Catarina
Catarina[1][2] é un nome propio feminino de orixe grega (Αἰκατερίνα, de katharós 'puro', co significado de 'pura', 'inmaculada', 'graciosa') na súa variante en lingua galega. Acepta as variantes: Caterina, Cateliña, Cataliña, Catalina. Tamén existe a variante Catuxa, moi documentada[3] e usada tamén como diminutivo. É popular nos países cristiáns, xa que foi o nome dunha das primeiras santas cristiás, Catarina de Alexandría.
A forma Catarina é tamén a forma común do nome en portugués, occitano e italiano.[4]
Orixe e sinificado
editarO nome provén do grego Αἰκατερίνα ou Αἰκατερίνη (Aikaterina, Aikaterinē), de etimiloxía descoñecida. A primeira referencia de uso do nome é a de Santa Catarina de Alexandría. A teoría de que o nome vén de Hécate, nome da deusa grega da maxia, disque é improbábel[5].
O nome asóciase tamén co adxectivo grego καθαρός (katharos), que significa "puro", que leva á escritura das variantes inglesas do nome Katharine (máis frecuente nos Estados Unidos) e Katherine (máis corrente en Gran Bretaña)[6]. A forma cun e no medio (Caterina) documéntase tamén en galego.
O nome en Galiza
editarExisten tres parroquias en Galiza onde Santa Catarina é padroa, unha delas coa variante do nome Catalina (véxase: Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa Catarina e Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa Catalina).
Santa Catalina é tamén o nome de senllos lugares en Godos (Caldas de Reis) e Buño (Malpica de Bergantiños). Ademais, Santa Cateliña é un lugar da parroquia do Mundil (Cartelle); e Santa Cataliña é un lugar da parroquia de Tal (Muros).
En xaneiro de 2016, 147 mulleres levaban o nome de Catarina en Galiza[7]. A variante Catuxa lévana 65 mulleres en Galiza[8].
Santoral
editarDiminutivos
editar- Galego: Catuxa, Cata, Catia.
- Inglés[9]: Katie, Katy, Kate, Kathy, Kathe, Kath, Kay, Kat, Katya, Katyusha, Kitty, Kit, Kasia, Kaya, Kaká, Kah, Kee e outros.
Variantes noutras linguas
editarVariantes noutras linguas | |
---|---|
Albanés | Katrina |
Alemán | Katharina |
Bretón | Katell |
Búlgaro | Екатерина (Ekaterina) |
Castelán | Catalina, Katia, Karen, Catina |
Catalán | Caterina |
Checo | Kateřina |
Croata | Katarina |
Dinamarqués | Katharina |
Eslovaco | Katarína |
Esloveno | Ekaterina |
Estoniano | Katariina |
Éuscaro | Katarin, Katalin, Katixa |
Finlandés | Katariina |
Francés | Catherine |
Galego | Catarina, Catuxa |
Grego | Αικατερίνη (Aikaterínê) |
Holandés | Catharina, Katrijn |
Húngaro | Katarina, Katalin |
Inglés | Katherine, Catherine, Karen, Katie |
Irlandés | Caitríona, Caitrín, Catraoine, Caitlín |
Islandés | Katrín |
Italiano | Caterina |
Latín | Catharina |
Letón | Katrīna |
Lituano | Katerina |
Noruegués | Katarina |
Polaco | Katarzyna |
Portugués | Catarina, Catalina |
Romanés | Ecaterina, Catalina |
Ruso | Екатерина (Yekaterina), Каренина (Karenina), Катя (Katya) |
Sardo | Catalìna |
Sueco | Katarina |
Ucraíno | Катерина (Kateryna) |
Xeorxiano | ეკატერინე (Ekaterine) |
Notas
editar- ↑ Variante do nome en galego en Diccionario galego-castelán, Leandro Carré Alvarellos (1951): Terceira Edizón, A Coruña, Roel
- ↑ González Rei, Begoña (2004). Ortografía da lingua galega. Galinova Editorial. ISBN 978-8497370417.
- ↑ Xa aparece nos escritos de Frei Martín Sarmiento do século XVIII coa escritura antiga Catuĵa: Martín Sarmiento (1746-1770): Colección de voces y frases de la lengua gallega, ed. de J. L. Pensado Tomé (U. de Salamanca, 1970)
- ↑ "MFnames.com - Origin and Meaning of Catarina". Arquivado dende o orixinal o 02 de outubro de 2017. Consultado o 13 de xaneiro de 2016.
- ↑ Patrick Hanks e Kate Hardcastle, eds., Oxford Dictionary of First Names, 2nd ed. (Oxford: Oxford University Press, 2006), 154.
- ↑ Withycombe, E. G. (1976). The Concise Dictionary of English Christian Names (3rd ed.). London: Omega Books. ISBN 1-85007-059-8.
- ↑ Catarina no Instituto Nacional de Estadística
- ↑ Catuxa no Instituto Nacional de Estadística
- ↑ Engadimos os diminutivos en inglés por ser moi comúns na ficción que chega a Galiza
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarBibliografía
editar- Montes Vicente, José María (2001). El libro de los Santos. Alianza, Madrid. ISBN 84-206-7203-3.
- Tibón, Gutierre (1994). Diccionario etimológico comparado de nombres propios de persona. Fondo de Cultura Económica, México. ISBN 968-16-2284-7.
- Yáñez Solana, Manuel (1995). El gran libro de los Nombres. M. E. Editores, Madrid. ISBN 84-495-0232-2.