Carlos Pajares

físico e profesor universitario español
(Redirección desde «Carlos Pajares Vales»)

Carlos Pajares Vales, nado en Madrid o 23 de xullo de 1945, é un físico español.

Carlos Pajares
Nacemento23 de xullo de 1945
Lugar de nacementoMadrid
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónfísico
Na rede
Dialnet: 1370224
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Catedrático de Física Teórica, formado en inicio nos EUA, e con estadías en Francia, Inglaterra ou Suíza, investigou no campo da física teórica e, comezando polos quark no campo das partículas elementais. Foi recoñecido de xeito internacional polo valor das súas achegas no campo das interaccións partícula-núcleo e materia a alta densidade, a partir da investigación da orixe do universo e o xeito de reproducir experimentalmente o dito fenómeno mediante aceleradores de partículas. Algúns resultados concretos foron o teorema self-shadowing, a absorción da partícula J en núcleos e as interaccións de campos de cor correspondentes a diversas fontes formando a percolación de cordas.[1]

Foi o primeiro decano da Facultade de Física da Universidade de Santiago de Compostela, e tamén o responsable de formar o Departamento de Física de Partículas Elementais. Con posterioridade foi reitor da USC (1984-1990), na que introduciu diversos cambios, incluída a redacción dos estatutos. Propiciou a expansión da universidade e fomentou a normalización lingüística do galego.

Recibiu o Premio da Divulgación Científica da Xunta de Galicia (1994) e o Premio Antonio Casares y Rodrigo de Investigación Científico-Técnica (2008). Foi nomeado doutor honoris causa pola Universidade Técnica de Lisboa (2011) e Cabaleiro da Orde das Palmas Académicas polo Goberno francés, e recibiu a Medalla de Ouro da Real Sociedade Española de Física en 2000.

Foi vicepresidente da Real Sociedade Española de Física, asesor da Unión Europea sobre plans de estudo de Física e membro do comité científico Outreach do Centro Europeo de Partículas Elementais. Formou parte dos consellos asesores da Enciclopedia Galega, da Revista Galega do Ensino e da Revista Española de Física, así como da sección de Ciencia e Sociedade do Consello da Cultura de Galicia. Publicou máis de 130 artigos de investigación.

En 2008 foi nomeado delegado científico de España no Consello do CERN, onde ten relación co LHC e participa no consello de administración, formando parte do comité de política científica, do comité de finanzas e do comité de estratexia de física de partículas, ostentando outras representacións deste organismo.

Outras informacións editar

Carlos Pajares estivo identificado politicamente pola súa militancia no PSOE, asentándose na súa esquerda[2].


Predecesor:
José María Suárez Núñez
  
Reitor da Univ. de Santiago
 
1984 - 1990
Sucesor:
Ramón Villares

Obras editar

  • La nueva física, 1975.
  • Introdución a las interacciones fuertes, 1977.
  • De lo más pequeño a lo más grande del universo, 1996.
  • Introducción a la Física, 2001.
  • Relativistic Nuclear Interactions (Moscú, 2007)

Notas editar

  1. USC. "O catedrático Carlos Pajares, doutor honoris causa pola Universidade Técnica de Lisboa". Arquivado dende o orixinal o 30/01/2018. Consultado o 3/6/2011. 
  2. Xosé Carlos Bermejo Barrera. "Carlos Pajares Vales". Arquivado dende o orixinal o 14/11/2016. Consultado o 8/11/2014. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar