Conversa usuario:JonnyJonny/Arquivo 3

Último comentário: hai 11 anos de Elisardojm no tópico Parabéns

linguaxe sexista editar

Ola, JonnyJonny! Graciñas polo comentario.

Movín 'presidente de Ecuador' a 'presidencia de Ecuador' precisamente porque, revisando os cambios recentes, mirei que o crearas un pouco antes. Despois, fixen algúns cambios en política de Ecuador, e historia de Ecuador.

Por suposto, non é unha acusación persoal, simplemente coincidiu que mirei ese artigo e o modifiquei. Quizais che debín mandar unha mensaxe para dar explicacións, iso si. Pero efectivamente, quedan moitos artigos con títulos que se deberían modificar. Hai uns meses abriuse unha conversa aquí ao respecto, pero quedou en nada. Sería interesante crear unha política común na galipedia.

Graciñas tamén polo aviso dos tres artigos de primeiros ministros de Francia. Heille botar un ollo, a ver como se arranxa.

Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 00:09, 4 de xaneiro de 2012 (UTC)

RE:Un modelo dentro dunha categoría editar

Non lembro que as nosas categorías conteñan ese tipo de cousas, pero tampouco lembro que ningunha norma ou politica o prohiba. Case mellor que fagas a pregunta na taberna ou no taboleiro dos administradores por se alguén, con máis experiencia, sabe qué responder. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 17:45, 4 de xaneiro de 2012 (UTC)

Boas! Pareceme unha idea excelente, axudarei en todo o que poida, estas a facer un grandísimo traballo ;). Aproveito para falar sobre o artigo da selección de rugby de Galicia vou reverir agora o nome que vexo que ninguén se queixou para que poidas engadir sobre a selección feminina ou melloralo no que queiras. Un saúdo!--Adorian (fálame) 22:30, 15 de xaneiro de 2012 (UTC)

Paréceme unha grandísima idea. Por suposto, intentarei axudar en todo o que sexa posible. Ademais, se queres aportar cousas ás tempadas xa creadas ou melloralas, xa sabes que podes facelo ;) Un saúdo!--FleaRHCP 23:39, 15 de xaneiro de 2012 (UTC)

Perfecto :) eu comezarei, para non solaparnos, coas tempadas dos anos 60, pero se tes outra idea non me importa empezar co que sexa. Ao mellor non levo un ritmo moi alto de creación, xa que estes últimos días estou cunha serie de artigos sobre as illas Británicas, pero axudarei todo o que poida.--Adorian (fálame) 12:00, 16 de xaneiro de 2012 (UTC)
Gústame como quedou :) o formato paréceme perfecto, aínda que supoño que segundo van avanzando ás tempadas, ao haber máis equipos, premios... terá que ir cambiando un pouco, pero vamos é ir incorporando as cousas pouco a pouco. Un saúdo! Se ves algó que non che guste nas tempadas que faga eu, non dubides en cambialo sen problemas ou comentarmo.--Adorian (fálame) 10:30, 17 de xaneiro de 2012 (UTC)
Eu rematarei as dos anos 2000, e logo comezarei coas dos anos 90. Xa sabedes, se queredes cambiar ou engadir algo, facédeo sen problemas ;)--FleaRHCP 10:51, 17 de xaneiro de 2012 (UTC) (conversa)

RE: Ligas de Fútbol de Europa editar

Moi atractiva a túa invitación, si señor. Asumo o reto! Unha aperta. --Krisko 12:18, 23 de xaneiro de 2012 (UTC)

Estrela Vermella de Belgrado editar

Ola! Non hai ningún problema :) Podes cambiar o que creas axeitado. Un saúdo! Hoxe seguirei co tema das tempadas da NBA, estes días estiven máis atarefado e tamén quería acabar un artigo que tiña pensente co marcador "en uso".--Adorian (fálame) 14:00, 25 de xaneiro de 2012 (UTC)

Request for translation. editar

Warm greeting from Korean Wikipedia! Could you help us to translate articles simple:Kara, simple:Josh Duhamel, simple:IU (singer), simple:Running Man into your unique and honourable language? Thank you in advance! Tsuchiya Hikaru 14:37, 26 de xaneiro de 2012 (UTC)

RE: Campionato de Galicia de fútbol editar

Ola JonnyJonny! Se che digo a verdade supoño que baseei a información do artigo nos datos de RSSSF, aínda que coido que botei tamén unha ollada a un libro chamado "82 años de historia", sobre a historia do Dépor, que trae un chisquiño de datos sobre o campionato galego. Non te podo afondar máis na historia do Vigo Sporting ao non dispoñer de máis información. E estou en clarísimo acordo que eses datos deberían estar mellor referenciados. Quedo coa mesma dúbida ca ti, de feito nin mirara a referencia que me dás na Wikipedia en castelán... --Krisko 12:01, 31 de xaneiro de 2012 (UTC)

Grazas polo aviso. Bótalle unha ollada por se detectas algo máis que se poida mellorar ou que haxa que corrixir. Un saúdo. --. HombreDHojalata.conversa 08:45, 8 de febreiro de 2012 (UTC)

Serge Ibaka editar

Ata o momento puxen sempre o país de nacemento. Hai algún caso máis doutros xogadores que naceron nun país e teñen outra nacionalidade ou xogan para a selección doutro país, igual que Ibaka. Eu creo que así está correcto, senón sempre se podía mirar a opción de poñer dúas bandeiras, unha do país de nacemento, e a outra do país que representan. Un saúdo!

Casas de concellos editar

Boas!, mira, que temos por aquí unha páxina coas fotos de tódalas casas de concellos e ó mellor podías facer ti algunhas que che queden perto e que faltan (ou non as atopamos) por exemplo Trazo, Vedra e O Pino son limítrofes con Santiago..., aínda que non sei se estarán a man ou non. Boeno, se che cadra de dar unha volta por alí coa cámara, e che apetece, completaríamos un pouco máis esa galería. A lista de tódolos concellos que faltan está na conversa desa páxina. Boeno, parabéns por todo o teu traballo e a ver se nos vemos nunha xuntanza :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13:15, 17 de febreiro de 2012 (UTC)

Pola calidade das fotos non te preocupes moito, cunhas fotos normaliñas chegan abondo, o que importa é ter algo penso eu. Pois a túa posición do mapa, aínda que xa lera que eras de por alí polo do río Corgo xa non me lembraba, foi de chiripa, pero mellor que acertara :). Tamén avisei a Atobar, que está tamén en Santiago, pero aínda non me dixo nada, non sei se poderá ir de paseo por eses lares, se fose así ata podiades repatir o traballo :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13:40, 17 de febreiro de 2012 (UTC)
Parabéns polas fotos!, por certo, a túa cámara é de profesionais ;). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23:05, 18 de febreiro de 2012 (UTC)

Zalgiris Kaunas editar

Moitas grazas polo aviso :) corrixeo sen problemas, seguro que me montei un follón eu só ao andar mirando entre tantos pavillóns :) Unha aperta e bo traballo!--Adorian (fálame) 19:09, 2 de marzo de 2012 (UTC)

Equipos de fútbol editar

Ola JonnyJonny. Paréceme que no modelo {{Club de fútbol}} no campo tempada poderiase aplicar o que fixo Toliño en {{Lugar}} e {{Parroquia}}. Iso pode ser unha solución simple para identificar que artigos de equipos de fútbol hai que actualizar. O problema será ver como están cubertos eses campos: se hai datos e como están inseridos nos clubs dos diferentes campionatos. Un cordial saúdo. --Prevertgl 16:19, 13 de marzo de 2012 (UTC)

Música por anos editar

Pois a verdade é que non pensara en crear categorías de música por anos, pero paréceme moi boa idea. O que si tiña en mente era uns artigos como estes, pero nunca se me deu por facelos porque non sei se realmente sería interesante telos ao non ter tantos artigos de música como na wikipedia en inglés. Co tema das categorías podemos poñernos a traballar dende xa. Un saúdo! --Beninho (conversa) 14:24, 16 de marzo de 2012 (UTC)

De nada, pero o teu traballo cos deportes ou o cine tampouco se quedan atrás jeje. Un saúdo e a seguir traballando! --Beninho (conversa) 18:37, 20 de marzo de 2012 (UTC)

Deportes por ano editar

Boas JonnyJonny! Mira unha cousiña... para as categorías de deporte por ano como pensas facer para as ligas? Por exemplo ACB 2009-2010, vai en deporte en 2009, en deporte en 2010 eu nas dúas? Un saúdo, --Piquito (conversa) 17:20, 20 de marzo de 2012 (UTC)

Grazas Jonny! Xa me fixei indagando por ahí, estou coas de hóckey a patíns, non creo que te poda axudar moito, ando liado categorizando e creando artigos en ópera. --Piquito (conversa) 17:51, 20 de marzo de 2012 (UTC)

