Lingua rutena antiga

Non se ha confundir coa moderna lingua rutena.

O ruteno (tamén coñecido como eslavónico de chancelaría ou ruso occidental), é un termo usado para denominar as distintas variedades do eslavónico oriental faladas no Gran Ducado de Lituania e máis tarde nos territorios eslavos da Mancomunidade Polaco-Lituana.

En ucraíno coñécese como "lingua literaria ucraína antiga" (ucraíno: староукраїнська літературна мова) ou "ruteno" (Rutenśka – рутенська). En ruso denomínase 'lingua escrita rusa occidental' (ruso: западнорусский письменный язык) e en belaruso coñécese como "lingua belarusa antiga" (belaruso: старабеларуская мова).

Os investigadores non se poñen de acordo en se o ruteno é un idioma diferenciado ou un dialecto occidental do antigo eslavónico oriental, mais no que si están de acordo é en que teñen unha estreita relación na súa orixe. O antigo eslavo oriental era o idioma coloquial da Rus de Kíiv (entre os séculos X e XIII).[1] Pode considerarse o predecesor do moderno idioma belaruso e ucraíno.

Notas editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar