioideae, Taxodioideae. En: Bulletin of the Cupressus Conservation Project 3 (3): 117-136 (PDF)
- ↑ Nomes galegos preferidos xunto a ciprés dos illós en Termos Esenciais de Botánica. Comisión de Normalización Lingüística da Escola Politécnica Superior de Lugo – Universidade de Santiago de Compostela, 2002.
- ↑ Armin Jagel, Veit Dörken: Morphology and morphogenesis of the seed cones of the Cupressaceae - part III. Callitroideae. En: Bulletin of the Cupressus Conservation Project 4 (3): 91-103 (PDF)
- ↑ Armin Jagel, Veit Dörken: Morphology and morphogenesis of the seed cones of the Cupressaceae - part II. Cupressoideae. In: Bulletin of the Cupressus Conservation Project 4(2): 51-78 (PDF)
- ↑ Castro, Freire & Prunell 1989, p. 71.
- ↑ 13,0 13,1 13,2 13,3 Árbores e formacións senlleiras de Galicia na web da Xunta de Galicia
- ↑ Castro, Freire & Prunell 1989, p. 72.
- ↑ Castro, Freire & Prunell 1989, p. 75.
- ↑ Castro, Freire & Prunell 1989, p. 77.
- ↑ Castro, Freire & Prunell 1989, p. 79.
- ↑ Castro, Freire & Prunell 1989, p. 80.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cupresáceas |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Cupresáceas |
Bibliografía
editar- Castro, Marisa, Luís Freire e Antonio Prunell (1989): Guía das Árbores de Galicia. Autóctonas e ornamentais. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-406-5.
- Farjon, A. (1998): World Checklist and Bibliography of Conifers. Royal Botanic Gardens, Kew. 300 p. ISBN 1-900347-54-7.
- Farjon, A. (2005): Monograph of Cupressaceae and Sciadopitys. Royal Botanic Gardens, Kew. ISBN 1-84246-068-4.
- Farjon, A., Hiep, N. T., Harder, D. K., Loc, P. K., & Averyanov, L. (2002): "A new genus and species in the Cupressaceae (Coniferales) from northern Vietnam, Xanthocyparis vietnamensis". Novon 12: 179–189.
- Gadek, P. A., Alpers, D. L., Heslewood, M. M., & Quinn, C. J. (2000): "Relationships within Cupressaceae sensu lato: a combined morphological and molecular approach". American Journal of Botany 87: 1044–1057. Ver en liña Arquivado 29 de setembro de 2009 en Wayback Machine..
- Little, D. P., Schwarzbach, A. E., Adams, R. P. & Hsieh, Chang-Fu. (2004): The circumscription and phylogenetic relationships of Callitropsis and the newly described genus Xanthocyparis (Cupressaceae)". American Journal of Botany 91 (11): 1872–1881. ver en liña Arquivado 15 de maio de 2008 en Wayback Machine.
- Mao, K., Milne, R. I., Zhang, L., Peng, Y., Liu, J., Thomas, P., Mill, R. R. and S. S. Renner (2012): "Distribution of living Cupressaceae reflects the breakup of Pangea". Proceedings of the National Academy, USA 109 (20): 7793-7798 Ver en liña.
- Mitchell, Alan (1979): Guía de campo de los árboles de Europa. Barcelona: Ediciones Omega, S. A. ISBN 84-2820-549-3.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Taxonomía das cupresáceas (en inglés).
- Descrición da familia Cupressaceae (en inglés).
- Descrición da familia Cupressaceae (en castelán).
- Arboretum de Villardebelle Imaxes de conos de numerosas especies.
- Gymnosperm Database: Cupressaceae (en inglés)
- Flora of China - Cupressaceae (en inglés).
- Flora of North America - Cupressaceae (en inglés).