Facultade de Informática da Coruña

centro da Universidade da Coruña


Facultade de Informática da Coruña

Logotipo da Facultade.
Universidade: Universidade da Coruña
Localización: A Coruña
Campus: Elviña
Enderezo: Campus de Elviña, s/n.
15071
Ano de fundación: 1986
Decano: Mariano Javier Cabrero Canosa[1]
Docentes: 185 (2021/2022)[2][3]
Estudantes: 1684 (2021)[2]
Teléfono: 981 16 70 00
Correo electrónico: decanato.fic@udc.es
Páxina web: http://www.fic.udc.es

A Facultade de Informática da Coruña (FIC) é un centro educativo da Universidade da Coruña situado no campus de Elviña.

Historia[4]

editar
 
Logotipo conmemorativo do 25 aniversario da fundación da Escola Universitaria de Informática da Coruña (1986-2011).

A idea de crear na Coruña unha escola universitaria de informática comezou a tomar corpo entre 1983 e 1985, promovida desde diferentes sectores e entidades. Desta demanda fíxose eco Alfredo Bermúdez de Castro, por entón vicerreitor na Universidade de Santiago de Compostela, conseguindo que a reitoría convocase a debate ás empresas informáticas e ós profesionais máis relevantes do país naquel momento, así como ós representantes das facultades e escolas de informática existentes, coa finalidade de determinar a mellor orientación dos futuros estudos superiores de Informática en Galicia. Esta reunión, que se celebrou co apoio da Deputación da Coruña no pazo de Mariñán, deixou sentadas as bases da carreira.

En 1985 o reitor da USC, Carlos Pajares Vales, nomeou ó profesor José Luis Freire Nistal comisionado do proxecto e en 1986 creouse a Escola Universitaria de Informática da Coruña baixo a súa dirección. Desde o inicio das reunións participaron activamente distintas figuras académicas e profesionais que se comprometeron coa idea, podéndose destacar a Miguel Rodríguez Rubio e a Sebastián Bamonde Rodríguez, que despois se incorporarían coma profesores da Escola. Entre todos elaboraron un primeiro plan de estudos que sería posteriormente aprobado polo Consello de Universidades: a Diplomatura en Informática. Nesta etapa foi destacable o apoio do concello da Coruña.

A Escola comezou a súa andaina en 1986 nalgunhas aulas e locais que lle cedeu a Escola de Aparelladores, onde chegaron a compartir un despacho entre cinco profesores. O alumnado examinábase en taboleiros de debuxo.

En 1989, durante o mandato do profesor Antonio Blanco Ferro -primeiro director electo do Centro- conseguiuse a aprobación do segundo ciclo de estudos en informática e sentaron as bases para o financiamento dun edificio: era a etapa da fundación da Universidade da Coruña sendo o primeiro reitor José Antonio Portero Molina.

En 1991 créase a Facultade de Informática coa implantación da Licenciatura en Informática e o director da Escola naquel momento, Juan Ares Casal, decide que é mellor que non coexistan a Facultade e a Escola, polo que ó remate do curso desaparece esta última. Con motivo da creación da Facultade, o reitor José Luis Meilán Gil nomea como decano comisionado a José Luis Freire Nistal e Juan Ares Casal será vicedecano.

No ano 1993 inaugurouse o actual edificio e en 1994 chegarían as enxeñarías en informática en forma de tres titulacións: Enxeñaría Informática, Enxeñaría Técnica en Informática de Sistemas e Enxeñaría Técnica en Informática de Xestión. Nesta etapa xorde o acrónimo "FIC" proposto polos estudantes para identificar á Facultade de Informática da Coruña.

No 2006, sendo decano Alberto Valderruten Vidal e vicedecano de Relacións coa Industria Víctor M. Gulías, a Facultade propón a creación dun punto de encontro entre a universidade e a empresa que se materializa coa posta en marcha un ano máis tarde do CITIC, no que conflúen os departamentos de I+D de empresas do sector TIC cos grupos de investigación da UDC nun edificio do Parque Tecnolóxico próximo á FIC.

A implantación do Espazo Europeo de Educación Superior determinou que as antigas titulacións deran paso no curso 2010/2011 ós novos títulos de grao e mestrado, proceso que ten lugar durante o mandato coma reitor do ex-decano da Facultade José María Barja e que comezara coa implantación do Mestrado en Informática en 2006, o cal se acabaría transformando, no ano 2009, no Mestrado Universitario en Enxeñarías de Sistemas Informáticos.

Desde o curso 2010/2011 se imparte o título de grao en Enxeñaría Informática pola UDC, que propón a integración de tódalas especialidades previstas no Consello de Universidades para a formación de profesionais en Enxeñaría Técnica en Informática.

No curso 2012/2013 implántase o Mestrado Universitario en Enxeñería Informática, título co que a Facultade remata o proceso de adaptación da súa oferta académica ó Espazo Europeo de Educación Superior e que se corresponde coa formación do Enxeñeiro en Informática seguindo as recomendacións do marco profesional. Neste mesmo curso se oferta por última vez a posibilidade de que un enxeñeiro técnico acceda ó segundo ciclo da enxeñería en extinción e por primeira vez a posibilidade de acceso ó curso de adaptación ó Grao.

Titulacións

editar
 
Facultade de Informática da UDC

A Facultade está en proceso de adaptación ó EEES nado a raíz do proceso de Bologna

Enxeñarías (en extinción)

editar
  • Enxeñaría Informática.
  • Enxeñaría Técnica en Informática de Sistemas.
  • Enxeñaría Técnica en Informática de Xestión.

Tras a reforma universitaria, na Facultade impártense os graos de:

  • Grao en Enxeñaría Informática (especialidades de Computación, Enxeñaría de computadores, Sistemas de Información, Tecnoloxías da información e Enxeñaría do software).
  • Grao en Ciencia e Enxeñaría de Datos
  • Grao en Itelixencia Artificial (interuniversitario coa UVigo e USC).

Mestrados

editar

Impártense tamén os seguintes mestrados xa adaptados ó EEES[5]:

  • Mestrado Universitario en Enxeñaría Informática.
  • Mestrado Universitario en Matemática Industrial.
  • Mestrado Universitario en Técnicas Estatísticas.
  • Mestrado Universitario en Computación de Altas Prestacións.
  • Mestrado Universitario en Xeoinformática.
  • Mestrado Universitario en Bioinformática e Ciencias da Saúde.
  • Mestrado Interuniversitario en Ciberseguridade (coa Universidade de Vigo).

Equipo decanal

editar

O actual decano é Mariano Cabrero Canosa[1], elixido nas eleccións do día 29 de abril de 2023 e converténdose así no quinto decano da historia da Facultade.

Na etapa de Escola Universitaria foron directores:

Desde a súa fundación coma Facultade foron decanos:

O equipo decanal neste momento é o seguinte:

Cargo Nome
Decano Mariano Javier Cabrero Canosa
Secretario Jorge Novo Buján
Vicedecano de Organización Académica Óscar Pedreira Fernández
Vicedecano de Recursos Informáticos Carlos Fernández Lozano
Vicedecano de Infraestruturas Diego Andrade Canosa
Vicedecana de Relacións Institucionais Paula María Castro Castro
Vicedecana Responsable de calidade Silvia María Lorenzo Freire

Departamentos

editar

Os departamentos cos que conta a Facultade son[7]:

  • Computación.
  • Electrónica e sistemas.
  • Matemáticas.
  • Tecnoloxía da información e das comunicacións.
  • Outros departamentos que imparten materias nesta Facultade pero que teñen a súa sede noutras son:
    • Economía financeira e contable.
    • Filoloxía inglesa.
    • Dereito público especial.
  1. 1,0 1,1 "Órganos de Goberno Facultade de Informática de A Coruña". Consultado o 7 de outubro de 2022. 
  2. 2,0 2,1 "Reconto da votación das xuntas dos centros" (PDF). Consultado o 7 de outubro de 2022. 
  3. "CensoJuntaFacultad.pdf" (PDF). Consultado o 7 de novembro de 2023. 
  4. "Historia da Facultade". Arquivado dende o orixinal o 02 de setembro de 2011. Consultado o 04 de novembro de 2011. 
  5. "Oferta académica". Arquivado dende o orixinal o 02 de setembro de 2011. Consultado o 11 de novembro de 2011. 
  6. "Equipo de goberno da Facultade de Informática da Coruña". Arquivado dende o orixinal o 02 de setembro de 2011. Consultado o 04 de novembro de 2011. 
  7. "Departamentos da Facultade de Informática da UDC". Arquivado dende o orixinal o 02 de setembro de 2011. Consultado o 04 de novembro de 2011. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar