Lerio

futbolista galego

José Francisco García Varela, coñecido como Lerio, nado en Carballo o 6 de novembro de 1956, é un exfutbolista galego. Xogaba de centrocampista.

Lerio
Información persoal
Nome José Francisco García Varela
Nacemento 6 de novembro de 1956
Lugar de nacemento Carballo
Posición Centrocampista
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1978–1979 Deportivo da Coruña 7 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Debutou na tempada 1978–79 co Deportivo da Coruña en Segunda División da man de Luis Suárez, adestrador do equipo branquiazul. O seu primeiro partido foi o 31 de decembro de 1978 contra o Real Murcia a domicilio, que rematou en derrota (1–0). Esa campaña xogaría un total de 7 partidos, sen lograr ningún gol.

En 2006 xogou no combinado dos veteranos nos actos de celebración do Centenario do Deportivo.