Benvido á Galipedia, Thekakokid!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda

Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.

Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Alberte Si, dígame? 14:18, 2 de abril de 2012 (UTC)

Atención editar

Boas tardes. Estiven botando un vistazo a algúns dos artigos que creaches e, como verás, tiven que poñerlles unha marca de atención. Antes de seguir, repasa o que fixeches e le con atención o Libro de estilo e outras páxinas de axuda. ¿De onde sacas o material para os artigos? ¿Son traducións, copias ou creación propia? Tes que procurar unha redacción correcta e intelixible para o lector, fundada en referencias que se poidan consultar, proporcionar ligazóns internas e externas, engadir imaxes e categorías, engadir interwikis, etc., etc. Non é que sexa complicado pero esixe certa aprendizaxe e paciencia: empezar (se é que es novo nisto da wikipedia) despacio e completando o primeiro artigo antes de empezar con outro. E preguntar todo aquilo que dubides, que recibirás toda a axuda que precises. Se non arranxamos eses artigos que creaches, haberá que borralos. E seguro que non te gustaría. Saúdos e, como dixen, aquí estamos. Pedro --Lameiro (conversa) 19:36, 3 de abril de 2012 (UTC)

Redundando no que xa che dixo o compañeiro, e moi importante o expresado en Wikipedia:Verificabilidade.
Deixoche o cadro resumo:
1. Os artigos só terán material publicado por fontes acreditadas.
2. Os editores que engadan material a un artigo deben citar unha fonte acreditada, ou o contido recente engadido poderá ser borrado por outro editor.
3. A obriga de prover fontes acreditadas recae sobre os editores que engaden o material, non daqueles que desexan quitalo.
--. HombreDHojalata.conversa 08:59, 4 de abril de 2012 (UTC)

Un momento, por favor editar

Ola Thekakokid.

Asemella que copias textos de algures e os pasas ao galego cun tradutor automático. O resultado é algo desastroso e a redacción carece de todo sentido. Por favor tenta cambiar de sistema.

Se precisas de axuda nalgunha cousa, podes dicirmo na miña páxina de conversa ou pedir a colaboración da comunidade na Taberna. Un saúdo. --. HombreDHojalata.conversa 18:53, 8 de abril de 2012 (UTC)

Artigos de dominios editar

Por favor, ao creares artigos procura darlles formato; Por exemplo, o artigo sobre '.de', ti deixáchelo así, pero debería quedar así. É importante incluír as ligazóns internas e externas, as interwikis, e darlle formato acorde.

Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 13:28, 14 de abril de 2012 (UTC)

  • Non podes deixar os artigos de dominio .oquesexa en media liña. Así non poden quedar. Por favor, antes de seguir creando nada, completa os que fixeches. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 16:39, 18 de abril de 2012 (UTC)
Ola Thekakokid. Contestando ao que dis. A redactar eu non te podo aprender.
Para ir colléndolle a man a edición na wiki podes guiarte por esta axuda.
E para dúbidas máis concretas, vainas especificando a través das páxinas de conversa de usuario, ou directamente na Wikipedia:A Taberna, e irémosche axudando. --. HombreDHojalata.conversa 21:53, 18 de abril de 2012 (UTC)

dominio de Internet editar

Ola, Pablo!

Estiven botándolle un ollo a Dominio de internet, e fixen algúns cambios.

Ao crear un artigo, é moi importante que poñas a orixe dos datos que inclúas, neste caso o artigo da wikipedia en castelán. Os tradutores automáticos poden ser útiles, pero é importante revisar o texto que queda no artigo, pois había varios erros graves non só de ortografía senón tamén de formato. Para o primeiro, recoméndoche a instalación dun corrector automático que che subliñe en vermello as palabras incorrectas. Moitos navegadores o inclúen (como o Firefox, por exemplo), e a propia Galipedia ten o seu, que podes activar en "as miñas preferencias" (arriba de todo, xunto "a miña conversa").

Outras dúas cousas importantes son darlle ao artigo a categoría (para relacionalo con artigos da mesma temática) e poñerlle os InterWikis (para relacionalo cos artigos sobre o mesmo nas diferentes wikis).

E por último, cando deixes unha mensaxe na conversa doutra persoa, procura asinar, para poder saber quen me escribiu.

Non te desanimes, que ninguén naceu aprendido. Aos poucos irás colléndolle o xeito ao formato wiki. Se tes dúbidas, non teñas medo a preguntarme a min ou a calquera outr@ usuari@.

Saúdos! --Estevo(aei)pa o que queiras... 14:50, 19 de abril de 2012 (UTC)

Sinatura editar

Por favor, asina nas paxinas de conversa, mais non asines nos artigos. Graciñas. --. HombreDHojalata.conversa 20:03, 19 de abril de 2012 (UTC)

  Por favor, antes de seguir creando artigos novos, revisa os xa feitos segundo as indicacións dadas. Un saúdo. --. HombreDHojalata.conversa 20:12, 19 de abril de 2012 (UTC)

Imaxes na wiki editar

Ola, Pablo!

Mirei que subiches dúas imaxes dos Boixos Nois; unha delas xa estaba subida, pero puxeches mal os datos, pois a imaxe non foi tirada no Camp Nou, senón no Estadio Olímpico de Roma; a outra imaxe non podes subila, posto que é o logotipo dunha asociación, e os dereitos de imaxe impiden que sexa utilizada na wiki (a menos que se conte co propio permiso dos propietarios da imaxe para subila). Aquí podes aprender máis sobre o uso das imaxes.

Por outra banda, ao creares un artigo é ben importante que indiques a orixe do texto. Por exemplo, no dos Boixos nois (que por certo debes mover a Boixos Nois, con maiúscula), semella copiado do artigo en catalán; se é así, deberías indicar "traducido de ca:Boixos Nois", por exemplo.

Non tomes estes consellos a mal, vale? Pero é importante cumprir as normas e respectar o traballo alleo, recoñecendo o traballo tanto de quen subiu as imaxes xa existentes, como das persoas que redactaron os artigos que tomamos como orixe para outros novos.

Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 17:16, 27 de abril de 2012 (UTC)

Ola, de novo! Outra cousa: ten moito ollo cando utilices tradutores automáticos, pois fóiseche a man e traduciches topónimos, como Molins -> Muíños.
Amais, é importante que conserves as referencias do artigo orixinal, non abonda con que inclúas só o texto, senón tamén as notas ao pé. Tamén se debe incluír as categorías e as Interwikis.
Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 17:29, 27 de abril de 2012 (UTC)

Imaxe sen licenza e/ou orixe editar

 
Esta imaxe será borrada por carecer de licenza e de orixe
 


Imaxe:O canedo.jpg




Ola Thekakokid, grazas por contribuír a mellorar a Galipedia cargando imaxes. No caso desta/s imaxe/s cómpre incluír, ampliar ou aclarar a información do ficheiro.

Tódalas imaxes que se suban a esta wiki teñen que permitir a realización de obras derivadas e o uso comercial. Ademais tódolos arquivos deben de ter dous datos expresos: a licenza ou "copyright" e a orixe ou "source".
A orixe: A orixe ou fonte da imaxe é un dato que indica de onde foi tirada a imaxe e que serve para comprobar que a licenza é correcta. A orixe colocarase ben en forma de ligazón a unha páxina web, ben incluíndo os datos dun libro (dito libro ou dita imaxe ten que estar no dominio público) ou indicando que é unha fotografía tomada por ti (Obra propia (''self made'').
É dificilísimo encontrar unha foto nunha páxina web ou nun libro que estea no dominio libre. Isto en parte débese a que os dereitos de autor caducan o 1 de xaneiro seguinte á data en que se cumpren 70 anos da morte do fotógrafo (non do individuo obxecto da foto) e a que, segundo a lexislación internacional (apartado 5.2 do Convenio de Berna), non é preciso ningún requisito para que calquera obra dunha páxina web teña copyright. Polo tanto, se nunha páxina web non pon nada, ten "copyright", e as fotos, en principio, non se poden subir (agás que se dea a condición dos 70 anos expresada antes). Só se poden subir fotos daqueles lugares que indiquen que as imaxes están no dominio público e permiten a realización de obras derivadas e o uso comercial.

Dado que é dificilísimo que se dean estas condicións, alimentámo-la Galipedia (Wikipedia galega) fundamentalmente con fotos feitas por usuarios ou imaxes antigas. Ademais hai que pensar que unha obra derivada (unha foto dunha imaxe con "copyright") ten tamén "copyright" e non se pode subir (Véxase a política de uso de imaxes ou Commons:Obras derivadas)

A moitos usuarios lles sorprende o celo que procuramos ter coas imaxes para non atentar contra os dereitos de autor. Pensa que é crucial para a estabilidade do proxecto pois hai moitos intereses creados en contra de que todo o que poida ser cultura estea no dominio público.
A licenza: Como che dicía, os datos mínimos que unha imaxe debe ter para que non sexa eliminada -sería eliminada por atentar contra os dereitos de autor- son a licenza ou "copyright" e a orixe ou "source".
A licenza escríbese nos datos da imaxe entre dobres chaves (por exemplo {{GFDL}}). Tes unha relación de licencias en Wikipedia:Marcadores de licenza de imaxe. Nesa páxina, verás unha táboa con tres columnas. A columna do medio indica o xeito de escribirse a licenza na Wikipedia galega (Galipedia). A columna da esquerda ten unha ligazón que serve para ve-la licenza que se coloca na imaxe, facendo click sobre unha das ligazóns que aparecen verás o que significa cada licenza.

Non só se poden subir imaxes á Galipedia. Tamén se poden subir a Commons (En commons só se poden subir fotos e material multimedia). A terceira columna indica a denominación das licenzas en Commons. As imaxes subidas a Commons incorpóranse ós artigos do mesmo xeito cás subidas á Galipedia, pero poden empregarse tamén nas wikipedias noutras linguas.
En Commons (hai unhas 2.500.000 arquivos) poderás encontrar imaxes que están no dominio libre (permiten a realización de obras derivadas e o uso comercial) para colocar nos artigos da Galipedia (non é preciso subilas de novo) ou nos teus traballos. Levamos xa un tempo traballando na Categoría Galicia.

¿Como incorporar os datos ás imaxes? ¿Como incluír eses datos cando vas subir unha imaxe?
No momento da subida hai unha caixa na que podes escribir que pon Summary. Podes poñer aí os datos e así non tes que editar despois a foto.

¿Como indicalo cando unha imaxe xa foi subida?

  • Accede á foto.
  • Una vez que accediches, fai click na pestana editar que está na parte superior.
  • Engade os datos precisos escribindo na páxina que aparece. Lembra que os datos precisos son a orixe da foto e a licenza. A licenza hai que poñela entre dobres parénteses: {{PD-self}}, {{GFDL-self}}
  • Garda a páxina


Grazas por colaborares. Non dubides en contactar comigo se tes algunha dificultade (Como contactar con outros usuarios?). Un cordial saúdo.--. HombreDHojalata.conversa 08:12, 1 de maio de 2012 (UTC)

fútbol editar

Ola!

Non sei cal é o problema que tes coa ficha de futbolista, pero xa existe unha, a que usaches no artigo de Van Nistelrooy. Non hai necesidade de crear outra similar.

Respecto ao artigo de Pepe, tampouco me queda claro cal é o problema. O nome que sae no artigo do Real Madrid é o nome completo do futbolista; "Pepe" é tan só un alcume.

Por favor, ao crear artigos, procura incluír as interwikis e categorizalos correctamente (por exemplo, no de Van Nistelrooy, "futbolistas holandeses", "dianteiros de fútbol", "xogadores do Málaga CF", "xogadores do Real Madrid"...).

Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 19:09, 6 de maio de 2012 (UTC)

Votacións editar

Por favor lee Wikipedia:Votacións#Quen pode votar?. Un saúdo. --. HombreDHojalata.conversa 21:05, 6 de maio de 2012 (UTC)

Boas Thekakokid, polo que podes ver na ligazón que che da HombreDHojalata, despois do 2 de xunio (60 dïas de antiguedade dende a túa primeira edición, e como xa levas feito polas cen edicions, é de supoñer que deiqui alá xa teras as 150 que se necesitan para votar- ver as túas contribucions ) é de supoñer que poderas votar en todas votacións da Galipedia. Animote a facelo, é importante cas decisions da comunidade recollan o maximo de votos, que sexan a prol ou contra da proposta, o principal é que o fagas con boa fé e con respeto. No Portal da comunidade baixando pola dereita tes unha seción Decisións, onde podes atopar todas ligazóns as votacións. Animate ! e sigue perquisando todo o que che guste para ca túa colaboración sexa benefica ao proxecto. Non dubides en contactar con calquera usuario nas páxinas de conversa diles, nas dos artigos, na A Taberna etc. E podes contar comigp no que poida. Saúdos e ata outra --Elvira (Conversa comigo) 14:44, 7 de maio de 2012 (UTC)


Orixe descoñecida editar

 
Esta imaxe será borrada por non se poder comprobar a licenza
Image:Urss.jpg

Grazas por contribuír a mellorar a Galipedia cargando imaxes. No caso de Image:Urss.jpg, cómpre incluír, ampliar ou aclarar a información do ficheiro.

Tódalas imaxes subidas á Galipedia teñen que ter unha licenza, e indicar unha orixe que permita corroborar que a licenza é correcta. A ausencia da licenza ou da orixe supón o borrado da imaxe.

  • Se ti mesmo creaches a imaxe, debes expresalo explicitamente, para o cal deberás editar as túas imaxes (pode usar esta ferramenta para atopar todas as túas imaxes).
  • Se non a creaches ti, debes de indicar a súa procedencia (ligazón a unha páxina web,...). Na orixe debe indicarse a licenza con que a imaxe pode ser compartida na Galipedia.

Para incorporar eses datos debes ir á imaxe en cuestión, editala e escribilos (Como editar imaxes?). Se desexas acceder a outras imaxes que subiches podes facelo desde aquí

Podes atopar máis información en Wikipedia:Política de uso de imaxes.--. HombreDHojalata.conversa 09:40, 20 de maio de 2012 (UTC)

Ligazón rota a ficheiro editar

Boas Thekakokid. Resulta que na túa páxina de usuario tes unha ligazón ó ficheiro Urss.jpg que non existe, nin na Galipedia nin en Commons, e isto fai que a túa páxina de usuario se meta automáticamente na categoría Categoría:Páxinas con ligazóns rotas cara a ficheiros. Esta é unha categoría de mantemento para amañar os artigos que teñen ligazóns a ficheiros que non existen, e para que esta categoría non se encha cun feixe de páxinas hai que amañar todas estas ligazóns. Como esa é a túa páxina de usuario debes ser ti quen a amañe, supoño que será un pequeno erro no nome do ficheiro por iso pídoche que cando teñas un momento o amañes. Se tes algunha dúbida de como facelo ou tes algún problema podes contactar comigo na miña páxina de conversa. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 08:02, 30 de maio de 2012 (UTC)

Grazas!! :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21:05, 30 de maio de 2012 (UTC)--Elisardojm (conversa) 21:05, 30 de maio de 2012 (UTC)
Si, xa está amañado, moitas grazas! :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 08:56, 1 de xuño de 2012 (UTC)

Imaxes copiadas editar

Pablo, por favor, non subas imaxes copiadas de internet das que non conste unha licencia compatible. --. HombreDHojalata.conversa 17:41, 9 de xuño de 2012 (UTC)

Obradoiro de edición na Coruña editar

Boas, mira, vou dar un obradoiro de iniciación á edición da Galipedia na Coruña e precisaba que a cousa tivera a máxima participación posible, se coñeces algunha persoa que poda estar interesada, ¿poderías comentarlle esta posibilidade? Tes máis información na taberna e tamén podes preguntarma directamente na miña conversa.

Ó mesmo tempo se queres que quedemos para falar de cousas do proxecto podería ser unha boa ocasión quedar ó remate dun dos cursos. Estou a pensar en organizar un grupo de editores organizado na Coruña, non sei se che interesaría. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11 de xuño de 2013 ás 13:28 (UTC)Responder

Actividade e galencontro Coruña editar

Boas, anunciei unha actividade na taberna que podería ser do teu interese, tes máis información aquí. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 4 de decembro de 2014 ás 11:35 (UTC)Responder

Evento de iniciación á edición na Coruña editar

Boas, estamos a organizar un evento de iniciación á edición da Galipedia na Facultade de Informática da Coruña, será o día 16 e 17 de abril pola tarde, se che interesa e podes ir apúntate na páxina da actividade. Saúdos, Elisardojm (conversa) 25 de marzo de 2015 ás 13:23 (UTC)Responder

Last Chaos editar

Boas Thekakokid, o artigo Last Chaos, que fixeches ti, ten o marcador de non manual (a ligazón explica o problema), a ver se podes revisalo e amañalo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 22 de xullo de 2017 ás 01:41 (UTC)Responder

.ga editar

Boas Thekakokid, os artigos .ga, .pa e .uy, que fixeches ti, ten o marcador de demasiado curto, a ver se podes revisalo e amañalo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 27 de xullo de 2017 ás 13:17 (UTC)Responder

Tamén son curtos os artigos .mp, .mq e o resto de artigos dese estilo que fixeches. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 30 de xullo de 2017 ás 11:18 (UTC)Responder