--Xabier Cid Conversa 09:56, 7 xullo 2008 (UTC)--Xabier Cid Conversa 09:56, 7 xullo 2008 (UTC)

Benvido(a) á Galipedia, LIMIAO!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. Lansbricae (Ti dirás) 06:55, 16 maio 2007 (UTC)

Detalliños editar

Ola, Limiao, que tal? Parabéns por editar na wikipedia. Estiven corrixindo o artigo sobre o Centro de Interpretación, e quero explicarche algúns trocos, xa que ti tamén estás editando nel. O de espazos húmidos por humedais e algún máis teñen que ver con corrección lingúística, pero son pouco importantes. É máis complexo de aclarar o que ten que ver coas "pretensións" do centro. Ao ser un artigo enciclopédico, temos que describir como funciona o centro, que contén e cal é a súa estrutura (por exemplo, de quen depende, que non se di no artigo), pero non podemos incluír frases que digan o que "pretende" o centro, ou o que se vai facer nun futuro. Ese é un texto válido e moi útil para un díptico informativo, pero non para unha enciclopedia, que debe buscar contidos estables e neutrais. Pero se tes algunha dúbida pregúntame todo o que queiras, que estou para botarche unha man (ao igual cós demais usuarios da wikipedia). --Xabier Cid Conversa 09:56, 7 xullo 2008 (UTC)

Moito mellor así. Unha aperta. Saudiños --Xabier Cid Conversa 13:12, 7 xullo 2008 (UTC)

Engadir imaxes editar

Boas, Limiao. Supoño que era isto o que querías facer no artigo do Castro da Ensenada. Olla para aquí. Un saúdo e para calquera cousa non dubides en contactarme. --Atobar (conversa comigo) 08:20, 31 agosto 2009 (UTC)

Fotos da Limia editar

Boas LIMIAO, acabo de ver que es de Sandiás e viña comentarche outra colaboración que podes facer á Galipedia se che apetece. Resulta que temos dous proxectos en marcha para conseguir diferentes imaxes dos concellos de Galicia e a túa axuda sería unha gran cousa. No proxecto das casas dos concellos de Galicia fai falta unha foto da casa do concello de Vilar de Barrio, e logo no Wikipedia:Wikiproxecto fotos de parroquias faltan fotos de parroquias dos concellos de Baltar, Os Blancos, Calvos de Randín, Porqueira, Rairiz de Veiga, Sarreaus, Trasmiras, Vilar de Barrio e Xinzo de Limia. Como podes ver no proxecto das parroquias, a provincia de Pontevedra xa está rematada e a provincia da Coruña pouco lle falta, as que teñen máis falta de fotos son as de Lugo e Ourense, por iso estamos a buscar colaboradores desas zonas para que, se poden, fagan algunhas fotos das que fan falta.

Se ti non podes facer fotos, quizais coñezas a algún fotógrafo afeccionado da zona que podería estar interesado en colaborar nestes proxectos, tamén sería unha gran axuda que outra xente se achegue a colaborar coa Galipedia porque ás veces moita xente pode colaborar con nós pero non o fai porque non saben como facelo, cando ó mellor non lles supón esforzo ningún.

Se precisas axuda con este tema, para explicar algunha cousa a outras persoas, coma os obxectivos, as licenzas ou como subir as fotos, simplemente contacta comigo na miña páxina de conversa e auxadareiche en todo o que poida. Se o precisas tamén podo ir poñendo coordenadas nos artigos das parroquias para que sexan máis doadas de atopar, teño bastante maña co Google Maps para atopar igrexas por aí adiante, simplemente dime o concello que queres que actualice e póñome co choio.

Pois este é o conto, perdoa pola parrafada, espero que che interese, e se non, pois non te preocupes que tampouco pasa nada. Para o que precises tes a miña páxina de conversa. Saúdos, Elisardojm (conversa) 6 de abril de 2016 ás 16:49 (UTC)Responder

Boas, Elisardojm,
Comentoche que estou traballando no tema das fotos das parroquias. Por exemplo, acabo de subir a de Faramontaos de Xinzo de Limia, a de Carzóa de Cualedro, a de Marrubio de Montederramo, etc., entre as últimas colaboracións. Non teño moito tempo polo que non podo comprometerme a conseguir a foto da Casa do Concello de Vilar de Barrio, mais si podo tentareino. Moitas grazas pola túa axuda e colaboración! LIMIAO (conversa) 17 de xuño de 2022 ás 09:10 (UTC)Responder
@LIMIAO: xa hai foto da casa consistorial de Vilar de Barrio (esta), foi subida en 2017. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 17 de xuño de 2022 ás 09:16 (UTC)Responder
Unha boa nova! Saúdos! LIMIAO (conversa) 17 de xuño de 2022 ás 09:27 (UTC)Responder

Fontes editar

Ola, Limiao! As referencias bibliográficas deben indicar a fonte orixinal. O blog o que fai é replicar as noticias que apareceron os xornais, que é o que cómpre citar. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 26 de febreiro de 2024 ás 20:02 (UTC)Responder

Obviamente! O blogger, que son eu, tivo que pescudar nos xornais! LIMIAO (conversa) 27 de febreiro de 2024 ás 18:20 (UTC)Responder