Conta comigo, mais non creo que poda comezar un traballo tan custoso antes do 10 de maio, logo desa data podo ir pouco a pouco co choio. De todos xeitos nas entradas de ópera que vaia facendo irei incluíndo a Categoría:Ópera en ... para ir facendo algo. Unha aperta --Piquito (conversa) 18:08, 20 de marzo de 2012 (UTC)

Máis música por anos editar

Boas Jonny! Cando podas mira na Categoría:Óperas e Categoría:Óperas de Vicenzo Bellini se che parece ben o xeito de organizar as categorías por anos. Saúdos. --Piquito (conversa) 01:36, 21 de marzo de 2012 (UTC)

Boas outra vez. Sobre o segundo exemplo a verdade é que tes razón de momento, o certo é que tirei a idea da wiki en castelán, o feito de aparecer a categoría da data e do ano é porque quería agrupalas por séculos, mais o certo é que non quería poñerme a facer tódalas categorías xa, trataba de facer máis ben un exemplo. Sobre o primeiro exemplo creei a categoría Composicións musicais de tal ano para non encher a categoría con óperas, sinfonías, suites, concertos, sonatas, cancións... de feito eu das 5 categorías que hai por exemplo en Categoría:Música en 1989 deixaría 3, porque hai tres delas que están relacionadas con traballos discográficos (EPs, Sinxelos, Álbumes) que eu deixaría nunha categoría que aglutirara as tres. De todos xeitos falarei con Beninho para ver qué quere facer el co tema dos traballos discográficos, el controla moito máis o tema da música moderna, eu traballo máis a clásica. Todo o que podas aportarnos se agradece, así que pásate pola conversa para opinar, a min non me importa (é máis o agradezo) e a Beninho non creo que lle importe, que ao fin e ao cabo quen nos puxo a andar nas categorías por anos foches ti, algo terás que dicir! Unha aperta. --Piquito (conversa) 02:12, 21 de marzo de 2012 (UTC)

Categorías por anos editar

Vexo que estás a facer un gran labor metendo categorías por anos nunha manchea de artigos. Parabéns polo labor. Quería comentarche que existe un treballo que fai máis rápida a categorización, por se che interesa. Nas túas preferencias de usuario, na lapela "Trebellos", baixo a sección "Edición". Chámase HotCat e con un par de clics engádense as categorías. Próbaa, a ver como vai; se non che gusta podes seguir como ata o de agora, claro. Grazas polo traballo que estás a realizar. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 12:37, 25 de marzo de 2012 (UTC)

Para iso estamos! Se aproveitas máis o tempo co HotCat, mellor para ti e mais para o proxecto. E sobre o nome, a mágoa é que non se che recoñezan (polo menos a simple vista) as edicións co outro nome de usuario. Reitero as grazas polo traballo que estás a facer. E para calquera cousa, xa sabes onde estou. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 20:59, 25 de marzo de 2012 (UTC)

Ligazóns de rugby editar

Ola JonnyJonny. Ando mirando co bot as ligazóns rotas e no rugby atopei varios enderezos que deixaron de estar dispoñibles ou cambiaron de sitio. Como ti es especialista nese tema quería saber se hai algo que teña que ter en conta antes de mudar esas ligazóns. Se tes un momento están en Usuario:Prevert/Ligazónsmortas/08 na parte superior da páxina. Un cordial saúdo. --Prevertgl 17:20, 5 de abril de 2012 (UTC)

Moi ben, moitas grazas. Se che parece ben e tes tempo cando corrixas as ligazóns elimina as entradas da lista de Usuario:Prevert/Ligazónsmortas/08 para levar conta das que están corrixidas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 21:26, 5 de abril de 2012 (UTC)
Grazas. --Prevertgl 21:30, 5 de abril de 2012 (UTC)
Poida que sexa porque a lista non está completa. Moi bo traballo e moi rápido. --Prevertgl 22:16, 5 de abril de 2012 (UTC)

Fusións e historias urbanas de editar

Ola Jonny.

As fusións de contidos pódelas facer calquera usuario nas mesmas condicións que calquera outra edición (non hai que pedir permiso a ninguén para facelas, porén nos casos que non estean claras ou haxa polémica pódese/débese buscar a axuda/consenso da comunidade etc etc).

Unha vez que remates de pasar tódolos contidos cara ao artigo que vai quedar, avisa no taboleiro dos administradores para que un deles faga a fusión de historiais. Iso unicamente o pode facer un administrador. E máis nada. Aí remataría a fusión.

En canto aos artigos de "historia urbana de...", que son máis de 100. Son todos teima dun usuario anónimo con dirección ip variable que edita sempre de madrugada, pouco dado ó diálogo e a seguir o libro de estilo. Nesas condición faise difícil colaborar con el.

Se me preguntas a miña opinión persoal, penso que, na maioría dos casos, eses contidos irían mellor integrados nos artigos das propias cidades, que, as veces, son moi pequeniños. Algún deles xa os teño fusionado, mais, a capacidade de traballo neste tema do usuario que os crea supera á miña con creces. --. HombreDHojalata.conversa 14:48, 6 de abril de 2012 (UTC)

Comentario editar

Ola JonnyJonny. Vin o teu comentario a HombreDHojalata, só quería achegar algo de información. O usuario que mencionas na túa mensaxe e que anda a desprestixiar este proxecto foi bloqueado neste wiki para sempre por feitos moi graves. Desde aquel momento aproveita calquera ocasión para expresar o seu resentimento descualificando o que aquí se fai. Non paga a pena prestarlle atención. Un cordial saúdo. --Prevertgl 14:19, 7 de abril de 2012 (UTC)

Parabéns e nome de artigo :) editar

Boas!, primeiro, parabéns polas túas 5.000 edicións, e que veñan outras 5.000 máis :). A outra cousa é sobre o nome do artigo Pavillóns de Galicia por capacidade‎‎ que fixeches fai pouco, vin o contido e penso que ó mellor había que poñerlle un nome máis axeitado coma Lista de pavillóns de Galicia e metelo na Categoría:Listas. Eu quitaría o de por capacidade porque a lista pode ordenarse por varios campos e non únicamente por capacidade... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13:14, 13 de abril de 2012 (UTC)

Cinco mil edicións son un feixe de edicións!, se houbese algunha xente máis a facer esas tantas outro galo cantaría :). Sobre o artigo coméntoche que o artigo no que te baseas é o que na es-wiki chaman Anexo, por se non o sabes, ese é o nome que eles lle dan ás listas, foi un cambio que fixeron fai uns anos, decidiron poñer as listas nese espazo e quitar do título de todos eses artigos o comezo de Lista de. Pódelo ver claramente nas versións dos outros idiomas coma por exemplo en inglés, List of association football stadiums by capacity, alemán, Liste der größten Fußballstadien der Welt, ou en portugués, Anexo:Lista dos maiores estádios de futebol do mundo, todos comezan o nome por Lista... Se queres restrinxir a lista, porque non vai ser exhaustiva, entón penso que o nome máis axeitado sería Lista dos pavillóns de Galicia de maior capacidade ou Lista dos maiores pavillóns de Galicia. É que é unha lista :). E si que se poden facer os outros artigos que comentas coa relación de tódolos pabillóns por provincia, que tamén serán listas. Por certo, un dato interesante a engadir son as coordenadas xeográficas porque así logo pode engadirse o modelo {{Mapa lista de coordenadas}} coma no artigo Lista de monumentos da provincia de Pontevedra que xenera unha ligazón a un mapa onde sitúa todos os puntos que teñan coordenadas, se non controlas de coordenadas cando remates a túa parte déixamo a min que llas poño sen problema porque xa lle teño pillado o tranquillo.
E tes razón que o pavillón de Riazor non ten fotos, claro, todo o mundo fai fotos ó estadio :). O caso é que se me escangallou a cámara e agora estou sen ela ata que ma reparen, a ver cando a teño de novo, pero tomo nota para cando esté armado de novo :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 15:09, 13 de abril de 2012 (UTC)
Si, si, é pavillón perdoa, correxín antes un que puxera mal no comentario anterior pero deixei os dous peores, os dos nomes dos artigos...!. Pois iso, que si precisas axuda co das coordenadas xa sabes onde está a miña conversa :), saúdos, --Elisardojm (conversa) 17:20, 13 de abril de 2012 (UTC)
Xa me deron a cámara e cadroume de pasar por Riazor e fixen as fotos do pavillón, xa había unha pero agora hai para escoller :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23:27, 16 de maio de 2012 (UTC)
Ah, pois eu non me decatara de que podía pasar iso, moi curioso, si. Pero ten amaño, vou pedir que cambien o nome do ficheiro de commons e xa se poderá usar na Galipedia sen problema. Cando esté listo xa che aviso. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 00:03, 17 de maio de 2012 (UTC)
OK, pero non te preocupes polo cambio de nome porque en Commons teñen un bot (o famoso CommonsDelinker ademais de borrar tamén cambia os nomes) que se encarga de actualizar os nomes en tódalas wikis que os usan ;). Saúdos,

Pequencontro en Santiago editar

Boas, non sei se estás enterado do proxecto WikiSkills, pero resulta que este martes 17 pola tarde van facer un obradoiro dese tinglado en Santiago. Resulta que como imos a participar algúns galipedistas propuxen na taberna que ó rematar iso fagamos un pequeno encontro, se podes e che apetece deixa unha nota alí para ver cómo nos organizamos. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22:41, 13 de abril de 2012 (UTC)

Palacio dos Deportes de Riazor editar

Boas Jonny! Tentarei tirarlle algunha foto ao exterior, cando me cadre de volver ao hóckey tirarei algunha do interior. As imaxes van tardar, tentarei ir facendo o artigo coa información que atope. Unha aperta! --Piquito (conversa) 00:06, 16 de abril de 2012 (UTC)

  Feito! O artigo xa está, cando poda ir tirarlle algunha foto, sexa exterior ou interior subireita. Por certo, púxen no nome Pazo en lugar de Palacio, espero que non sexa problema. Saudos!! --Piquito (conversa) 01:33, 16 de abril de 2012 (UTC)

Pazo dos Deportes editar

AA capacidade de 6.000 espectadores foi a dada á ACB cando o Breogán ascendeu en 1999 á Liga ACB (e así se reflicte nas guías da época), anteriormente a capacidade estaba considerada de 7.500, aínda que claro eso pasaba ao non estar delimitados os asentos nas zonas de bancos. Posteriormete (Se non recordo mal en 2004) fixéronse obras no pazo, habilitando o novo palco, e o club enviou á ACB unha nova capacidade de 6.500 espectadores (de feito, deixame mirar nalgún rexistro, pero hai datos de partidos no se que contabilizan máis de 7.500 espectadores, grazas a gradas supletorias postas a pé de pista). De tódolos xeitos buscarei máis referencias. Qui´zas na web poña 6.000 debido a que hoxe en día un dos fondos está cuberto cunha tela e a que xa non se colocan as gradas de pé de pista (e no Multiusos do Sar si se contabilizan as gradas supletorias). Oficialmente na ficha do club na web da ACB segue mostrando 6.500 espectadores.

No tocante ao pavillón municipal a capacidade en partidos de baloncesto é de 3.500, xa que para os partidos de fútbol sala non se usan as gradas supletorias dos fondos (que si, hoxe en día xa case non se utilizan, ao xogarse os partidos de baloncesto no Pazo), pero a posilidade de usalas existe. Buscarei tamén algunha referencia.--Adorian (fálame) 09:19, 16 de abril de 2012 (UTC)

Perdoa se fun moi teimudo, pero é que no mesmo artigo sae a nota da capacidade máxima que pode albergar, é dicir, a capacidade habitual do pazo é de 6.000 espectadores, pero non quere dicir que se se xoga algún partido importante (cousa que últimamente non pasa), non se coloquen os bancos de pé de pista e demais.--Adorian (fálame) 09:23, 20 de abril de 2012 (UTC)

Do pavillón do Azkar teño referencias de cando xogaba aló o Breogán (até 1991) que marcan 3.500, pero como hoxe só se xoga a fútbol sala supoño que as gradas dos fondos están sempre retiradas, así que a día de hoxe só se utilizan penso as de 2.200 dos laterales, se cadra se pode poñer algunha aclaración, pero case mellor deixalo como está. Do Paco Paz de Ourense a ver se atopo algunha referencia, pero se non lembro mal creo que oficialmente andaba entre os 5.700 e 6.000. Unha aperta e gran traballo.--Adorian (fálame) 12:23, 20 de abril de 2012 (UTC)

RE:Ourense editar

Ben, o mapa non está completo de todo, fun metendo ós usuarios máis activos e tamén ós que teñen máis edicións, e sempre e cando na súa páxina de usuario teñan indicado o lugar onde residen, non todos o poñen e aínda que eu saiba ónde están algúns deles, se non o poñen nun sitio visible para todos pois non os podo meter no mapa. Non é plan de que ninguén sinta nin unha pequena obriga de publicar ese tipo de información, puxen o aviso na taberna para que todos saiban que hai iso e que o que quera se apunte ou se borre, e que ó que lle interese esa información poda usala. Xa me estou a liar :), o resumo é que non atopei ninguén (entre os que mirei, hoxe vou tentar buscar algún máis que falte) de Ourense para poñer no mapa e o que aínda é máis, non teño datos de ningún galipedista que ande por alí... O único que se me ocorre é poñer un aviso na taberna a ver se aparece alguén e se anima a facer unhas fotos. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 18:35, 20 de abril de 2012 (UTC)

