Centenario do Deportivo

O Centenario do Deportivo fai referencia ao conxunto de actos celebrados ao longo de 2006 para celebrar o século de historia do RC Deportivo da Coruña, cen anos que se cumpriron exactamente o día 2 de marzo dese ano.

Partido conmemorativo editar

O acto central da efeméride tivo lugar o día 3 de setembro co partido correspondente ao Trofeo Juan Acuña disputado en Riazor entre dúas selección de xogadores e ex xogadores do conxunto herculino. Enfrontábanse por unha banda integrantes do mítico Superdépor, que recibía dez anos despois unha merecida homenaxe, e, por outra banda, unha selección de xogadores que desde os anos 60 até o momento defenderan nalgún momento as cores branquiazuis. Nos banquiños estaban respectivamente Arsenio Iglesias e Amancio Amaro. Entre as ausencias a destacar as de Miroslav Đukić, Alfredo Santaelena ou Luis Suárez.


Súper Dépor 2 – 4 Veteranos do Deportivo 3 de setembro de 2006, 21:00 (CET) – – Estadio de Riazor, A Coruña
Asistencia: 20.000
Árbitro: Puentes Leira
Bebeto   23'   88'
Turu Flores   39'   57'
Javi López   53'
Arturo Patiño   85'

Xogadores editar

Súper Dépor editar

Adestrador: Arsenio Iglesias.
Posto País Xogador
POR   Liaño
DEF   Mariano
DEF   Antonio Doncel
DEF   Serna
DEF   Nando
DIA   Manjarín
MED   José Ramón
MED   Donato
MED   Fran
Posto País Xogador
DIA   Claudio Barragán
DIA   Bebeto
POR   Canales
POR   Elduayen
DIA   Pedro Riesco
MED   Aldana
DEF   Paco Jémez
DIA   Santi Francés

Veteranos do Deportivo editar

Adestrador: Amancio Amaro.
Posto País Xogador
POR   Songo'o
DEF   Hélder
DEF   Đorović
DEF   Naybet
DEF   Bonnissel
MED   Gil
MED   Jaime
MED   Djalminha
MED   Agulló
DIA   Vicente Celeiro
DIA   Radchenko
DEF   Modesto
DIA   "Turu" Flores
MED   Jokanović
Posto País Xogador
DIA   Stojadinović
DEF   Cholo
DEF   Javi López
DEF   Pardo
POR   Buyo
DEF   Piña
DEF   Belló
DEF   Richard
MED   Lerio
MED   Arturo Patiño
DEF   Ballesta
MED   Chema
-   Villar

Outros actos editar

  • Emisión por parte de Correos dun selo conmemorativo do Centenario.[1][2]
  • Saída dunha camisola especial conmemorativa.[3]
  • Entre o 12 e o 14 de outubro tivo lugar Deporsaúde 2006, un congreso médico que reuniu a máis de 200 especialistas en Medicina deportiva.[4]
  • O venres 15 de decembro a ONCE dedicou El Cuponazo dese día ao Centenario do Deportivo.[5]

Notas editar