Benvido(a) á Galipedia, Acandals!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Crystal Clear app korganizer.png Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Icon apps query.svg Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Crystal Clear app amor.png Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.   Para asinar usa este botón.png
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegaciónCheck mark.png Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Nuvola gnome-fs-trash-full.svg Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Atobar (conversa comigo) 15:46, 27 de marzo de 2011 (UTC)

Dúbidas sobre interwikisEditar

Ola, Acandals, :),

Recibín hai un cacho o teu correo. E como unha das cousas que me preguntas é polo xeito de facer consultas, xa me paso aquí para explicarcho. Para facer preguntas a calquera usuario da wikipedia, podes deixalas na súa páxina de conversa (neste momento estás na túa páxina de conversa — se escribes na miña, a próxima vez que entre na wiki verei un aviso como o que viches ti). Iso é para o 90% das dúbidas que poidas ter agora. Cando atopes problemas máis grandes habería que deixalos noutras páxinas onde moita xente recibe aviso ao mesmo tempo, pero non hai que preocuparse por iso. Ademais, cando se fala dos contidos dun determinado artigo, débense deixar na páxina de conversa do artigo. A razón é que as dúbidas que nos deixamos —e as respostas que nos damos— poden aproveitar a máis xente.

Polo demais, a túa cuestión vai sobre interwikis, é dicir, as ligazóns a outras linguas. O xeito máis fácil é copiar os interwikis (iw) doutra lingua, p.ex., inglés. Vas ao artigo en inglés, dáslle a editar, e aí xa tes unha boa indicación de como funciona (colócanse ao final do artigo).

Ademais, e dado que estás facendo unha tradución, indícoche outra cousa. Debaixo do campo de edición tes un campo que pon "Resumo:". Iso está indicado para comentar os cambios que fas. Non é obrigatorio, pero axuda os demais usuarios a saber qué estás facendo. O que si é obrigatorio é que sinales que a versión esa que estás facendo é unha tradución do artigo en:Netapp da wikipedia en inglés. O resumo é un bo sitio para indicalo, pero tamén podes facelo na páxina de conversa do artigo.

Unha última cousa: cando deixes mensaxes en páxinas de conversa, lembra sempre de asinalas. :) —cuarto botón pola esquerda na barra de botóns—. E máis nada. Calquera axuda que necesites, non dubides en darme un aviso. Saudiños --Xabier Cid Talk, please 13:39, 28 de marzo de 2011 (UTC)

TítulosEditar

Creo que te trabucaches co título da web..., pero non te preocupes. É normal. Cando che volva pasar, aí no trianguliño sen despregar hai unha opción que é 'Mover'. Se lle dás aí, xa cambias a páxina do título vello ao título novo, e non tes que reescribila. Porque o que pasou agora é que hai dous artigos, netapp e netApp, e teñen que fusionarse. Iso só o pode facer un administrador, e por iso ten ese marcador, vale? Ti segue traballando no que queiras (pero nun só). :) Un saudiño. --Xabier Cid Talk, please 14:23, 28 de marzo de 2011 (UTC)

Grazas polas indicacións e as correccións. Contéstoche so a algunhos dos teus comentarios xa que non estou seguro que sexa capaz de contestar nin o primeiro, facelo no lugar axeitado nin facelo con corrección, nin firmar... (pouco a pouco). Outra vez quero cambiar o título dunha web aínda que non atopo o 'trinanguliño sen despregar'. Vexo 3 trianguliños (antes de Avanzado, de Caracteres especiais e de Axuda) pero en ningún vexo 'Mover': Neste caso, a pesar de ser unha persoa (Juanjo Liñares), é unha persoa que ten dous nomes: un en Madrid (Juanjo Linares) e outro en Galicia (Juanjo Liñares). É unha historia un pouco o feito é que en Galicia é coñecido como Liñares, non Linares, aínda que non sei cambialo. Grazas de antemán. --Acandals Talk, please 23:42, 28 de marzo de 2011 (UTC)

Ola, Acandals. En primeiro lugar, o botón que che di Xabier telo na propia páxina do artigo, non na de edición do artigo. Está arriba, sobre o título , entre outros botóns (artigo, conversa, editar, historial, mover, vixiar). En segundo lugar, para responder a calquera mensaxe que che deixen debes facelo na páxina de conversa da persoa á que te dirixas, outramente non lle aparecerá o aviso de que lle deixaches unha mensaxe. E por último, non debes ter medo de preguntar, os que levamos máis tempo aquí estamos para facer que os máis novos aprendan, de modo que se tes algunha dúbida podes preguntarme a min, a Xabier, a calquera dos administradores (telos aquí) ou a quen mellor te pareza. Tampouco teñas medo de cometer erros, sempre haberá alguén que veña despois a remedialos. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 00:44, 29 de marzo de 2011 (UTC)

Para que vexas como se fai, movín o artigo Juanjo Liñares, tes aquí o resultado. Pero non me queda claro como é que na súa ficha na páxina de galegos.info di que se chamaba Juan José Linares Martiáñez. Sabes ti algo? Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 00:51, 29 de marzo de 2011 (UTC)

Ola, Acandals. Non tes que pedir permiso a ninguén para editares en ningunha wikipedia. O que convén facer é referenciar as túas edicións, é dicir, mencionar de que fonte tomaches os datos que achegas. Iso pódelo facer metendo unha nota ó pé. Faise escribindo <ref>texto da nota</ref>. No texto da nota poden ir ligazóns externas se queres. Se no artigo non hai unha sección de notas ó pé hai que creala engadindo ó final de todo o marcador {{listaref}}. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 22:27, 29 de marzo de 2011 (UTC)

TraduciónEditar

Ahá. Non fai falla que copies todas as mensaxes anteriores. Escribe só o que ti dis, que é menos confuso. :) Polo que dis da tradución... Pon "tradución parcial", se queres. Pero se representa un volume importante, non teñas medo a considerar que é un artigo traducido nese momento. A partir de aí todo o mundo editará, e fará cambios... pero ten a súa orixe no outro. Un saudiño! --Xabier Cid Talk, please 19:26, 29 de marzo de 2011 (UTC)

Alaa al-AswaniEditar

Ola, Acandals. Fixen uns arranxos en Alaa al-Aswani. Podes velos aquí, para que vaias vendo como é isto do formato. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 09:31, 30 de marzo de 2011 (UTC)

Artigos curtosEditar

Ola,a Acandals. Por favor, engade contidos e non unha soa liña nos artigos que vaias creando. Así como están non poden quedar. Outra cousa: para indicares de onde sae o artigo, mellor se o fas no cadro de resumo, e de forma máis explícita (non moito pero algo). Se tes calquera dúbida, non temas en preguntar. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 13:49, 30 de marzo de 2011 (UTC)

Acandals, nesta mesma páxina, a túa de conversa, repara en que tes ao comezo un recadro con ligazóns ás políticas e normas, á guía de edición ou aos cinco piares. Nestes tres lugares tes practicamente todo o que é e non é a wikipedia, e para o caso as particularidades da Galipedia. Penéirao duramente e con tempo, e verás que non has tarde en te facer co formato, o contidos e demais. Unha liña non pode dar lugar a un artigo nin nas wikis nin nunha enciclopedia ao uso, pero cando é algo máis de dúas ou tres liñas, o mínimo, e aínda non deixa de ser curto, polo xeral si se admite, deixándolle chantado un marcador, o de enprogreso ou o de artigo curto. En todo caso, o ideal é non deixar marcadores postos (de seu, o que fan é indicar problemas), porque iso implica que terá que vir outro usuario detrás a arranxalo. Alédame ben ter un novo colaborador por aquí; un saúdo e duro coa edición, que o proxecto paga a pena. --Atobar (conversa comigo) 17:41, 30 de marzo de 2011 (UTC)
Un exemplo. [1] --Atobar (conversa comigo) 17:50, 30 de marzo de 2011 (UTC)
Carai. Colléchelo axiña. Bo traballo! --Atobar (conversa comigo) 23:09, 30 de marzo de 2011 (UTC)

Sementes da arteEditar

Ola, Acandals. Mira o que che din en Conversa:Sementes da arte, a ver se é posible que lle poñas solución. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 14:47, 30 de marzo de 2011 (UTC)

Obra traducida por BeirasEditar

Así, por exemplo. [2] Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 10:18, 31 de marzo de 2011 (UTC)

  • O que fixen no artigo de Beiras e metelo como unha nota, e para iso editei na sección obra, non de notas, onde efectivamente soamente hai o modelo {{listaref}}. No tocante á posibilidade de non aparecer na wikipedia, rexe o mesmo principio que supoño teñen todas as enciclopedias do mundo, é dicir, iso non depende do persoeiro ou a institución que figuran cunha entrada de seu senón no valor (relevancia que lle conceda a comunidade). Isto é que non existe tal posibilidade. Por poñer un exemplo: aínda que Obama non quera que apareza a súa data de nacemento, ou aínda que Camps non queira que o asociemos co Gürtel, que esas información figuren non depende deles, senón da importancia que se lles supoña para estar nunha enciclopedia. E o que vale para Obama ou para Camps vale para todos. --Atobar (conversa comigo) 16:16, 1 de abril de 2011 (UTC)

Harrison's Principles of Internal MedicineEditar

Ola, Acandals. Movín Harrison - Principios de Medicina Interna a Harrison's Principles of Internal Medicine. O motivo é o seguinte: os títulos das obras que teñan tradución ó galego deben figurar en galego, os das que non a teñan deben figurar na súa versión orixinal. Podes velo en Wikipedia:Convencións dos nomes dos artigos. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 23:35, 31 de marzo de 2011 (UTC)

Conflito de ediciónEditar

Ola, Acandals. Existe unha cousa que se chama Wikipedia:Conflito de edición, que consiste en que non é posible gardar os cambios se outra persoa gardou outros cambios mentres ti editabas. Normalmente cando che sae o aviso de conflito é posible volver atrás de novo á túa páxina de edición e copiar e pegar o teu texto nalgún ficheiro, por exemplo, para non perdelo. Sobre o que me comentas dos títulos na lingua orixinal, normalmente as cousas fanse como se pode ver en Dragon Ball, é dicir, emprégase a transliteración do título ó galego, indicando entre parénteses o título na lingua orixinal, sexan os caracteres que sexan (neste caso os xaponeses). Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 20:32, 5 de abril de 2011 (UTC)

VerificabilidadeEditar

Ola Acandals.

Recoméndoche a lectura polo miúdo de Wikipedia:Verificabilidade, que para min é una das políticas máis importantes da wikipedia.

Cóntoche isto porque vin que traduciches Carles Capdevila i Plandiura do catalán pero obviaches as referencias, que forman unha parte imprescindible do artigo.

A seguir, e, se precisas axuda nalgunha cousa, dimo a min ou coméntao na Taberna e listo--. HombreDHojalata.conversa 20:17, 8 de xuño de 2011 (UTC)

Pois... tes razón en muito do que dis. Inda que unha frase coma "Primeira edición: ca:Camp d'en Grassot i Gràcia Nova --Acandals 10:52, 9 de xuño de 2011 (UTC)Acandals" non é realmente unha frase, e pode que non se entenda por algúns usuarios. O meu consello é que non aforres tantas palabras. Escribe, por exemplo: "A primeira edición deste artigo procede dunha tradución do homónimo da wikipedia en catalán: ca:Camp d'en Grassot i Gràcia Nova --Acandals 10:52, 9 de xuño de 2011 (UTC)Acandals" ou similar.
De tódolos xeitos, na Galipedia adoitamos facer iso no resumo da edición, non na páxina de conversa, aínda que penso que calquera das dúas maneiras son válidas.
Anímote a seguir colaborando na Galipedia. Todo vaiche resultar máis doado segundo vaias collendo experiencia .
Bo traballo--. HombreDHojalata.conversa 11:52, 14 de xuño de 2011 (UTC)

Mentres estás a editar unha páxina, abaixo, debaixo do cadro grande dentro do que escribes, hai un cadro máis pequeno precedido da palabra "Resumo:", ese é o resumo de edición e o que escribas aí vai aparecer na lista do historial do artigo e na lista de cambios recentes que revisan outros editores. Tes máis información sobre o tema en: Axuda:Resumo de edición#Resumos de edición nas traducións doutras Wikipedias--. HombreDHojalata.conversa 12:15, 14 de xuño de 2011 (UTC)

Re: Artigo en diferentes linguasEditar

Normalmente ese traballo fano os bots. As veces non están moi espelidos e hai que axudarlles un pouco, por exemplo engadindo a ligazón interlinguística cara o galego no artigo en inglés, que é unha wiki que ten moitos robots a traballar, e a partires de aí xa fan eles o resto.

No exemplo que puxeches xa fixo o choio o portugués Luckas-bot--. HombreDHojalata.conversa 14:09, 14 de xuño de 2011 (UTC)

Edición en Grupo LosańEditar

  • Polo que apuntas, non parece que a día de hoxe haxa un conflito de intereses. A seguir editando. Saúdos! --Atobar (conversa comigo) 12:15, 31 de agosto de 2011 (UTC)

Artigos creadosEditar

Haina. Si. Aquí a tes (ás veces tarda en cargar, pero cargar carga). Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 14:02, 31 de agosto de 2011 (UTC)

Recoñecemento cando se traduce doutra WikipediaEditar

Ola Acandals.

Por favor, ten en conta que os textos da Wikipedia, en tódalas linguas, publícanse baixo CC BY-SA, e entre os requirimentos desta licenza está o recoñecemento. Isto quere dicir que cando se traen, traducíndoos, contidos doutras wikipedias, cómpre recoñecer a súa orixe/autoría.

Na Wikipedia en galego adoitamos facelo dunha das seguintes dúas maneiras:

  • A maneira máis doada, e empregada, é deixar constancia no cadro Resumo. Exemplos:
 
→ Esta achega é unha tradución do artigo da Wikipedia en castelán: [[:es:Cristóbal Colón]]
→ Este artigo contén material procedente dos artigos das Wikipedias en inglés e portugués: [[:en:Europa]] e [[:pt:Europa]]
→ A primeira edición deste artigo procede da tradución e adaptación do artigo homónimo da Wikipedia en lingua_que_sexa
→ Tradución da versión http://pt.wikipedia.org/w/index.php?title=Albert_Einstein&oldid=11330571 do artigo da Wikipedia en portugués
  • Alternativamente ou complementariamente, tamén se pode facer constar na páxina de conversa do artigo, por exemplo empregando o modelo {{Traducido de}}.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir! --Estevo(aei)fálame aquí 14 de abril de 2022 ás 10:41 (UTC)

Grazas Estevo, estou vendo aquí que hai máis de 10 anos que non escribo aquí e téñoo praticamente todo por aprender. Acandals (conversa) 14 de abril de 2022 ás 11:01 (UTC)
Ola Estev(aei), una consulta,
cando queremos crear unha páxina dunha obra orixinal noutro idioma e que é unha obra traducible pero que polo momento non está traducida ó galego (filme, libro, etc.): Que título lle debemos poñer ao artigo? O título orixinal nunha lingua estranxeira? Acandals (conversa) 14 de abril de 2022 ás 12:17 (UTC)
Ola, Acandals; efectivamente, se a obra foi traducida ao galego -no caso dos libros- ou estreada en galego -xa fose dobrada ou subtitulada, no caso dos filmes- ponse o título en galego, pero se aínda non o foi, mantense o artigo orixinal. Un saúdo!! --Estevo(aei)fálame aquí 14 de abril de 2022 ás 13:33 (UTC)

Axudas ortográficasEditar

Ola Acandals. Asemella que tes algunha dificultade coa ortografía.

Se queres, podes botar man das seguintes ferramentas:

Tes máis axuda en: como mellorar a ortografía.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir!--. HombreDHojalata.conversa 15 de abril de 2022 ás 10:05 (UTC)