Nada, revisei Wikipedia:Estatísticas/Lista de usuarios por número de edicións e dos usuarios que fixeron algunha edición dentro dos últimos 30 días, é dicir os que están en azul, non atopei ningún que fose da provincia de Ourense. Cando fixen o mapa xa me decatara deste extrano e iso reflíctese moito, por exemplo, nos artigos dos concellos desa provincia. E por iso penso que é tamén é importante facer cousas fóra da Galipedia, para promocionala e tentar que se achegue máis xente de diferentes eidos e áreas. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 00:43, 22 de abril de 2012 (UTC)

Columnas editar

Moitísimas grazas Jonny!!! Piquito (conversa) 15:43, 8 de maio de 2012 (UTC)

Ups, non funciona :( Piquito (conversa) 15:48, 8 de maio de 2012 (UTC)
Non sei Jonny, se ti me dis que funciona funcionará, se cadra é cousa do meu ordenador, pero eu sigo vendo unha única columna, xa mirarei noutro. Grazas!!! Piquito (conversa) 07:25, 9 de maio de 2012 (UTC)
Teño Chrome, será eso. Piquito (conversa) 11:22, 9 de maio de 2012 (UTC)

Caixa de información editar

Boas Jonny, mira unha cousiña, sabes se neste modelo se podería insertar un Modelo:Football kit, queda moi raro que non se poda ver a vestimenta do equipo. Moitas grazas! Piquito (conversa) 14:05, 9 de maio de 2012 (UTC)

Váleme de sobra, moitas grazas. Piquito (conversa) 14:27, 9 de maio de 2012 (UTC)

Jonny, podes meterlle unha liña de texto explicativa do que é cada cousa nas dúas categorías? Graciñas.--. HombreDHojalata.conversa 13:40, 12 de maio de 2012 (UTC)

Kevin Durant editar

Tes toda a razón, non me din conta ó facer o artigo. Grazas pola corrección ;) --FleaRHCP (conversa) 19:55, 12 de maio de 2012 (UTC)

Muchas gracias y espero me sigas ayudando, un abrazo para tí. --D vsquez (conversa) 23:31, 11 de xuño de 2012 (UTC)

Eurocopa editar

Ola Jonny, moitas grazas! Sabes que podes modificar o que queiras, que seguro que o melloras :) calquer axuda é ben recibida. Moi bo traballo. Un saúdo!--Adorian (fálame) 11:03, 23 de xuño de 2012 (UTC)

Pódesme axudar con esto? editar

Boas JonnyJonny! Nos últimos tempos estiven a crear páxinas de equipos de hóckey sobre xeo, mais atópome cun problema á hora de engadir os ficheiros coas equipacións, xa que tal como está feito o modelo só recoñece unha imaxe, e ao tentar poñer outro ficheiro en camisola ademáis da imaxe que vai debaixo do nome, repítese a imaxe (por se non me explico ben mira Jokerit). Pódeslle votar un ollo ao modelo para ver se me podes axudar con este contratempo? Moitísimas grazas de antemán!! Piquito (conversa) 18:49, 26 de xuño de 2012 (UTC)

Pois era ben doado!! Moitas grazas. Piquito (conversa) 19:29, 26 de xuño de 2012 (UTC)

Cita pmid editar

En realidade no Modelo:Cita pmid non funciona todo ben, porque non sae completa a cita (con nomes de autores, título, revista, etc.). O único que sae é o número PMID en azul, que serve de ligazón, pero como non pon o nome non sabes onde vas ir a parar ao premer nel. Algo debín facer mal. Fíxate nas referencias 45 e 46 de taxonomía bacteriana, que xa as pasei a Cita pmid, pero nelas só sae o número e hai unha mensaxe na referencia que di que hai que esperar uns minutos (xa pasaron horas) e fala de saltar "a cola" (queue), etc. Grazas.--Miguelferig (conversa) 11:12, 3 de xullo de 2012 (UTC)

Copa do Mundo de Rugby editar

O certo é que non sabía que se trataba dunha dradución tirada da Galipedia, está claro que nesta wiki podería haber moitos máis artigos de calidade. Parabéns a ti tamén, que ao fin e ao cabo fixeches a meirande parte do traballo. Unha aperta, Piquito (conversa) 10:04, 11 de xullo de 2012 (UTC)

Votacións editar

Boas Jonny! Como compostelán supoño que te interesará esta votación, non quero condicionar o teu voto, le as conversas e comentarios e se queres vota o que che pareza. Unha aperta, Piquito (conversa) 11:43, 15 de xullo de 2012 (UTC)

Perístilo editar

Ola. como vai? si, agora ando facendo artigos para rematar de encher o modelo de "Templo grego". Estou aberto a calquer tipo de axuda, revisión ou ampliación dos artigos, xa que só estou facendo traducións de varias wikis. Un saúdo e a traballar arreo!! chairego (si?) 12:04, 17 de xullo de 2012 (UTC)

A pasalo ben!! editar

E que collas ben folgos!. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 12:57, 17 de xullo de 2012 (UTC)

Outra cousa, respondín á túa pregunta na taberna de imaxes, a ver se che vale. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 00:06, 21 de xullo de 2012 (UTC)

RE: Referencias editar

Moitas grazas Jonny!!! Está moi ben o modelo, tereino en conta no futuro. Graciñas e unha aperta, Piquito (conversa) 09:34, 20 de xullo de 2012 (UTC)

RE: Votacións editar

Tiñas toda a razón. Grazas por avisar. Xa o corrixiu HombreDHojalata. Saúdos. --Xas (conversa) 14:13, 23 de xullo de 2012 (UTC)

Certamente o teu traballo e de moita máis calidade, parabéns, e fai o modelo innecesario. --. HombreDHojalata.conversa 20:22, 26 de xullo de 2012 (UTC)

Atletismo nos Xogos Olímpicos editar

Moi boas JonnyJonny!! Que tal? Estiven a ampliar o artigo Atletismo masculino nos Xogos Olímpicos de Londres 2012 engadindo os medallistas das disciplinas finalizadas, sen embargo penso que deberiamos trocar o nome do artigo por un máis xenérico como no caso de Natación nos Xogos Olímpicos de Londres 2012 e poñer a información de mulleres e homes ao igual que están a facer nas outras wikis no canto de crear un artigo para cada deporte e cada sexo, persoalmente penso que é mellor, que opinas? Por outra banda, anímaste a ir creando artigos d@s medallistas dos xogos? Unha aperta, xa me contarás! Piquito (conversa) 16:36, 7 de agosto de 2012 (UTC)

Xosé Antonio Hermida Ramos editar

Inda que aí non o menciona, penso que é fillo de emigrantes galegos. Toda a súa familia é de Ourense. En calquera caso, foi Xabier Cid quen o puxo no artigo, alá polo ano 2007, como Xose Antonio Hermida, e Xabier adoita editar con coñecemento de causa. --. HombreDHojalata.conversa 22:18, 8 de agosto de 2012 (UTC)

Boas Jonny! Tentei mudar o nome da "Liga Noroeste de Traíñas" por "Liga Galega de Traiñeiras" (xa que é a denominación actual), mais o problema é que a Liga Galega de Traiñeiras é unha redirección á liga noroeste. Sabes como podo mudar o nome polo actual? Graciñas, Piquito (conversa) 07:35, 15 de agosto de 2012 (UTC)

Boas Jonny! Sabes se hai algún modelo ou similar para incluír os mapas desta edición pasada da Kontinental Hockey League, na correspondente tempada da liga na nosa wiki? Quería poñer mapas de localización en tódalas tempadas (polo momento tan só hai das dúas primeiras e só a segunda tempada ten o mapa que ademáis non sei cómo non está axustado). Moitísimas grazas meu! Unha aperta, Piquito (conversa) 16:56, 19 de agosto de 2012 (UTC)

Sintoo Jonny, mais non entendo moito desto (fago cousas moi básicas copiando e pegando e aprendendo por intuición). O certo é que non teño nin a máis remota idea de cómo importar o modelo en cuestión :S. Vou poñer na taberna un aviso por se alguén me axuda, xa que últimamente os administradores (algúns) non fan moito caso de min. Unha apera!! Piquito (conversa) 23:27, 19 de agosto de 2012 (UTC)

Nomes de equipos deportivos editar

Bóas. Deixei un comentario na taberna, para que o resto dos usuarios dean o seu parecer. Saúdos. --Iago dime 09:05, 10 de setembro de 2012 (UTC)

Galiza Black Towers editar

Boas, cando teñas un momento, poderías revisar o modelo de Equipo de Fútbol Americano dese artigo?. É que ó visualizar o uniforme non sae ben e provoca que o artigo teña ligazóns rotas a ficheiros. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10:52, 24 de setembro de 2012 (UTC)

Votación editar

Podes explicarme na votación por qué non discordas en que sexa administrador?--Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 11:25, 5 de outubro de 2012 (UTC)

Recoñecemento cando se traduce doutra Wikipedia editar

Ola JonnyJonny.

Por favor, ten en conta que os textos da Wikipedia, en tódalas linguas, publícanse baixo CC-BY-SA, e entre os requirimentos desta licenza está o recoñecemento.

Isto quere dicir que cando se traen, traducíndoos, contidos doutras wikipedias, cómpre recoñecer a súa orixe/autoría. E ti non o reflectiches no artigo "Delegación do Goberno".

Na Wikipedia en galego adoitamos facelo dunha das seguintes dúas maneiras:

  • A maneira máis doada, e empregada, é deixar constancia no cadro Resumo. Exemplos:
 
→ Esta achega é unha tradución do artigo da Wikipedia en castelán: [[:es:Cristóbal Colón]]
→ Este artigo contén material procedente dos artigos das Wikipedias en inglés e portugués: [[:en:Europa]] e [[:pt:Europa]]
→ A primeira edición deste artigo procede da tradución e adaptación do artigo homónimo da Wikipedia en lingua_que_sexa
→ Tradución da versión http://pt.wikipedia.org/w/index.php?title=Albert_Einstein&oldid=11330571 do artigo da Wikipedia en portugués
  • Alternativamente, tamén se pode facer constar na páxina de conversa do artigo, empregando o modelo {{Traducido de}}.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir!--. HombreDHojalata.conversa 21:30, 4 de novembro de 2012 (UTC)

Rugby editar

Boas JonnyJonny!! Sei que te gusta o rugby e coido que entendes do tema, animaríaste a ampliar o artigo e crearlle unha sección de O rugby en Galiza? É un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter e se chega a máis de 30.000 bytes é considerado artigo longo e "suma puntos" para a clasificación de Wikipedias, polo que sería interesante e podería valer para que nun futuro puidera ser de calidade. Eu pódoche axudar se che parece moito choio, aínda que penso que tes máis idea ca min do tema (gústame o rugby mais non controlo demasiado) e teño moitas frontes abertas, xa que estou a traballar en ópera e Johann Sebastian Bach para que sexan artigos longos o mes que vén, e teño un marcador en Wozzeck que non debería descoidar (aínda que non creo que ninguén teña intención de editar neste artigo). O dito, se te animas conta comigo e axudareiche na medida do posible. Unha aperta!! Piquito (conversa) 15:08, 19 de novembro de 2012 (UTC)

Buff! Pois non sei qué dicirche... todo depende da cantidade de información da que dispoñas. Se tes para crear un artigo medianamente longo si. Eu persoalmente non son moito de "galeguizar" os artigos, penso que facer moitas referencias ao rugby en Galiza é un absurdo, xa que non considero que o rugby galego teña relevancia para o deporte en cuestión, polo que eu crearía outro artigo (repito, se hai material), non sei se me explico, vamos, que o rugby en Galiza é importante para os galegos e indiferente para o rugby (é unha opinión). Sobre o que me comezabas de por qué comezar: eu ampliaría a sección de historia (se é posible), crearía direccións a artigos principais no seven e o rugby-13. Eu miraría outras wikis para sacar ideas aínda que nun principio non traduzas (logo se cadra tiras algo traducido). Cando creei o artigo do hóckey a patíns introducín referencias a clubs e competicións, certo é que é moito máis doado no meu caso por ser un deporte ultra minoritario a nivel mundial, é unha idea. Outra cousa que podería estar ben sería incluír unha galería de imaxes con accións do xogo tipo melé, touch, mol, placaxe, etc dentro de subcategorías:

1. Regras do xogo 1.1. Melé 1.2. Touch 1.3. Placaxe

A organización a deixo para o teu criterio (seguro que máis acertado que o meu). Claro, cada subsección debe ser longa abondo para que poda levar ao carón a imaxe. Non sei, son pinceladas, espero terte sido de axuda. Unha aperta meu!!! Piquito (conversa) 21 de novembro de 2012 ás 22:31 (UTC)Responder

Parabéns editar

Polos dous aniños eses, a seguir co bo traballo! :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23 de novembro de 2012 ás 23:56 (UTC)Responder

Tes razón que o tempo na Galipedia voa, pero iso tamén quere dicir que pasa a gusto, mellor que mellor! :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 24 de novembro de 2012 ás 02:36 (UTC)Responder
Volver á páxina do usuario "JonnyJonny/Arquivo 3".