Casa da Moeda de Polonia
A Casa da Moeda de Polonia (en polaco: Mennica Polska) é unha sociedade anónima de titularidade pública, con sede en Varsovia, que ten en exclusividade a concesión da cuñaxe de moeda de curso legal e de produtos de investimento en Polonia. A compañía cotiza na Bolsa de Varsovia, o que a converte na primeira casa de moeda do mundo con esta particularidade.[2]
Casa da Moeda de Polonia –Mennica Polska– | |
---|---|
Logotipo da Casa da Moeda de Polonia | |
Tipo | Sociedade anónimapública |
Fundación | 10 de febreiro de 1766 |
Localización | Varsovia Polonia. |
Fundador | Stanislaw August Poniatowski |
Persoas clave | Presidente: Grzegorz Zambrzycki.[1] |
Industria | Cuñaxe. |
Produtos | Moedas, medallas e produtos de investimento. |
Notas | |
Marca de ceca: monograma con m / w | |
Na rede | |
https://www.mennica.com.pl/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Casa da Moeda de Polonia é membro fundador da Federación Internacional da Medalla de Arte (FIDEM).[3]
Historia
editarLogo da elección de Stanislaw August Poniatowski como novo rei, encomendóuselle levar a cabo unha reforma monetaria e o establecemento dunha nova casa de moeda, para a cuñaxe de moedas de ouro, prata e cobre, así como medallas e condecoracións. Para a súa construción escolléronse en 1765 uns terreos na rúa Bielanska, en Varsovia, e en xaneiro de 1766 tróuxose desde Dresden o reputado artista Jan Filip Holzhaeusser, para se facer cargo da nova ceca, que estivo concluída en febreiro dese mesmo ano.[4][5]
En 1791 comezaron a utilizarse as inciais M.V. ou M.W., da locucón latina Monetaria Varsoviensis, gravadas sobre os ducados e nas moedas de prata producidas na nova ceca.[6] Este sinal acabou por dar lugar a que en 1965 se fixase o monograma "m / w" como marca de ceca da Casa da Moeda de Polonia.[5]
Como resultado da terceira partición de Polonia (1795), a Casa da Moeda quedou nas mans do Tesouro de Prusia durante catorce anos, nos que permaneceu pechada, ata que en 1810 retomou a súa actividade para cuñar moeda a nome do rei de Saxonia Frederico Augusto, que exercía o seu poder sobre o Ducado de Varsovia.[5][7]
Durante o levantamento de novembro de 1830 contra o ameazante dominio ruso, a ceca de Varsovia cuñou moeda dos insurxentes e, logo da derrota ante o exército ruso, en 1832 emitiu a primeira moeda bilingüe en ruso e polaco, co dobre valor facial de 15 kopeks / 1 zloty.[8] Este feito foi o antecedente da progresiva introdución da moeda rusa en Polonia durante o Reino do Congreso, ata a substitución total da propia, o que deu lugar ao pechamento da Casa da Moeda de Polonia en 1868 polas autoridades tsaristas.[7]
Logo da proclamación da segunda república en 1918, reactivouse a ceca de Varsovia, agora en mans do Estado polaco, e para iso inaugurouse un novo edificio en 1924. A Casa da Moeda de Polonia recibiu o monopolio da cuñaxe de moeda do novo estado e comezou a usar nas súas moedas a imaxe dunha aguia como símbolo nacional.[3]
A ocupación alemá de 1939 e 1940 deu como resultado a destrución das instalacións e a confiscación dos metais preciosos e da maior parte dos fondos do gabinete numismático que se creara en 1926. Baixo os bombardeos dos alemáns cuñáronse moedas de emerxencia en cinc para a súa circulación no territorio ocupado.[9] En 1945, logo da recuperación da liberdade, a actividade ordinaria da Casa da Moeda retomouse nun novo edificio na rúa Markowska e logo volveuse trasladar en 1952 a unhas novas instalacións na rúa Zelazna. As primeiras destas moedas de posguerra amosan a data de 1949.[10]
En 1966 produciuse a primeira cuñaxe conmemorativa da ceca polaca, en conmemoración dos 1.000 anos de Estado polaco.[11][12]
En 1991 colocouse a primeira pedra da nova sede da Casa da Moeda de Polonia, que foi inaugurada o 26 de setembro de 1994 polo presidente Lech Walesa. Tamén en 1991 celebrouse o 225 aniversario da fundación da institución, coa cuñaxe dunha moeda conmemorativa, a primeira bimetálica do país.[13][14]
En 1994, a entidade tomou a forma de sociedade anónima co Tesouro do Estado como único propietario, baixo a denominación de Mennica Panstwowa S.A. (cambiado a Mennica Polska S.A. en 2005), e o 7 de abril de 1998 comezou a súa cotización na bolsa de valores de Varsovia.[14]
En 1996 a empresa iniciou un camiño de internacionalización exportando á Casa da Moeda de Lituania, en Vilnius, discos para a cuñaxe das súas moedas, e cuñando moedas de prata para Ucraína.[14]
Produtos e servizos
editarPremios acadados
editarEsta é unha listaxe dos premios acadados polas moedas producidas na Casa da Moeda de Polonia nos últimos anos:[14]
Ano | Denominación do premio | Entidade que o outorga | Moeda, serie ou tema premiados |
---|---|---|---|
1998 | Traballo máis perfecto. | Competición Internacional de Deseño de Moeda. Oficina de Emisión de Moeda do Xapón. | Moeda de 200 zloty: Fryderyk Chopin.[23] |
2000 | Moeda de ouro de colección tecnoloxicamente máis avanzada. | Conferencia Mundial de Directores de Casas de Moeda. Camberra. | Moeda de 200 zloty "Ano 2000".[24] |
Moeda de circulación tecnoloxicamente máis avanzada. | Moeda de 2 zloty "Ano 2000".[25] | ||
2002 | Moeda de ouro de colección tecnoloxicamente máis avanzada. | Conferencia Mundial de Directores de Casas de Moeda. Osaka. | Moeda de 200 zloty "Ano 2001".[26] |
2004 | Moeda de circulación tecnoloxicamente máis avanzada. | Conferencia Mundial de Directores de Casas de Moeda. San Francisco. | Moeda de 2 zloty: 10 anos da Grande Orquestra de Nadal.[27] |
2006 | Moeda máis fermosa do ano en circulación | Conferencia Mundial de Directores de Casas de Moeda. París. | Moeda de 2 zloty conmemorativa da Exposición Mundial do Xapón 2005.[28] |
2008 | 2º posto á tecnoloxía orixinal | Certame Internacional de Moeda Conmemorativa "Coin Constellation". | Moeda de 10 zloty: 150 aniversario do nacemento de Teodor J. K. Korzeniowski.[29] |
2011 | Moeda máis inspiradora do mundo. | Feira Mundial do Diñeiro. | Moeda de 10 zloty: 70 aniversario do Estado Secreto Polaco.[30] |
2012 | 2º premio de "concepto de idea única". | Certame Internacional de Moeda Conmemorativa "Coin Constellation". | Moeda de 10 zloty: Europa sen barreiras. 100 aniversario da Sociedade para o Coidado dos Cegos.[31] |
2014 | Moeda de prata tecnoloxicamente máis avanzada. | Conferencia Mundial de Directores de Casas de Moeda. México. | Moeda de 20 rublos de Belarús: Ano do cabalo.[32][33] |
Moeda tecnoloxicamente máis avanzada. | Moeda de 50 dólares de Niue: "Fortuna Redux".[34] |
Notas
editar- ↑ "Company Authorities". Sitio web da Casa da Moeda de Polonia.
- ↑ "Current stock price". Sitio web da Casa da Moeda de Polonia.
- ↑ 3,0 3,1 "History of the Mint of Poland: 1924-1939 The second Polish Republic". Sitio web da Casa da Moeda de Polonia.
- ↑ Wiecek, A. (1993). Jan Filip Holzhaeusser, 1741-1792: Nadworny medalier króla Stanis±awa Augusta Poniatowskiego. Polskie Towarzystwo Numizmatyczne. ISBN 978-8385057161
- ↑ 5,0 5,1 5,2 "History of the Mint of Poland: 1764-1797 Beginnings of the Mint". Sitio web da Casa da Moeda de Polonia.
- ↑ "Poniatowski, 10 groszy 1792 M.V. - Monetaria Varsoviensis - b. rzadkie". Onebid.pl
- ↑ 7,0 7,1 "History of the Mint of Poland: 1810-1868 Tsarist period". Sitio web da Casa da Moeda de Polonia.
- ↑ "Poland Zloty-15 Kopeks C# 129 1835". Numismatic Guaranty Corporation.
- ↑ "5 Groszy German Occupation WW II". Numista.
- ↑ "History of the Mint of Poland: 1939-1945 German occupation". Sitio web da Casa da Moeda de Polonia.
- ↑ "100 Zlotych Polish Millennium". Numista.
- ↑ "History of the Mint of Poland: 1945-1972 Rebuilding the Mint". Sitio web da Casa da Moeda de Polonia.
- ↑ "20 000 Zlotych Warsaw Mint". Numista.
- ↑ 14,0 14,1 14,2 14,3 "History of the Mint of Poland: 1990-2014 Dynamic development". Sitio web da Casa da Moeda de Polonia.
- ↑ "The National Bank of Poland". Sitio web da casa da Moeda de Polonia.
- ↑ "The National Bank of Georgia". Sitio web da Casa da Moeda de Polonia.
- ↑ "The National Bank of the Republic of Armenia". Sitio web da Casa da Moeda de Polonia.
- ↑ "The National Bank of Colombia". Sitio web da Casa da Moeda de Polonia.
- ↑ "The Central Bank of the Dominican Republic". Sitio web da Casa da Moeda de Polonia.
- ↑ "Other". Sitio web da Casa da Moeda de Polonia.
- ↑ "Coins and numismatic products". Sitio web da Casa da Moeda de Polonia.
- ↑ "City card systemTM and electronic payments". Sitio web da Casa da Moeda de Polonia.
- ↑ "200 Złotych F Chopin". Numista.
- ↑ "200 Złotych Rok 2000". Numista.
- ↑ "2 Złote 2000 Lat". Numista.
- ↑ "200 Złotych Rok 2001". Numista.
- ↑ "2 Złote Great Orchestra of Christmas Charity". Numista.
- ↑ "2 Złote Expo 2005". Numista.
- ↑ "10 Złotych Konrad Korzeniowski/Joseph Conrad". Numista.
- ↑ "10 Złotych Polish Underground State". Numista.
- ↑ "10 Złotych Europe Without Barriers". Numista.
- ↑ "Year of the Horse, 20 roubles, Series: Chinese Calendar". Sitio web da Casa da Moeda de Polonia.
- ↑ "20 Roubles Year of the Horse". Numista.
- ↑ "50 Dollars - Elizabeth II Fortuna Redux". Numista.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Casa da Moeda de Polonia |