Charlotte, Carolina do Norte
Coordenadas: 35°13′37″N 80°50′36″O / 35.22694, -80.84333
Charlotte é a cidade máis grande de Carolina do Norte nos Estados Unidos. Situada no piemonte dos Apalaches, ó leste do val do río Catawba xunto a fronteira con Carolina do Sur. Importante nó de comunicacións, hoxe constitúe o centro fabril, comercial e financeiro dá ampla rexión que a circunda entre Washington, D.C. e Atlanta. Charlotte é coñecida como un centro financeiro, xa que dous dos bancos máis grandes dos Estados Unidos (Wachovia & BankAmerica) teñen a súa sede corporativa na cidade.
Charlotte, Carolina do Norte | |
---|---|
![]() | |
Vistas da cidade | |
Localización | |
País | ![]() |
Estado | Carolina do Norte |
Condados | Mecklenburg |
Xeografía | |
Altitude | 229 msnm |
Superficie | 771 km² |
Demografía | |
Poboación | 775.202 hab. (2012) |
Densidade | 948,67 hab/km² |
Xentilicio | Charlottean |
Outros datos | |
Código postal | 28201-28237, 28240-28247, 28250, 28253-28256, 28258, 28260-28262, 28265-28266, 28269-28275, 28277-28278, 28280-28290, 28296-28297, 28299 |
Alcalde | Patrick Cannon (D) |
Páxina oficial de Charlotte |
Xeografía editar
De acordo coa Oficina do Censo dos Estados Unidos, a cidade ten unha área de 629 km², dos cales 627,5 km² son terreos sólidos e os restantes 1,6 km², auga (0,25%).
Clima editar
Está situada na zona de clima húmido subtropical. Ten invernos moderados e veráns quentes e húmidos. Durante o mes de xaneiro, as temperaturas mínimas polas mañás son, de media, 0 °C e as medias máximas son 11 °C. En xullo, as medias oscilan entre 22 e 32 °C. Recibe uns 1.105 mm de choiva ao ano.
Historia editar
En 1755, na intersección de dous sendeiros comerciais indios ao pé dos Apalaches preto do río Catawba, Thomas Polk construíu a súa casa. A ruta NL-SO era parte ademais da Great Wagon Road, principal comunicación do tempo entre Pensilvania e as Carolinas. Cos anos converteuse na rúa Tryon e a SL-NO na rúa Trade, configurando no cruceiro The Square (Independence Square), o centro da actual cidade. Foi en 1770 cando se deseñou a cuadrícula de desenvolvemento sobor deses eixos da poboación que, dous anos antes en 1768, fora nomeada coma Charlotte (en honor da raíña consorte de Xurxo III) [1][2]. Ese cruzamento das dúas rúas configuraba catro cuadrantes, catro distritos ou wards, que ata hoxe articulan o uptown da cidade [3].
Permaneceu dentro dos límites da cuadrícula inicial coma pequena vila, centro dunha área eminentemente rural, ata mediados do século XIX. E mesmo despois da Guerra Civil, cun gran crecemento coma centro ferroviario e de procesamento do algodón, soamente acadaba os 7.000h en 1880 e 18.000h en 1900 [4][5].
O crecemento continuou de maneira lenta e progresiva durante a primeira metade do século XX [6], pero o verdadeiro salto de Charlotte para se converteres na metrópole da rexión entre Washington e Atlanta (Carolina), veu da man da súa conversión en centro bancario a nivel nacional nos anos setenta e oitenta [7].
Área metropolitana editar
A poboación de Charlotte é de 594.359 habitantes, de acordo cun estimado do censo estadounidense do 2004. A zona metropolitana de Charlotte-Gastonia-Salisbury está composta dos condados de Mecklenburg, Gaston, Lincoln, Cabarrus, Union, Iredell, Cleveland, Anson, Rowan e Stanly en Carolina do Norte. Cruza a fronteira estatal chegando a Carolina do Sur cos condados de York, Lancaster e Chester. A poboación da área metropolitana é de 1 897 034 habitantes (2004).
Demografía editar
En 2004, vivían en Charlotte 614.330 persoas, e 801.137 no conxunto do condado (Mecklenburg). A densidade de poboación de Charlotte é de 861,9 hab/km². A poboación na súa zona metropolitana segundo o censo do 2000 era de 1,5 millóns de habitantes. Segundo estudos, a poboación do condado de Mecklenburg para o 2010 alcanzará a cifra de 1 millón de habitantes.
Deporte editar
Charlotte estivo representada no baloncesto estadounidense polos Charlotte Hornets entre 1998 e 2002, e polos Charlotte Bobcats a partir de 2004. O equipo Carolina Panthers da National Football League ten sede en Charlotte. A cidade tamén está representada en divisións menores do fútbol asociación e o hockey sobre xeo.
Gran parte dos equipos do tres divisións nacionais da NASCAR teñen as súas bases a poucos quilómetros de Charlotte. O tres inclúen no seu calendario o óvalo de Charlotte Motor Speedway. Agora está a vivir en Charlotte o retirado loitador da WWE Ric Flair.
Cidades irmáns editar
Charlotte ten nove cidades irmáns:
- Arequipa, Perú (dende 1962)
- Baoding, China (dende 1987)
- Krefeld, Alemaña (dende 1985)
- Kumasi, Ghana (dende 1996)
- Limoges, Francia (dende 1992)
Notas editar
- ↑ "Cuadrícula inicial de Charlotte". Arquivado dende o orixinal o 16 de marzo de 2012. Consultado o 06 de marzo de 2010.
- ↑ [1][Ligazón morta]
- ↑ Mapa do centenario da Independencia cos catro wards do centro da cidade, 1775-1875 [2][Ligazón morta]
- ↑ "Mapa de Charlotte, 1877". Arquivado dende o orixinal o 06 de xaneiro de 2012. Consultado o 03 de setembro de 2018.
- ↑ Mapa da cidade en 1919
- ↑ Charlotte en 1935[Ligazón morta]
- ↑ "Gráfico do crecemento de Charlotte no tempo". Arquivado dende o orixinal o 07 de xaneiro de 2012. Consultado o 06 de marzo de 2010.
Véxase tamén editar
Outros artigos editar
Ligazóns externas editar
Listaxe | Cidade | Estado | Pob. | Listaxe | Cidade | Estado | Pob. | Nova York Os Ánxeles Chicago | ||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | Nova York | Nova York | 8.622.698 | 11 | Austin | Texas | 950.715 | |||
2 | Os Ánxeles | California | 3.999.759 | 12 | Jacksonville | Florida | 892.062 | |||
3 | Chicago | Illinois | 2.716.450 | 13 | San Francisco | California | 884.363 | |||
4 | Houston | Texas | 2.312.717 | 14 | Columbus | Ohio | 879.170 | |||
5 | Phoenix | Arizona | 1.626.078 | 15 | Fort Worth | Texas | 874.168 | |||
6 | Filadelfia | Pensilvania | 1.580.863 | 16 | Indianapolis | Indiana | 863.002 | |||
7 | San Antonio | Texas | 1.511.946 | 17 | Charlotte | Carolina do Norte | 859.035 | |||
8 | San Diego | California | 1.419.516 | 18 | Seattle | Washington | 724.745 | |||
9 | Dallas | Texas | 1.341.075 | 19 | Denver | Colorado | 704.621 | |||
10 | San Jose | California | 1.035.317 | 20 | Washington, D.C. | Distrito de Columbia | 693.972 | |||
Datos do censo de 2017.[1] |