Espazo Europeo de Educación Superior
O Espazo Europeo de Educación Superior é un ámbito de organización educativo iniciado en 1999 co proceso de Bologna que quere harmonizar os distintos sistemas educativos da Unión Europea e proporcionar unha forma eficaz de intercambio entre todos os estudantes. Así mesmo quere que a formación atenda ás demandas que a sociedade require.
Características
editarBaséase en tres alicerces fundamentais:
- ECTS (European Credit Transfer and Accumulation System): baséase no precepto que, a partir de agora, un crédito será equivalente a 10 horas teóricas e unhas 25 horas prácticas. Desde o punto de vista docente, a consecuencia é a redución das horas de clase presencial en favor de prácticas tutorizadas polo persoal docente.
- Estrutura grao/posgraduado: a educación superior dividirase en dous ciclos, un grao de orientación xeralista e un posgrao de orientación especialista. Hai que salientar que o principio que articulará este sistema será a adquisición de habilidades, fronte á adquisición de coñecementos, polo que estes graos e posgraos estarán fortemente dirixidos a dar resposta ás necesidades laborais que existan na sociedade.
- Acreditación: o último alicerce prevé a creación de sistemas de acreditación que, mediante unha avaliación interna e outra externa, vixíe a calidade de cada centro formativo e a súa adecuación ós requisitos do Espazo Europeo de Educación Superior. A falta de aprobar a Lei Orgánica de Universidades, parece que esta función será cumprida en España pola ANECA.
- Como complemento a estes alicerces básicos, ademais establecerase un suplemento ó título (Diploma Suplement -DS-), no que se detallará, nun formato común a todo o EEES, as competencias adquiridas polos estudos e unha detallada explicación das materias cursadas.
O EEES incorporouse a moitos países fóra da Unión Europea e apúntase coma o marco de organización educativa máis importante das próximas décadas.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editar- Programa Erasmus
- Sistema Europeo de Transferencia e Acumulación de Créditos (ECTS)
- Suplemento ao título