Harrison's Principles of Internal Medicine

HARRISON, Principios de Medicina Interna, é un tratado americano de medicina interna. Publicado por vez primeira en 1950. Actualmente está no mercado a décimo sétima edición (publicada en febreiro de 2008 por McGraw-Hill e prepárase a decimoitava versión en inglés que se estima que sairá publicada en xuño de 2011 aínda que xa está lista en formato dixital dende febreiro de 2011. Aínda que está dirixido a membros de todas as especialidades, é principalmente empregado por médicos internistas así como por estudantes de medicina.

Edición XV en italiano.

O primeiro editor da obra foi Tinsley R. Harrison de Birmingham, Alabama (Estados Unidos). Harrison é membro dunha familia que con el suman seis xeracións de médicos. Nesta obra, desempeñou tarefas de editor xefe das cinco primeiras edicións e estableceu o formato do traballo: unha sólida base de medicina clínica e de laboratorio (ademais da respectiva terapéutica), entrelazada cun amplo entendemento da fisiopatoloxía subxacente e máis tarde fundamentos de xenética epidemiolóxica contemplando diferentes poboacións. A 17ª edición do libro está adicada ó Dr. Georger W. Thom, que foi editor das primeiras 7 edicións e editor xefe da 8ª edición. Finou en 1950. Aínda que Harrison foi o primeiro editor xefe e ideólogo da obra, nas diferentes edicións traballaron centos de profesionais da medicina e de áreas afíns. É unha obra moi extensa. A modo de exemplo, a 16ª edición en español consta de 2 volumes dunhas 3 000 páxinas e 379 temas nos que contribuíron 221 colaboradores.

É probablemente, o libro máis difundido no mundo da medicina. Durante os últimos 60 anos converteuse nunha obra fundamental no estudo da medicina, primeiro en Estados Unidos, e despois no resto do mundo, pasando polas mans de médicos e estudantes de todo o mundo. A nivel popular é coñecido como O Harrison.

Cita editar

Na 1ª edición hai unha cita do Dr. Tinsley R. Harrison:

Ningunha oportunidade ou obriga maiores lle tivesen tocado en sorte a un ser humano que a de ser médico. Ó coidar ós que sofren precisa pericia técnica, coñecementos científicos e comprensión humana. Quen realiza a súa tarefa con coraxe, humildade e sabedoría, presta un servizo insubstituíbel ó seu irmá o home e así elevará un edificio perdurable no máis íntimo do seu ser. O médico debe esixirse nada máis que iso e non contentarse con nada menos.

Colaboradores sobranceiros editar

As sucesivas edicións, ademais de Tinsley R. Harrison contaron con outros autores de relevo como: WR Resnick, MM Wintrobe, GM Thorn, PB Beeson, RD Adams, IL Bennett Jr., E Braunwald, KJ Isselbacher, RG Petersdorf, JD Wilson, JB Martin, AS Fauci, DL Kasper, SL Hauser, DL Longo, JL Jameson, ademais de innumerables colaboracións, na súa maioría médicos e investigadores.

Traducións editar

Escrito en inglés e actualmente traducido a varias linguas (árabe, chinés, francés, alemán, español, italiano portugués, xaponés, coreano, turco, polaco, romanés, croata, serbio e grego) é a primeira referencia técnico-científica para a práctica médica e a agregación das especialidades de internamento afíns, ademais de referencia bibliográfica fundamental para estudantes de Medicina Humana, Médicos Internos (Residentes) e Especialistas.

Edicións do tratado en inglés editar

1ª: 1950, 2ª: 1954, 3ª: 1958, 4ª: 1962, 5ª: 1966, 6ª: 1970, 7ª: 1974, 8ª: 1977, 9ª: 1980, 10ª: 1983, 11ª: 1987, 12ª: 1991, 13ª: 1994, 14ª: 1998, 15ª: 2002, 16ª: 2005, 17ª: 2008, 18ª: 2011.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar