Casa da Moeda de Lituania

ceca pública lituana

A Casa da Moeda de Lituania (Lithuanian: Lietuvos monetų kalykla) é unha compañía lituana de titularidade pública, responsable da cuñaxe de moedas e medallas, e da fabricación de condecoracións oficiais e outros produtos. A casa de moeda está baixo o control do Banco de Lituania.[3][4]

Casa da Moeda de Lituania
Lietuvos monetų kalykla


Edificio da Casa da Moeda de Lituania

TipoSociedade de responsabilidade limitada.
Fundación10 de decembro de 1990
Localización Vilnius
Lituania Lituania.
Persoas claveDirector: Saulius Vaitiekūnas.[1]
IndustriaCuñaxe.
ProdutosMoedas, medallas, condecoracións, produtos de investimento, etc.
Beneficio operativo5.000.000 euros. (2018)[2]
Número de empregados46
Na rede
https://kalykla.lt/, https://lithuanian-mint.com/ e https://lithuanian-mint.de/
Facebook: Lithuanianmint Instagram: lithuanian.mint LinkedIn: lithuanian-mint Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Esta ceca foi escollida para a produción das moedas lituanas do sistema do euro, logo do ingreso deste país na Eurozona en 2015.[5]

Historia

editar

Antecedentes

editar

A tradición da cuñaxe de moeda en Lituania remóntase aos tempos de Algirdas (1345-1377), grande duque de Lituania, cando se instituíu a capitalidade do país en Vilnius. A este período corresponden as primeiras emisións de moeda de prata.[6] No entanto, as primeiras mostras das moedas de prata paneuropeas cuñadas en Vilnius (diñeiros, groats, etc.) non se deron ata un século despois, baixo o reinado do grande duque Alexandre (1492-1506).[7]

En 1508, baixo o gran duque Sexismundo o Vello (1506-1544), cuñáronse as primeiras moedas datadas. A emisión de moeda lituana estendeuse no período de Sexismundo Augusto (1544-1572), cando se xeneralizou a cuñaxe dunha gran variedade de valores xa coñecidos en Europa, fundamentalmente diñeiros, groats, táleros e ducados.[7][8][9]

A cantidade de moedas cuñadas entre os séculos XVI e XVII nos obradoiros monetarios de Vilnius e de Kaunas foi grande. Porén, ambas as cecas pecharon en 1666, na época da chamada República das Dúas Nacións (Polonia e o Gran Ducado de Lituania).[7]

A partir da proclamación da independencia de Lituania o 2 de novembro de 1918 e da introdución da unidade monetaria nacional, o litas, o 1 de outubro de 1922, retomouse a cuñaxe de moeda no país. As moedas de 1925, 1936 e 1938 producíronse algunhas noutros países e outras na factoría de Spindulys en Kaunas.[7]

A Casa da Moeda de Lituania

editar
 
Moedas cuñadas na Casa da Moeda de Lituania

Logo da independencia da Unión Soviética, declarada o 11 de marzo de 1990, estableceuse en Vilnius a Casa da Moeda de Lituania (Lietuvos monetų kalykla) o 10 de decembro do mesmo ano.[3][10]

A súa misión era comezar a cuñaxe das primeiras moedas do novo circulante, que en 1992 se limitaron aos valores de 1, 2 e 5 céntimos (centai). En 1997 continuouse a serie coa introdución das moedas de 10, 20 e 50 céntimos, e en 1998 completouse coa posta en circulación das de 1, 2 et 5 litas (litai). Máis tarde, as moedas de 2 e de 5 litai substituíronse por outras moedas bimetálicas.[11]

A partir de 2015, a Casa da Moeda de Lituania comezou a produción das moedas en euros correspondentes a Lituania, logo da súa entrada na Eurozona o 1 de xaneiro dese mesmo ano.[5]

A partir de 1993, a Casa da Moeda de Lituania comezou a cuñar moedas conmemorativas. A primeira moeda deste tipo foi a de 10 litas (litų) de cuproníquel, emitida para celebrar o 60 aniversario do voo sobre o Atlántico de Steponas Darius e Stasys Girėnas. En 1995 cuñouse a primeira moeda de 50 litas (litų) en prata, con motivo do quinto aniversario da independencia de Lituania.[12]

En 2005 a empresa constituíuse como sociedade de responsabilidade limitada da que o Estado posúe o 100 % das accións, e o Banco de Lituania ocúpase da súa xestión.[13]

Galería de produtos

editar
  1. "Saulius Vaitiekūnas - naujasis Lietuvos monetų kalyklos direktorius Plačiau". Lietuvos Bankas.
  2. "[1]". Lietuvos monetų kalykla, UAB.
  3. 3,0 3,1 "Our activities". Lietuvos monetų kalykla.
  4. "Information about mint: Lietuvos monetų kalykla (Lithuanian Mint)". Online Coin Club.
  5. 5,0 5,1 "Euro coins Arquivado 03 de maio de 2020 en Wayback Machine.". Lietuvos Bankas.
  6. "The First Lithuanian Coins Arquivado 18 de xullo de 2019 en Wayback Machine.". Pinigų muziejaus.
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 "Mints in Lithuania Arquivado 18 de xullo de 2019 en Wayback Machine.". Pinigų muziejaus.
  8. "Lithuanian Duchy coins catalog". Worldcoinsinfo.com
  9. Remecas, E. (2002). "Circulation of 16th century coins in the current territory of Lithuania". En Monetary Studies. Vol. VI. Nº 2. Xuño.
  10. "Lithuanian Mint". Zlate-mince.cz
  11. "Litas coins Arquivado 03 de maio de 2020 en Wayback Machine.". Lietuvos Bankas.
  12. "Collector and commemorative coins Arquivado 09 de novembro de 2019 en Wayback Machine.". Lietuvos Bankas.
  13. "Management Structure". Lietuvos monetų kalykla.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar