Last Chaos é un xogo multixogador en 3D masivo online (MMORPG) con máis de 300.000 xogadores có en Alemaña.

Características editar

  • Gráficos 3D de alta calidade.
  • Un xogo de rede online con novas e emocionantes aventuras.
  • Formar grupos aventureiros para loitar unidos.
  • Un sistema de desenvolvemento de personaxes únicos, con máis de 6 tipos dispoñibles.
  • Gran variedade de animais e monturas que che axudarán na batalla.
  • A posibilidade de xogar tanto PvP como PvE.
  • Un novo sistema de comercio que inclúe compra-venda e fabricación de obxectos.
  • Ambientado nun mundo de fantasía.
  • Last Chaos e totalmente gratuíto.

O xogo editar

Este mundo virtual está formado por un gran reino, Iris, constituído por diferentes cidades:

  • Juno (principal urbe).
  • Merak.
  • Dratan.
  • Eghea.
  • Strayana.
  • Mooraska (só a partir do nivel 140).

Niveis editar

Súbese de nivel cando se obteñen puntos de experiencia, o máximo nivel é o 165, e chegar a esas alturas pode levar anos de traballo.

Paralelamente cada vez que se mata algún monstro ou acádase unha misión con éxito, obtéñense puntos de habilidade, básicos para a aprendizaxe de distintas habilidades.

Personaxes editar

Neste xogo hai seis tipos de personaxes diferentes:

  • Bruxa. Distínguense dous tipos, bruxa e feiticeira.
  • Ladrón. Dous tipos, asasina e e ladroa.
  • Cabaleiro. Hai dous tipos, templario e real.
  • Feiticeiro.
  • Clérigo.
  • Titán.
  • Nightshadow, só acadable ata o nivel 90.

Países editar

"Last Chaos" ten servidores en Alemaña, España, Italia, Polonia, Francia e Turquía.

A sede de Last Chaos está en Alemaña, esta é unha compañía de xogos online chamada "Gamigo" (Páxina web oficial).

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar