Suplemento ao título

O suplemento ao título é unha ferramenta que se desenvolveu no marco do proceso de Boloña, destinada a facilitar a comprensión dos estudos realizados. Non contén xuízos de valor e está emitido por institucións nacionais consonte un modelo desenvolvido conxuntamente por un grupo de traballo da Comisión Europea, o Consello de Europa e a UNESCO.[1]

O suplemento europeo ao título consta de oito partes:[2]

  • Información sobre a persoa titular.
  • Información sobre o título.
  • Información sobre o nivel de cualificación.
  • Información sobre o contido e os resultados obtidos.
  • Información sobre a función da titulación.
  • Información adicional.
  • Certificación do suplemento.
  • Información sobre o sistema nacional de ensino superior.

En xaneiro de 2005, o suplemento ao diploma adheriuse ao dispositivo Europass, "marco comunitario único para a transparencia das cualificacións e das competencias" en Europa.[3]

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar