Conversa usuario:Elisardojm/arquivo 14

Último comentário: hai 6 anos de Unhanova no tópico Categorías / votación

Arquivo das conversas do primeiro cuadrimestre do 2017:

Wikirreto editar

Feliz aninovo! Hoxe dá comezo a nova edición do Wikirreto 2017. Anímate a participar!

Cangas, Pantón editar

Ola Elisardojm. Na miña opinión a foto Ficheiro:Igrexa de San Fiz de Cangas, Pantón.jpg non corresponde a Cangas, Pantón senón a San Fiz de Cangas, Pantón. Por favor, bótallle unha ollada por se estou trabucado. Un cordial saúdo. --Prevertgl 2 de xaneiro de 2017 ás 15:34 (UTC)Responder

Grazas. Apareceu mentres clasificaba as imaxes de Pantón. Un cordial saúdo. --Prevertgl 3 de xaneiro de 2017 ás 14:54 (UTC)Responder

Tras o/a editar

Ola, Elisardo. Ando estes días fóra, así que se desculpa se tardo en responder. Tras o/a é perfectamente válido; de feito, é a forma habitual. Ambas as dúas opcións que me sinalas, polo tanto, son correctas. Os que empregamos ao e non ó é, por se che axuda a recordalo, tamén adoitamos optar por tras o e non tralo. Para gustos. Saúde! --Atobar (conversa comigo) 4 de xaneiro de 2017 ás 17:17 (UTC)Responder

Castelos moi curtos editar

A ver se saco un ratiño nesta fin de semana para meterlle unha descrición. Polo momento só teñen as coordenadas e os links que atopei con info, é certo. Se polo que fose non me dese tempo esta finde e os tiveras que borrar era boa cousa non perder esas coordenadas. Saúdos --Iagocasabiell (conversa) 7 de xaneiro de 2017 ás 00:40 (UTC)Responder

(San Xoán de) Poio editar

Boas. Bota un vistazo, please, á conversa de San Xoán de Poio, Poio. Hai oito anos que advertín que o Nomenclátor lle dá o nome de Poio, non San Xoán de Poio. Grazas, Pedro --Lameiro (conversa) 8 de xaneiro de 2017 ás 20:31 (UTC)Responder

Si, por min faino. Creo que por coherencia co resto dos topónimos debería ser, como dis, Poio (San Salvador), Poio e Poio (San Xoán), Poio. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 8 de xaneiro de 2017 ás 22:30 (UTC)Responder
Xa vin que andabas facendo os cambios, e vin tamén o chollo que representa. Por iso sabía que era mellor que o fixeras ti. Un saúdo, Pedro --Lameiro (conversa) 21 de xaneiro de 2017 ás 17:59 (UTC)Responder

RE:Literatura galega editar

Especial:Contribucións/91.117.220.25 - [1] Depende. Se os outros dous empregáronse como referencia cando se creou o artigo non ten sentido quitalos, outra cousa é que deberan ir en formato de nota para maior precisión. Se se engadiron sen máis como ese outro e non referencian nada sí se deberían quitar. Banjo tell me 9 de xaneiro de 2017 ás 11:40 (UTC)Responder

A política indica o contrario. Banjo tell me 9 de xaneiro de 2017 ás 11:46 (UTC)Responder
Si, o que expresou Norrin nesa conversa ven sendo en liñas xerais a miña opinión sobre o tema. Xa saíu nalgunha conversa máis con respecto ós artigos de calidade se non recordo mal. No WP:LE só se indica "Esta sección pode incluír unha bibliografía,..." sen entrar a que contén a propia sección, pode engadirse aí a referencia ó que se indica en WP:CITA por exemplo. Banjo tell me 9 de xaneiro de 2017 ás 12:19 (UTC)Responder
Ok, se o consideras axeitado por min adiante. Banjo tell me 9 de xaneiro de 2017 ás 12:27 (UTC)Responder

────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────Perdón por meterme na conversa. Elisardo, o fondo desta cuestión, penso, non é se esas referencias bibliográficas son válidas e adecuadas para se incluíren neses artigos, que o son, e moito. A cuestión é o afán promocional do usuario anónimo que as inclúe nos artigos. Tódalas edicións dende 91.117.220.25 e outras direccións ip, dende hai anos, nesta Wikipedia, e noutras,[2] teñen o marcado obxectivo de promocionar os libros de Xosé Ramón Pena. Non ten intención de mellorar os artigos do proxecto. A súa única folla de ruta é engadir os libros de Pena en tódolos artigos posibles de tódalas linguas posibles. Por iso eu entendo que as reversións feitas por Banjo son moi procedentes, con independencia de que alguén, no futuro, e noutro contexto, seguramente volverá a incluír esas fontes bibliográficas nos artigos, porque, como digo, son bos libros e moi acaídos para os artigos de marras. --. HombreDHojalata.conversa 10 de xaneiro de 2017 ás 22:19 (UTC)Responder

9 de xaneiro de 2017 ás 19:12 (UTC)

Abadín editar

Ola Elisardojm. Nesta páxina de Panoramio teñen algunhas imaxes de Abadín que poden ser útiles, en particular unha dunha parroquia que non temos. Penso que son as nove de abaixo, a segunda das nove xa a temos. Poderías importalas con algunha das ferramentas de Commons? Grazas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 14 de xaneiro de 2017 ás 00:09 (UTC) Poida que estoutra imaxe tamén sexa, non estou certo diso. --Prevertgl 14 de xaneiro de 2017 ás 00:14 (UTC)Responder

Moitas grazas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 15 de xaneiro de 2017 ás 17:08 (UTC)Responder
Outro choio. Atopei un par de imaxes de Muras, un concello do que temos poucas, dun usuario de Panoramio (que xa ten moitas en Commons) que quedaron sen cargar: http://www.panoramio.com/photo/14355442 e http://www.panoramio.com/photo/14397681 . Se podes cargalas, perfecto. Grazas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 15 de xaneiro de 2017 ás 20:37 (UTC)Responder

Los Angeles, Los Ángeles, Os Ánxeles etc editar

Ola Eli.

Podes buscar a ver como ven no Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega?

Graciñas. --. HombreDHojalata.conversa 14 de xaneiro de 2017 ás 12:21 (UTC)Responder

Nova imaxe editar

Ola Elisardojm. Veño de subir a miña primeira imaxe [8] (traducín 4 palabras dunha imaxe xa existente) e quería que botaras unha ollada por se fixen algo mal. A quería empregar para a páxina de Triforio, por iso aínda non está ligada a páxina algunha, por se acaso houbera que eliminala. Sobre todo, é a cuestión do resumo e das licenzas e o recoñecemento ao que me refiro. Un saúdo.--maghoi (conversa) 14 de xaneiro de 2017 ás 17:40 (UTC)Responder

Wikipedia:Votacións/Axustes no libro de estilo editar

Saúdos. Acaba de comezar unha votación para a proposta de varios axustes no Libro de estilo da Galipedia, anunciada nesta mensaxe da taberna. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Axustes no libro de estilo. Grazas! Banjo tell me 15 de xaneiro de 2017 ás 00:16 (UTC)Responder

16 de xaneiro de 2017 ás 23:24 (UTC)

The Signpost: 17 January 2017 editar

Clave editar

O correcto é clave. Ex.: a clave de sol, a clave do móbil, un xogador clave... Pero ollo: crave, do verbo cravar. --Atobar (conversa comigo) 21 de xaneiro de 2017 ás 00:24 (UTC)Responder

Borrar editar

Boas Elisardojm! Mira, hai uns días chegoume un aviso avisándome dunha votación para unha política, eu borrárame deses avisos hai meses pero parece que alguén meteume de novo na lista, como podo facer para borrarme? Na mensaxe non se indica ningunha opción para deixar de recibir esas mensaxes. Graciñas!! Piquito (conversa) 21 de xaneiro de 2017 ás 01:09 (UTC)Responder

Graciñas Elisardojm! Lembrarei a páxina por se me inclúen outra vez na lista non darte tanto a brasa. Apertas!!! Piquito (conversa) 22 de xaneiro de 2017 ás 01:10 (UTC)Responder

23 de xaneiro de 2017 ás 20:14 (UTC)

Nova encarga editar

Ti que te manbexas ben con cousas complicadas, lembra que aínda está sen fusionar Lugares de Cerdedo con Lugares de Cotobade. Non hai presa pero non o olvides. Grazas, Pedro --Lameiro (conversa) 25 de xaneiro de 2017 ás 20:40 (UTC)Responder

Para desfacer editar

Comentas na conversa do revisor ortográfico que non se corrixen as formas menos recomendables. Eu corrixín moitas de aportar, adicar, púa... Hai algunha forma automatizada de desfacer? Unhanova (conversa) 26 de xaneiro de 2017 ás 12:42 (UTC)Responder

Copyvio e falsificación en Commons editar

Ola Elisardojm. Aquí vai un copyvio, ademais de falsificación: commons:File:Arbol de bascuas.jpg. Aparece como árbore de Bascuas e no EXIF xa hai discrepancias. Nunha simple busca de imaxes xa se ve que non é do usuario Bascer nin de Bascuas. Grazas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 28 de xaneiro de 2017 ás 20:14 (UTC)Responder

30 de xaneiro de 2017 ás 18:45 (UTC)

Lista de aves de Galicia editar

Grazas, Elisardojm. As referencias que eu atopara no bUSCatermos eran todas de gabeador. O problema é que agora estou a facer a páxina dos sítidos e xa non sei como chamarlles.--Miguelferig (conversa) 1 de febreiro de 2017 ás 21:25 (UTC)Responder

RE:Novas mensaxes editar

Grazas, tiñas razón a ligazon estaba mal eso foi porque o copiei literalmente da miña páxina de es.wikipedia. Xa está correxido. --Jcfidy (conversa) 2 de febreiro de 2017 ás 08:02 (UTC)Responder

Erro, sen máis editar

Ola, Elisardo. Até onde eu sei, é un erro, sen máis. En galego, perde o l intervocálico que lle vén do latín e que outras linguas romances como o castelán, o italiano ou o portugués si manteñen. Como curiosidade, direiche que o Dicionario Escolar de Xerais, aquel pequeniño vermello que seguramente usaches na EXB, daba *xelo como entrada correcta. Hoxe non. A evolución lóxica en galego é xeo, e o correcto polo tanto é xeo. Se cadra, o termo *xelo podería ser interpretado como calco do castelán e por conseguinte falariamos dun castelanismo. Non sei dicirche moito máis. Se cadra Estevo sabe ampliar ou corrixir algo do que eu digo. Saúde! --Atobar (conversa comigo) 2 de febreiro de 2017 ás 19:31 (UTC)Responder

Estevoaei, ti que dis? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 2 de febreiro de 2017 ás 19:48 (UTC)Responder

Las páginas aquellas... editar

Hola, Elisardojm. Procederé a pegar en subpáginas lo que me pediste. Me preocupa un poco la autoría, que es tuya, y al traerlas acá parecerá que es asunto mío... Las pego de todas maneras. Saludos, Laura Fiorucci (conversa) 6 de febreiro de 2017 ás 01:39 (UTC)Responder

Acá las tienes:
Saludos, Laura Fiorucci (conversa) 6 de febreiro de 2017 ás 02:02 (UTC)Responder

The Signpost: 6 February 2017 editar

The Signpost: 6 February 2017 editar

6 de febreiro de 2017 ás 19:45 (UTC)

Wikimaratón urxente maña editar

Boas, pídovos o voso apoio para organizar un wikimaratón para mañá, máis info en Wikipedia:Taboleiro_dos_administradores/Problemas_varios#Wikimarat.C3.B3n_para_ma.C3.B1.C3.A1 Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 10 de febreiro de 2017 ás 15:35 (UTC)Responder

Sorte! Por esta non podo apuntarme. --Agremon(contacto) 10 de febreiro de 2017 ás 20:27 (UTC)Responder

wikimaratón editar

Hai que revisar as tiles dos nomes, supoño que o wikidata colle os datos dos artigos ingleses e xa vin polo menos dous nomes que levan til e non a tiñan na ligazón para crear o artigo. --AMPERIO (conversa) 10 de febreiro de 2017 ás 19:08 (UTC)Responder

13 de febreiro de 2017 ás 18:06 (UTC)

Papo da perna editar

Feito queda. Recuperei a última edición válida, acheguei a explicación no resumo de edición e tamén un breve comentario na páxina de conversa. En síntese: *pantorra e *pantorrilla non poden quedar ao nivel do resto de formas sinonímicas, por estar sancionadas como incorrectas en dicionarios dunha xerarquía superior á única fonte que cita a ip. Saúde! --Atobar (conversa comigo) 14 de febreiro de 2017 ás 10:01 (UTC)Responder

Comentario editar

Porque quería comprobar o que estaba afirmando. Unhanova (conversa) 14 de febreiro de 2017 ás 13:52 (UTC) Si que se poden buscar os homes poetas, por exemplo https://en.wikipedia.org/wiki/Category:English_male_poets Unhanova (conversa) 14 de febreiro de 2017 ás 14:19 (UTC) Para min o masculino xenérico é unha fraude. Eu non podo saber lendo os vikingos chegaron ás costas da Galiza se na expedición había mulleres. Se se di que os galegos emigraron a Arxentina, era unha emigración masculina ou tamén participaban mulleres? Mais creo que terei que tomarme tempo para explicalo Unhanova (conversa) 14 de febreiro de 2017 ás 14:41 (UTC) O mesmo nunha categoría que poña escritores, non se pode saber, a priori, se vai estar Rosalía de Castro, en writers, eu si que o sei. Ti cres que así explicado, se pode entender? Por iso digo que hai un erro grave de estrutura, porque, co masculino xenérico, non se sabe como están estruturadas as categorías. Unhanova (conversa) 14 de febreiro de 2017 ás 15:12 (UTC)Responder

Rosalía en persa editar

Se todo vai como espero, en uns días teremos o artigo Rosalía de Castro en persa! :) --AMPERIO (conversa) 14 de febreiro de 2017 ás 19:52 (UTC)Responder

Foron máis rápidos do que pensaba! Xa está fa:روسالیا د کاسترو! A ver se o consigo en hebreo... --AMPERIO (conversa) 14 de febreiro de 2017 ás 20:15 (UTC)Responder

Mapa editar

Grazas. Saúdos, Unhanova (conversa) 15 de febreiro de 2017 ás 13:23 (UTC)Responder

Discrepo editar

Ola compañeiro.

Discrepo desta túa edición.

Un saúdo. --. HombreDHojalata.conversa 15 de febreiro de 2017 ás 15:14 (UTC)Responder

Linguaxe non sexista nos modelos e categorías editar

Boas, na taberna hai unha proposta para intentar facer que a Galipedia use unha linguaxe non sexista nos modelos e nas categorías. Se ten un momento libre agradeceríamos a súa participación na conversa. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 16 de febreiro de 2017 ás 00:36 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Discusión na taberna editar

Creo que habería que deixar claro dalgunha forma que non é unha votación. Xa sei que deixaches unha mensaxe avisando diso, pero parece que a xente o pasou por alto. Aparte de que se está desviando o tema un pouco e xa se está falando de patriarcados e non sei que máis. --AMPERIO (conversa) 16 de febreiro de 2017 ás 13:04 (UTC)Responder

Incluída editar

Vaia frase, meu. Si, si, pásao a incluída, que *inclusa é incorrecto. Saúde! --Atobar (conversa comigo) 16 de febreiro de 2017 ás 18:55 (UTC)Responder

edición ip editar

Podes comprobar esta edición? Un saúdo. --AMPERIO (conversa) 16 de febreiro de 2017 ás 22:01 (UTC)Responder

Grazas por revisalo. Eu non tampouco son moi fan do programa, de feito creo que só vin algúns minutos facendo zapping na tele, mais como a Madrid non chega a TVG non podía comprobalo. Un saúdo. --AMPERIO (conversa) 17 de febreiro de 2017 ás 08:30 (UTC)Responder
Jaja, creo que de momento vouno deixar... aínda non me deu tan forte. --AMPERIO (conversa) 17 de febreiro de 2017 ás 08:40 (UTC)Responder

RE:Formato de tradución de citas editar

Non coñezo máis instancias nas que se falara ou debatese sobre esa cuestión, a verdade. Desas conversas extráese que o acordo vixente é traducir as citas ó galego, pero mantendo a cita orixinal dalgunha forma (nunha nota ó pé, nunha referencia ó libro/web do texto orixinal ou no propio corpo do artigo). Probablemente habería que deixalo de forma explícita no libro de estilo ou noutra política, non é cómodo andar procurando en arquivos da taberna. En canto ó que comentas do artigo de Rosalía, supoño que na opinión de HdH nese caso concreto é axeitado manter a cita orixinal acompañando á tradución, por ter algún tipo de valor representativo, pero terías que confirmalo con el en todo caso. Sen revisar o artigo por riba non podo opinar da relevancia ou non de poñer a orixinal no corpo, pero de primeiras non lle vexo moito problema a unha ou outra opción. En determinadas ocasións adoita manterse o orixinal xunto a tradución no corpo do artigo (sempre que o texto sexa a cita orixinal e non unha tradución a outra lingua), depende sempre un pouco do contexto e relevancia que poida ter no propio artigo´pero xa teño visto casos (himnos, cancións, algunhas citas famosas polo contexto que fornecen etc.) Banjo tell me 17 de febreiro de 2017 ás 08:51 (UTC)Responder

Wikiproxecto fotos parroquias de Pantón editar

O 1º é dicir que non somos unha persoa senón unha organización do concello de Pantón. Pero a persoa que está a escribir isto si é unha soa persoa. Estamos a reaizar diferentes campañas é unha delas era tentar ampliar a información do noso concello na Galipedia. E xa viramos que faltaban varias imaxes das diferentes parroquias de Pantón e iamos a facer todo o posible para que tiveran imaxes. E nada máis, un saúdo. Se queres visitar o noso traballo nas redes sociais estamos en Facebook e Twitter, como "Segredos de Pantón". Un saúdo.--Segredos de Pantón (conversa) 17 de febreiro de 2017 ás 09:44 (UTC)Responder

En Galiza ou en Galicia editar

Ola, Elisardo. En Galicia ou en Galiza, pero non *na Galiza, pois a diferenza do que sucede en portugués, o nome do noso país non vai precedido do artigo. No entanto, si hai outros países que o levan, de aí que falemos do Brasil, da India, do Xapón ou do Canadá, pero non podemos facelo *da Francia ou do México. Para comprobares no DRAG cal vai co artigo e cal non, chegas a través dos xentilicios (brasileiro, canadense, indio, xaponés...). Saúde. --Atobar (conversa comigo) 17 de febreiro de 2017 ás 09:56 (UTC)Responder

Páxinas de usuario editar

Moi boas tardes. Respecto ao que me comentabas hoxe na miña páxina de conversa das páxinas e subpáxinas de usuario, quero agradecerche o teu consello, lanceime nas miñas intencións e logo si que pensei que as páxinas de usuario son de cadaquen. Un erro pola miña parte que non volverá acontecer. Moitísimas grazas e apertas Elisardojm, --RubenWGA (conversa) 18 de febreiro de 2017 ás 13:31 (UTC).Responder

Fotografías de 1905 e 1913 editar

As fotografías das que falamos son as seguintes:

  • Para o artigo Dolors Aleu Riera, as que podes ver aquí, por exemplo, ou aquí. Na segunda web sí que dan un dato que se aproxima ó que te interesa: "Este texto fue publicado en periódico El Liberal cuando se doctoró en medicina Dolors Aleu i Riera". Doutorouse en 1882, pero di "este texto", e non sei se iso se pode facer extensivo á foto sen ter un exemplar de El Liberal á man.
  • Para o artigo Elena Maseras, mira aquí. Neste caso di que a fotografía se publicou en 1919.
  • E para o de Nicolasa Añón Paz, gustaríame a portada do manuscrito que escribiron en 1885, ó ditado da propia Nicolasa (que non sabía ler nin escribir). Podes vela aquí

O caso é que tampouco sei subir en Commons fotos que non son miñas, porque non sei que licencias e explicacións cómpre dar. Xa me contarás, Pedro --Lameiro (conversa) 18 de febreiro de 2017 ás 17:11 (UTC)Responder

Women in Red invitation editar

 
Welcome to... Women's History Month multi-language online editathon

Facilitated by Women in Red

  • March 2017
     
     
  • Featuring: "Art+Feminism" and "The Women You Have Never Met"
  • We hope you will help to improve coverage of women on Wikipedia
  • Contribute in your own language
  • Inform your communities of the need for their support.

Apologies for cross-posting and sending in English
(To subscribe: Women in Red/English language list and Women in Red/international list. Unsubscribe: Women in Red/Opt-out list)

--Ipigott (conversa) 19 de febreiro de 2017 ás 08:37 (UTC)Responder

20 de febreiro de 2017 ás 19:25 (UTC)

Fotos do BNG editar

Non coñezo a ninguén pero tes outra foto moi interesante: esta dunha ventá do castro de Vigo. Quero tallar esa figura, pero necesitaría un modelo máis claro, un debuxo frontal a poder ser. Ti que atopas de todo na rede ¿saberás onde conseguir ese modelo? Grazas, Pedro --Lameiro (conversa) 20 de febreiro de 2017 ás 19:28 (UTC)Responder

Terceira malla de artigos editar

Habería que ir pensando en facer unha terceira malla de artigos. Eu vou arranxando algún de cando en cando, pero o número de artigos con atención aumentou considerablemente dos 199 que quedaron trala Segunda malla. Que opinas? Polo menos solucionando os de Marrovi xa temos para rato. --AMPERIO (conversa) 22 de febreiro de 2017 ás 12:49 (UTC)Responder

Así de bote pronto, non se me ocorre nada que teñamos en abril. Poderíamos intentar poñela nese mes. Un saúdo. --AMPERIO (conversa) 22 de febreiro de 2017 ás 22:55 (UTC)Responder

Imaxe gratitude Suso Peña editar

Pois... tentarei conectar con alguén da famila, porque polo momento, tes razón... Espera uns días a ver se consigo algo.--Agremon(contacto) 22 de febreiro de 2017 ás 21:22 (UTC)Responder

Consulta tamaño artigos editar

Boas Elisardojm, nalgunha ocasión propuxen algún artigo para o seu borrado e o resultado foi borrado rápido por ser moi curto. Cal é o criterio para decidir se o artigo é moi curto e ten que ser borrado por isto? Por exemplo un artigo como Acapulco de Juárez (808 bytes) entraría dentro da definición? --AMPERIO (conversa) 23 de febreiro de 2017 ás 17:16 (UTC)Responder

Saúdos. Acaba de comezar unha votación para a proposta de varios axustes na política actual de ligazóns externas. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Ligazóns externas/Proposta 2017. Grazas! Banjo tell me 24 de febreiro de 2017 ás 09:32 (UTC)Responder

Presentación de edición para institutos editar

Ola, poderíasme enviar a presentación que utilizaches en Coristanco? Grazas. --Aprofa (Dime algo aquí) 27 de febreiro de 2017 ás 09:37 (UTC)Responder

27 de febreiro de 2017 ás 19:55 (UTC)

The Signpost: 27 February 2017 editar

Pregunta editar

Ola, Elisardo, argumentei a necesidade de cambiar os modelos e as categorías e tamén a utilidade de categorizar por xéneros e non atopei unha proposta que convencese a toda a comunidade. Falaras dunha folla de ruta, mais eu cuestionaraa porque non me prestaba ir a unha votación. Cal sería a vía chegada a este punto? Unhanova (conversa) 3 de marzo de 2017 ás 21:21 (UTC)Responder

8 de marzo: Día Internacional da Muller editar

 

Moi boas tardes Elisardojm. Preguntábame se tiñades algo preparado para o vindeiro mércores 8 de marzo, no que se celebra anualmente o Día Internacional da Muller, algo do estilo do wikimaratón en liña Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia ou semellante para incentivar a mellora, creación, tradución, etc... dos artigos máis importantes de ámbito feminino nas 24 horas que dura o día. Creo que nun día como este cómpre realizar actividades de xeito que os usuarios e editores podan mergullarse nun campo tan importante e sinalado como o é este, aínda que coincida un mércores a metade de semana. Semellábame necesario recordarvolo uns días antes para que poidades preparalo con moita calma, parsimonia e sen présa para que marche o mellor posíbel. Se é así, e preparades algo, nestes intres, eu non podería asegurar a miña participación, mais no caso de que teña algo de tempo, por suposto que me apuntaría. Moitísimas grazas pola vosa comprensión e apertas, --RubenWGA (conversa) 4 de marzo de 2017 ás 14:19 (UTC).Responder

Catorce aniversario da Galipedia editar

Boas, na taberna hai unha proposta para buscar un logotipo para celebrar o catorce aniversario da Galipedia, será o vindeiro día 8 de marzo, e decidir se facer algunha actividade especial ese día. Se ten un momento libre agradeceríamos a súa participación na conversa. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 5 de marzo de 2017 ás 02:37 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Imaxes de Larouco editar

Ola Elisardojm. De Larouco hai moi poucas imaxes, apenas catro co mapa, se puideras cargar unha imaxe do PNOA do núcleo sería unha boa axuda. Grazas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 6 de marzo de 2017 ás 21:35 (UTC)Responder

Que ben! Grazas. Un saúdo. --Prevertgl 7 de marzo de 2017 ás 23:04 (UTC)Responder

6 de marzo de 2017 ás 23:23 (UTC)

Categorías / votación editar

As votacións sempre semellan o máis democrático, mais ás veces non o son http://elpais.com/diario/1990/04/30/sociedad/641426405_850215.html . O meu desexo era un consenso total, mais, despois de case un mes de debate, vaime parecendo imposible chegar a el. Supoño que en liña é máis difícil achegar posturas. Se a vía é o máis próximo ao consenso e logo votación e ten que ser así... pois terá que ser. Como hai dous debates, hai dúas preguntas:

Queremos substituír o masculino xenérico nas categorías?

Queremos crear categorías por xénero?

A solución pode ser conxunta, mais os debates son dous. Se hai un si aos dous, hai unhas solucións, se só se contesta si a unha das preguntas, hai outras solucións. Unhanova (conversa) 8 de marzo de 2017 ás 09:12 (UTC)Responder

Xoacas contestaría non a unha e Amperio non á outra. Mais a proposta inicial é contestando si á primeira, o que si é que ten distintas solucións segundo se a segunda tamén é afirmativa. A miña opinión é que ti tes máis experiencia galipédica para saber como é a dinámica, vaia, que mellor que preguntes ti. Unhanova (conversa) 9 de marzo de 2017 ás 10:24 (UTC)Responder

Orixinalmente esa era a proposta e, ademais, é algo que xa se está a facer nalgúns casos. A proposta sería que se faga como criterio, que non se use o masculino como xenérico Unhanova (conversa) 14 de marzo de 2017 ás 08:19 (UTC)Responder

Lendo isto https://blog.wikimedia.org/2016/03/08/alchemy-turning-harassment-into-women-scientists/ quedoume claro que si son positivas as dúas votacións. De feito, as mulleres estamos invisibilizadas na Galipedia e o cambio só pode ser por votación. Non ten moito sentido o traballo nas biografías de mulleres para equilibrar se logo van ser inaccesibles. Nunha enciclopedia virtual só se pode chegar ás mulleres se hai categorías para poder buscalas porque son descoñecidas. Opino que hai que facer as dúas preguntas e, se hai un si ás dúas: Queremos substituír o masculino xenérico nas categorías? / Queremos crear categorías por xénero? poderiamos transformar as categorías ao xeito da wikipedia inglesa. Os nons son dous estadios da invisibilización. Non ten sentido que Rosalía de Castro https://gl.wikipedia.org/wiki/Rosal%C3%ADa_de_Castro estea definida en todo o artigo dela como muller e como escritora e que logo non se poda chegar a ela como escritora. Unhanova (conversa) 16 de marzo de 2017 ás 08:09 (UTC)Responder

Desculpa, adianteime. Vou ver agora que avisas que está rematada. Saúdos, Unhanova (conversa) 21 de marzo de 2017 ás 07:43 (UTC)Responder

Por min, estupendo. Saúdos, Unhanova (conversa) 21 de marzo de 2017 ás 07:48 (UTC)Responder

Podería ser que si se puidese contestar non eliminar o masculino xenérico e contestar si á creación de categorías por xéneros, habería que ver como, unha categoría escritores que contivese a categorías escritores_mulleres, escritores_homes/varóns, escritores_... quedaría raro, iso si.

Hai opinións que queren votar as preguntas por separado. Chamar á comunidade a votar é moi custoso? Poderiamos primeiro decidir cambiar (ou non) o masculino xenérico e despois a visibilización dos xéneros (ou dos sexos)? Unhanova (conversa) 25 de marzo de 2017 ás 20:53 (UTC)Responder

Fixen un redactado de título e logo un máis amplo de texto na procura do neutro. A ver que che parece. Púxeno na páxina de votacións. Unhanova (conversa) 26 de marzo de 2017 ás 09:46 (UTC)Responder

Como estás levando este tema? Tes claro como continuar? Unhanova (conversa) 7 de abril de 2017 ás 07:05 (UTC)Responder

De acordo. Unhanova (conversa) 25 de abril de 2017 ás 07:39 (UTC)Responder

Cambios importantes na votación: Revolución de Maio editar

 

Moi boas Elisardojm/arquivo 14. Xa que que vostede se pronunciou a favor ou en contra na votación para converter ao artigo Revolución de Maio artigo de calidade, coido de gran importancia avisarlle de que o artigo sufriu un gran número de modificacións relevantes que o cambian por completo debido a problemas graves no interior do mesmo. Agradeceríalle, pois, o seu interese e dedicación no caso de que teña tempo para revisar novamente e completamente a proposta presentada o pasado 13 de febreiro e que cumpre e remata o prazo o vindeiro 15 de maio. Desculpe os inconvenientes e as molestias que isto lle poidese ocasionar, novamente grazas e un saúdo cordial, --RubenWGA (conversa) 12 de marzo de 2017 ás 23:04 (UTC).Responder

PD: Tamén infórmolle e invítolle a botar unha ollada a miña proposta para converter ao artigo Miguel Shishman en artigo bo. Para ir á páxina da proposta presentada: pinche aquí. Novamente moitísimas grazas e un saúdo cordial, --RubenWGA (conversa) 12 de marzo de 2017 ás 23:23 (UTC).Responder

13 de marzo de 2017 ás 15:25 (UTC)

Escritora editar

Mira isto http://sli.uvigo.gal/dbpedia/lodlive/app_gl.html?http://gl.dbpedia.org/resource/Escritora . Buscando pola dbpedia, na Galipedia só atopariamos unha escritora, Ana María Matute. Unhanova (conversa) 15 de marzo de 2017 ás 09:20 (UTC) e mira isto http://sli.uvigo.gal/dbpedia/lodlive/app_gl.html?http://gl.dbpedia.org/resource/Rosal%C3%ADa_de_Castro, pola Galipedia podemos navegar pola relixión, polo matrimonio, mais non a podemos relacionar con outras mulleres escritoras. Unhanova (conversa) 15 de marzo de 2017 ás 09:53 (UTC)Responder

Fai o que vexas con isto editar

Ola Elisardojm. Pechei o debate sobre a prórroga na votación do artigo da Revolución de Maio, un voto foi emitido logo da hora na que se debía ter pechado a votación do artigo (e con ela o debate) pero o usuario insiste en mantelo válido. Eu paso de guerras de edicións, xa llo expliquei na súa conversa e non o quere entender, dispón ti como consideres. Un saúdo, Piquito (conversa) 15 de marzo de 2017 ás 22:55 (UTC)Responder

Saúdos. Acaba de comezar unha votación para a proposta de aprobación da política de títulos dos artigos sobre organizacións. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Títulos dos artigos sobre organizacións. Grazas! Banjo tell me 17 de marzo de 2017 ás 19:10 (UTC)Responder

20 de marzo de 2017 ás 22:03 (UTC)

Acto seguido editar

Seguindo os erros fraseolóxicos de http://www.santiagodecompostela.gal/saboreaogalego/pdfs/material_curso_egap.pdf onte cambiei "acto seguido" por "a seguir" en varias páxinas. Hoxe descubrín que "acto seguido" está no DRAG http://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/acto . É importante desfacer ese cambio innecesario? Deume por comprobalo porque hoxe fixen e desfixen "facendo caso omiso" por "sen facer caso" da mesma fonte. Unhanova (conversa) 22 de marzo de 2017 ás 10:15 (UTC)Responder

Acabo de comprobar e sucede o mesmo con "a dicir verdade". Unhanova (conversa) 22 de marzo de 2017 ás 10:29 (UTC)Responder

Podes explicarme a mellor forma para desfacer? Unhanova (conversa) 22 de marzo de 2017 ás 10:36 (UTC)Responder

Re:María Eugenia Suárez editar

Boas. A personalidade arxentina que coñecemos aparece polo costado máis esquerdo da foto cun papel. Na foto tamén explicase unha noticia que ela entregou un premio e nada máis. Saúdos.--Bluestone Beagle (conversa) 24 de marzo de 2017 ás 15:34 (UTC)Responder

27 de marzo de 2017 ás 14:46 (UTC)

Redireccionar editar

Podes revisarme esta redirección https://gl.wikipedia.org/wiki/Bego%C3%B1a_Caama%C3%B1o_Rascado ? Unhanova (conversa) 29 de marzo de 2017 ás 11:42 (UTC)Responder

  Feito!. --Estevo(aei)pa o que queiras... 29 de marzo de 2017 ás 11:47 (UTC)Responder

RE:Modelo escolla primeiro editor editar

Boas! Non é ningún modelo concreto. Hai tempo creei o modelo:Formas galegas para os (ó/ao) e similares, mais no caso dos topónimos e o modelo:Aviso o que emprego. Seica sería boa idea crear un modelo específico. Saúdos! --Norrin (Fálame) 30 de marzo de 2017 ás 08:36 (UTC)Responder

Fotos antigas de Vigo editar

Bos días de novo, Elisardo.

Fun incapaz de atopar nada sobre o tal Thoman. Xa vexo os ficheiros coas fotos que pertencen á colección do usuario que a publica. O apelido Thoman non é moi común (seica é de orixe helvética) e como non podemos ver o selo ou a firma do autor, que supoño que estará na parte traseira do orixinal, tampouco podemos estar seguros ao 100% se é unha correcta lectura do nome ou se é unha interpretación (entendo o primeiro, pero adoito poñer sempre en dúbida todo o referente ás fotografías de difícil atribución e por iso introduzo este pero) que puidera corresponder ao máis común Thomas (vencellado á Casa Thomàs) ou mesmo Thomann. O dito: creamos ao usuario que tivo a ben publicalas. Non creo, iso si, que se trate dun fotógrafo profesional, senón máis ben dun amateur que en 1920 se atopaba en Vigo, sendo polo tanto máis difícil saber nada deste.

Sinto non poder precisar máis. Tampouco é que saiba moito da fotografía en Vigo do século XX. O meu traballo xira en torno á fotografía do XIX e tamén á imaxe en Compostela.

Un saúdo!!!--Castelao (conversa) 30 de marzo de 2017 ás 10:34 (UTC)Responder

Aviso editar

Ola Elisardojm! Hai uns días propuxen para artigo de calidade o artigo da sinfonía coral, non me lembrei de poñer o aviso para anunciar a votación, se consideras que non é tarde para poñelo importaríache? Aínda que a proposta non saia elixida estaría ben que alguén lle votara un ollo para corrixir posibles erros e que canto menos quede un artigo ortograficamente correcto. Un saúdo, Piquito (conversa) 30 de marzo de 2017 ás 23:14 (UTC)Responder

3 de abril de 2017 ás 17:53 (UTC)

Cursivas no taxobox e textos editar

A min non me importa moito se se decide poñer todo en latín ou traducilo, fago o que se decida, pero non estou totalmente de acordo con Xoio nalgúns puntos.

  • Banjo está cambiando as rectificacións de Xoio nos taxobox e outros sitios seguindo o libro de estilo, pero é que Xoio está cambiando a cursivas nomes que non están en cursiva, incluíndo en páxinas que fixen eu (o que non é que me moleste, pero non segue o libro de estilo).
  • Non é certo que o idioma inglés non adapte ao inglés os nomes latinos taxonómicos. Claro que os adapta! Eles din mammals (non Mammalia), echinoderms (non Echinodermata), mollusks (Mollusca), lycaenids (non Lycaenidae) etc. Todos teñen adaptación, e os nomes en inglés parécense moito aos latinos, igual que en galego e outros idiomas, xa que son cultismos.
  • O Código de Nomenclatura Zoolóxica non obriga a escribir en cursiva os nomes por riba do xénero, incluso en textos científicos.
  • En moitas wikipedias só se escribe en cursiva o imprescindible (de xénero para abaixo). Iso débese a que se non, nas páxinas taxonómicas, estaría todo inzado de cursivas. Sería un uso masivo das mesmas.
  • Nos taxobox é lóxico poñer en latín (non en galego) os nomes, porque o taxobox é para dar a clasificación científica dese ser vivo cos nomes que lles dan as autoridades científicas. Se é por riba do xénero non hai por que poñelo en cursiva.
  • Outra cousa son os títulos das páxinas, que si deberían estar en galego sempre que sexa posible e prudente.
  • Dentro dos textos do artigo hai casos en que é máis apropiado poñer os taxons superiores en latín e noutros casos en galego. Por exemplo, na frase "o taxon Lycaenidae tal como o entendía o autor X comprendía só os xéneros..." penso que está mellor deixalo en latín. Por outra parte, hai taxons de ortografía moi rara que eu teño dúbidas de como poñelos exactamente en galego. Por exemplo, no DRAG redúcese a un i cando hai dous ii seguidos, pero iso pode causar dúbidas (Hesperiidae > hespéridos ou heperíidos?), e hai termos moi raros. Ás veces altérnanse nalgunhas ocasións o nome en latín nalgunhas partes ou frases e en galego noutras por razóns estilíticas e para non ser moi repetitivo e dependendo da seccións do artigo (na sección Taxonomía ao mellor pode ser máis apropiado deixalo en latín).
  • A wikipedia non é unha revista científica, pero trata temas científicos e ten que facelo con corrección e exactitude, polo que debe seguir as normas. Por iso os xéneros se poñen en cursiva e, se non o están, iso débese modificar. Pero por riba do xénero as autoridades científicas non obrigan a facelo (tampouco o condenan).--Miguelferig (conversa) 4 de abril de 2017 ás 11:19 (UTC)Responder
Non necesariamente en cursiva. Xa dixen máis arriba que non é obrigatorio poñelos en cursiva nin en textos científicos (por riba do xénero).--Miguelferig (conversa) 4 de abril de 2017 ás 18:59 (UTC)Responder

Referencias editar

Ola Elisardojm. No artigo da Biblia Kennicott non sei como facer que as referencias á bibliografía (as tipo Harvard) liguen ao libro. Como os textos son de persoas con dous apelidos pode que ese sexa o problema, pero non estou seguro... sabes como podo facer para que poñendo dous apelidos liguen ao libro da sección de bibliografía? Para min non é algo importante, pero sei que aquí hai xente que si o ve importante, así que se me puideras axudar agradeceríacho, seguramente vaia poñer máis referencias a bibliografía. Grazas, Piquito (conversa) 4 de abril de 2017 ás 22:21 (UTC)Responder

Boas noites Piquito. Tes que engadirlle ás citas da bibliografía o parámetro |ref=harv e deben levar con elas tamén o parámetro |ano= non vale só co parámetro |data=. Un saúdo, --RubenWGA (conversa) 4 de abril de 2017 ás 22:47 (UTC).Responder
  Feito! Piquito E desculpa por ter interrompido no teu traballo. Un saúdo cordial, --RubenWGA (conversa) 4 de abril de 2017 ás 22:47 (UTC).Responder
Grazas RubenWGA. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 4 de abril de 2017 ás 23:16 (UTC)Responder
Grazas RubenWGA. Piquito (conversa) 7 de abril de 2017 ás 14:14 (UTC)Responder

10 de abril de 2017 ás 18:35 (UTC)

17 de abril de 2017 ás 19:32 (UTC)

Sobeira editar

Ola, Elisardo. Retirei a frase. Ese uso de sobeira non ten sentido (ou polo menos eu non llo vexo). De paso, aproveitei para corrixir un par de cousas menores. Un saúdo! --Atobar (conversa comigo) 19 de abril de 2017 ás 17:20 (UTC)Responder

División Azul editar

División Azul ou División azul, pero non división azul. De entre as dúas primeiras formas, que ao meu entender son as válidas, eu seguramente optaría por División azul, pero a maioría probablemente che diría que mellor coas dúas en maiúsculas, División Azul. Respondín na páxina de conversa do artigo e deixei un enlace a un manual de utilidade. En todo caso, en minúsculas non pode quedar. Por outra banda, é importante telo unificado; ben en División Azul ou en División azul. --Atobar (conversa comigo) 23 de abril de 2017 ás 10:00 (UTC)Responder

Moi ben. Dálle para adiante: Divisón Azul. Saúde! --Atobar (conversa comigo) 24 de abril de 2017 ás 08:48 (UTC)Responder

24 de abril de 2017 ás 16:40 (UTC)

Volver á páxina do usuario "Elisardojm/arquivo 14".