Arturo Lezcano Fernández

escritor galego

Arturo Lezcano Fernández, nado en Ourense o 22 de setembro de 1939 e finado o 17 de xaneiro de 2019[1], foi un xornalista e escritor galego.

Infotaula de personaArturo Lezcano Fernández

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento22 de setembro de 1939 Editar o valor en Wikidata
Ourense, España Editar o valor en Wikidata
Morte17 de xaneiro de 2019 Editar o valor en Wikidata (79 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoNarrativa e ensaio
LinguaLingua galega Editar o valor en Wikidata
Familia
Filloscinco

BNE: XX1013825 AELG: 275 Dialnet: 13132
Necrolóxica.

Traxectoria

editar

Comezou estudos de dereito, pero antes de rematalos iniciou a súa carreira profesional como xornalista en La Región. Foi redactor xefe e director de Ferrol Diario, cidade á que se trasladou na década dos setenta, e posteriormente traballou en La Voz de Galicia até a súa xubilación. Colaborou habitualmente nese xornal e foi vicepresidente da Fundación Vicente Risco, con sede en Allariz. Como profesional asinou ano tras ano unha columna diaria, exerceu a crítica cinematográfica e mais a literaria, e asemade unha páxina semanal de divulgación do cinema. Paralelamente foi cofundador e secretario dos cineclubs Miño en Ourense e Zoom en Ferrol.

Narrativa

editar

Ensaio

editar

Conversas

editar
  • Risco segundo Risco, 2013, Galaxia.

Obras colectivas

editar

Vida persoal

editar

Casou con Viruca González Estévez, e foi pai de Emma, Mavi, Antón, Arturo e Carlos Lezcano González.

  1. Chío do 18 de xaneiro de 2019 da conta da Fundación Vicente Risco no que se remite á necrolóxica.
  2. Incluído, co número 92, na Biblioteca Galega 120.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar