Sociedade Numismática Polaca

asociación numismática

A Sociedade Numismática Polaca (en polaco: Polskie Towarzystwo Numizmatyczne –PTN–), anteriormente Sociedade Arqueolóxica e Numismática Polaca (Polskie Towarzystwo Archeologiczne i Numizmatyczne –PTAiN–), é unha asociación científica e cultural sen ánimo de lucro que reúne as persoas afeccionadas ao estudo e ao coleccionismo de moedas, medallas, condecoracións e outros obxectos afíns. Na súa configuración actual, estableceuse en Varsovia, Polonia, en 1991 e rexistrouse en 2002.[1][2][3]

Sociedade Numismática Polaca
Tiposociedade científica
Campo de traballonumismática
Data de fundación1971
Fundador(es)Ryszard Kiersnowski
EnVarsovia
PaísPolonia
Na rede
http://www.ptn.pl
editar datos en Wikidata ]

A PTN conta con 52 sucursais distribuídas por diferentes cidades de Polonia e ten arredor de 2.250 membros (2013). Consonte os seus estatutos, os obxectivos da Sociedade son a posta en contacto das persoas interesadas na numismática e noutros coleccionismos, a realización de investigacións científicas nese ámbito, a organización de eventos para a promoción da numismática, e a protección dos obxectos numismáticos como elementos culturais e do patrimonio nacional. O seu presidente no período 2019-2023 é o recoñecido numismático polaco Przemyslaw Ziemba.[3][4]

Historia editar

As orixes desta entidade numismática polaca remóntanse a 1888, cando se fundou a Sociedade Numismática de Cracovia. Décadas despois, en 1915 estableceuse a Sociedade Numismática de Varsovia, en 1925 a Sociedade Numismática de Poznan e a Asociación Numismática de Lviv, e en 1935 a Sociedade Numismática de Bydgoszcz.[5]

En 1953 fundouse a Sociedade Arqueolóxica Polaca (Polskie Towarzystwo Archeologiczne –PTA–) como resultado, pola súa vez, da fusión de varias entidades: a Sociedade Arqueolóxica de Wroclaw, a Sociedade Prehistórica Polaca en Poznan, a Sociedade Numismática de Cracovia e a Sociedade Numismática de Varsovia (cuxas raíces se remontan a 1845). Esta nova entidade contaba na súa estrutura cunha sección de numismática que, por mor da crecente relevancia que foi adquirindo, acabou por segregarse da PTA e constituír, en 1971, a Sociedade Arqueolóxica e Numismática Polaca (Polskie Towarzystwo Archeologiczne i Numizmatyczne –PTAiN–).[5]

A actual Sociedade Numismática Polaca (Polskie Towarzystwo Numizmatyczne –PTN–) estableceuse en 1991, a partir dunha reconstitución fundacional da PTAiN.[5]

A Sociedade Numismática Polaca ten asinados diferentes acordos de colaboración con outras entidades similares de países da súa contorna, como a Sociedade Numismática Eslovaca e a Sociedade Numismática de Belarús, e é membro do Consello Internacional de Numismática (INC-CIN).[5] Como integrante deste último organismo, encárgase da preparación do XVI Congreso Internacional de Numismática que terá lugar en Varsovia en setembro de 2022, en colaboración co Banco Nacional de Polonia, coa Universidade de Varsovia, co Museo Nacional de Varsovia e co Museo Nacional de Cracovia.[6][7]

Biblioteca editar

A partir de 1953, o Círculo Numismático da rama de Varsovia da Sociedade Arqueolóxica Polaca comezou a crear unha biblioteca científica especializada, con exemplares tan sobranceiros e valiosos como Ivre Circa Rem Monetariam in Germania (1730), de Heinrici de Bunau; Mikolaja Kopernika rozprawy o monecie (1816), editado por J. Dmochowski; Polska. Dzieje i rzeczy jej rozpatrywane (1863), de Joachim Lelewel; Gabinet medalów polskich (1841-1845); ou Dawne monety polskie dynastyi Piastów i Jagiellonów (1883), de Kazimierz Stronczynski. Un cento destes orixinais dos séculos XVIII e XIX forman hoxe parte da biblioteca da PTN.[8]

Trátase da biblioteca numismática máis completa de Polonia, con máis de 4.000 volumes, 184 cabeceiras de publicacións periódicas tanto polacas como estranxeiras e outros 64 títulos de boletíns emitidos polas sucursais da Sociedade Numismática Polaca e polos centros numismáticos rexionais.[3][8]

Directores da PTAiN e da PTN editar

Estes son os directores da entidade, desde a súa constitución en 1971 como Sociedade Arqueolóxica e Numismática Polaca ata o presente, xa como Sociedade Numismática Polaca:[2][3]

  • R. Kiersnowski (1971-1981).
  • S. Suchodolski (1981-1987).
  • L. Kokocinski (1987-1999).
  • T. Bylicki (1999-2000).
  • J. Pininski (2000-2001).
  • A. M. Kuzmin (2001-2003).
  • M. Mielczarek (2003-2011).
  • Z. Nestorowicz (2011-2015).
  • P. Ziemba (desde 2015).

Eventos internacionais editar

A Sociedade Numismática Polaca é a organizadora das Conferencias Internacionais de Numismática celebradas na localidade de Supral con periodicidade bianual. En ocasións, estas conferencias dan lugar á súa correspondente publicación. As temáticas das últimas conferencias foron as seguintes:[9]

Paralelamente, a PTN organizou dúas edicións do Simposio Internacional de Numismática, en Sanok:[9]

Publicacións editar

A Sociedade Numismática Polaca tamén leva a cabo un amplo labor editorial. Desde 1965 edítase a publicación trimestral Biuletyn Numizmatyczny ("Boletín Numismático"), de carácter eminentemente divulgativo e distribuída entre os membros da sociedade e tamén adquirible en museos, noutras entidades e no comercio numismático, e tamén mediante subscrición.[3][16]

Esta é unha escolma dalgunhas monografías publicadas pola Sociedade Numismática Polaca:

  • Kiersnowski, R. (1980). Moneta - Swiadek historii ["Moeda: testemuño da historia"].
  • Filipow, K. (2004). Pieniadz i wojna ["Diñeiro e guerra"]. ISBN 978-83-85057-59-8
  • Kopicki, E. (2005). Monety Wielkiego Ksiestwa Litewskiego 1387-1707 ["Moedas do Gran Ducado de Lituania"]. ISBN 83-85057-55-2 (editada nun volume conxunto con Tyszkiewicz, J. (2005).).
  • Tyszkiewicz, J. (2005). Skorowidz monet litewskich ["Índice de moedas lituanas"]. ISBN 83-85057-55-2 (editada nun volume conxunto con Kopicki, E. (2005).).
  • Filipow, K. (2006). Psucie pieniadza w Europie Srodkowo-Wschodniej od antyku po czasy wspólczesne ["Falsificación do diñeiro na Europa Central e Oriental desde a Antigüidade ata os tempos modernos]. ISBN 978-83-85057-68-0
  • Mielczarek, M. (2006). Mennictwo starozytnej Grecji. Mennictwo okresów archaicznego i klasycznego ["Moeda grega antiga. Cecas dos períodos arcaico e clásico"]. ISBN 978-83-85057-60-9
  • Szczurek T. (2007). Obrót pieniezny w Nowej Marchii w okresie askanskim (ok.1250-1319) ["Rotación monetaria na Nova Marca no período Ascan"]. ISBN 978-83-85057-69-7
  • Garbaczewki, W. (2007). Ikonografia monet piastowskich 1173-1280 ["Iconografía das moedas dos Piastas"]. ISBN 978-83-89616-16-6
  • Filipow, K. (2009). Pieniadz - kapital - praca - wspólne dziedzictwo Europy ["Diñeiro, capital, traballo. Patrimonio común de Europa"]. ISBN 978-83-85057-77-2
  • Filipow, K. (2010). Znak Honorowy za Dlugoletnia i Nieskazitelna Sluzbe Wojskowa i Cywilna ["Concecoración de honra do servizo civil e militar"]. ISBN 978-83-85057-81-9
  • Kuklik, B.; Filipow, K. (2010). Pieniadz - symbol - wladza - wojna Wspólne dziedzictwo Europy ["Diñeiro, símbolo, poder, guerra. Patrimonio común de Europa"]. ISBN 978-83-85057-82-6
  • Kuklik, B.; Filipow, K. (2012). Pieniadz i systemy monetarne. Wspólne dziedzictwo Europy ["Diñeiro e sistemas monetarios. Patrimonio común de Europa"]. ISBN 978-83-85057-88-8
  • Filipow, K. (2015). Pieniadz a propaganda Wspólne dziedzictwo Europy ["Diñeiro e propaganda. Patrimonio común de Europa"]. ISBN 978-83-85057-96-3
  • Cybulsky, W.J. (2017). Projektanci polskich monet 1923-1990 ["Deseñadores de moedas polacas"] . ISBN 978-83-937308-9-6
  • Folwarniak M. (2017). Monety i medale Karola Ferdynanda Wazy ["Moedas e medallas de Carlos Fernando Vasa"]. ISBN 978-83-945110-2-9
  • Kozlowski R. P. (2018). Mennictwo wschowskie ["Moeda oriental"]. ISBN 978-83-945110-6-7

Notas editar

  1. Estatutos da PTN. Sitio web da PTN.
  2. 2,0 2,1 "Polskie Towarzystwo Numizmatyczne". En Biblioteka Polskiej Akademii Nauk w Warszawie Informator. Varsovia. Páxinas 264-266.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 "Polish Numismatic Society". Sitio web da PTN.
  4. "Wladze". Sitio web da PTN.
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 "Historia". Sitio web da PTN.
  6. "Warsaw hosting the INC Congress Arquivado 11 de xullo de 2020 en Wayback Machine.". International Numismatic Council.
  7. "XVI International Numismatic Congress". https://inc2022.pl
  8. 8,0 8,1 "Biblioteka". Sitio web da PTN.
  9. 9,0 9,1 "Konferencje naukowe. Tytuly i daty poprzednich Konferencji". Sitio web da PTN.
  10. Véxase Filipow, K. (2004) en Publicacións.
  11. Véxase Filipow, K. (2009) en Publicacións.
  12. Véxase Kuklik, B.; Filipow, K. (2010) en Publicacións.
  13. Véxase Kuklik, B.; Filipow, K. (2012) en Publicacións.
  14. Véxase Filipow, K. (2015) en Publicacións.
  15. "Miedzynarodowa Konferencja 2018". Sitio web da PTN.
  16. Información xeral do Biuletyn Numizmatyczny. Sitio web da PTN.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar