Sexismundo II Augusto de Polonia

Sexismundo II Augusto de Polonia (en polaco: Zygmunt II August; en ruteno: Żygimont III Awgust I; en lituano: Žygimantas III Augustas I; en alemán: Sigismund II. August) nado en Cracovia en 1520 e finado en Knyszyn en 1572, foi rei de Polonia e gran duque de Lituania (1548-1572). Era fillo de Sexismundo I e da princesa Bona Sforza de Milán. Foi o derradeiro da súa dinastía e tras a súa morte, a Unión de Lublin converteuse nunha monarquía electiva.

Sexismundo II Augusto de Polonia
Nacemento1 de agosto de 1520
Lugar de nacementoCracovia
Falecemento7 de xullo de 1572
Lugar de falecementoKnyszyn
SoterradoCatedral de Wawel
NacionalidadeReino da Polónia e Gran Ducado de Lituania
Ocupaciónestadista
PaiSigismundo I o Velho
NaiBona Sforza
CónxuxeIsabel de Habsburgo, Bárbara Radziwiłł e Catarina de Áustria
FillosBarbara Woroniecka
IrmánsAnna Jagiellon, Regina Szafraniec, Catarina Jagelão, Anna Jagiellon, Isabela Jagiellon, Sophia Jagiellon, Duchess of Brunswick-Lüneburg, Katharina of Poland, Countess of Montfort, Hedvig da Polónia, Wojciech Olbracht e John Jagiellon
Na rede
WikiTree: Jagiellończyk-5 Find a Grave: 20604271 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Aceptou as reformas da Dieta (1562-1563), base do parlamentarismo polaco. Foi tolerante co calvinismo que se estendeu polo reino. En 1569 proclamou a unión de Polonia e Lituania nunha república común, a República das Dúas Nacións (en polaco Rzeczpospolita Obojga Narodów). A tolerancia relixiosa e o auxe cultural caracterizaron o seu reinado.

Tivo tres esposas:

  • Sabela de Habsburgo, arquiduquesa de Austria. Filla do emperador Fernando I.
  • Bárbara Radziwiłł.
  • Catarina de Habsburgo, arquiduquesa de Austria. Filla do emperador Fernando I.

Con ningún destes matrimonios tivo descendencia; por este motivo, ó morrer, a coroa pasou a ser electiva.