Carl Ludwig Willdenow

botánico alemán

Carl Ludwig Willdenow, nado en Berlín o 22 de agosto de 1765 e finado na mesma cidade o 10 de xullo de 1812, foi un botánico, pteridólogo, micólogo e farmacéutico alemán. É considerado un dos fundadores da Fitoxeografía, o estudo da distribución xeográfica das plantas. Tamén foi mentor de Alexander von Humboldt un dos máis coñecidos e precoces fitoxeográfos.

Carl Ludwig Willdenow
Nacemento22 de agosto de 1765
Lugar de nacementoBerlín
Falecemento10 de xullo de 1812
Lugar de falecementoBerlín
NacionalidadeReino de Prusia
Alma máterUniversidade de Halle-Wittenberg
Ocupaciónfarmacéutico, taxonomista, botánico, pteridólogo, profesor universitario, micólogo, médico e naturalista
Coñecido porFlorae Berolinensis prodromus, Dissertatio Inauguralis Botanico-Medica de Achilleis, Historia Amaranthorum e Philosophia botanica [...] Editio tertia
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Tras estudar Farmacia proseguiu os seus estudos en Medicina e Botánica na Universidade de Halle obtendo o título de Doutor en Medicina en 1789. Traballou como farmacéutico en Berlín. En 1789 traballa como profesor de "Historia Natural" no Collegium medico-chirurgicum. En 1801 é profesor de botánica na nova Universidade de Berlín. En 1810 é nomeado director do Xardín Botánico de Berlín, cargo que mantivo até a súa morte.

En 1811 traballou en París analizando as plantas traídas por Alexander von Humboldt da súa viaxe por Suramérica. Interesouse na adaptación das plantas ao clima, demostrando que nun mesmo clima presentábanse plantas con características comúns. O seu herbario, que contiña máis de 20.000 espécimes, aínda se conserva en Berlín.

Debido a unha enfermidade volveu a Berlín onde morreu.

Willdenow foi un dos máis famosos biólogos sistemáticos debido sobre todo á fundación da dendroloxía.

A abreviatura «Willd.» emprégase para indicar a Carl Ludwig Willdenow como autoridade na descrición e clasificación científica dos vexetais.[1]

Obras editar

Recoñecementos editar

Epónimos editar

Xéneros
Especies

Notas editar

  1. Tódolos xéneros e especies descritas por este autor en IPNI.
  2. 2,0 2,1 Nomencl. Bot. [Steudel] 892. 1821 (IK)
  3. Kongl. Vetensk. Acad. Nya Handl. xi. (1790) 26. t. 2 (Wildenowia); Willd. Sp. Pl.iv. 717 1805 (IK)

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Bibliografía editar

  • Meyers Konversationslexikon 1888-1889
  • Jahn: Geschichte der Biologie. Spektrum 2000
  • Mägdefrau: Geschichte der Botanik. Fischer 1992